• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

As ciclistas galegas Lorena Patiño, Marina González e Isabel Castro, campioas de España de ciclocrós en Vic

Aos tres títulos femininos sumóuselles a prata de Andrés Calvete na categoría Máster-40A | Resta unha xornada máis de competición e Galicia aspira a seguir sumando metais

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/01/2023
en Sobre rodas, Máis Deporte
A ciclista galega Lorena Patiño, ouro cadete no campionato de España de Ciclocros 2023 celebrado en Vic / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

A ciclista galega Lorena Patiño, ouro cadete no campionato de España de Ciclocros 2023 celebrado en Vic / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

126
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Tres foron as ciclistas galegas que acadaron o título no Campionato de España de ciclocrós: a cadete Lorena Patiño (Selección de Galicia), a máster-40A Marina González (Selección de Galicia) e a máster-50A Isabel Castro (Condado Bike). Elas son o trío de ouros galegos en Vic.
  • Andrés Calvete (Selección de Galicia) colgouse a prata nos máster-40A.

O ciclismo galego está respondendo ás altas expectativas coas que acudiu ao Campionato de España de Ciclocrós que se celebra na localidade barcelonesa de Vic. Despois do segundo posto obtido o venres pola Selección de Galega na proba Team Relay, este sábado chegaron catro medallas máis. En concreto o ciclismo galego colleitou: tres ouros e unha prata.

Nas ciclistas galegas sumouse un trío de campioas. A cadete Lorena Patiño, a máster-40A Marina González e a máster-50 Isabel Castro, formaron o trío de corredoras autonómicas que se proclamaron campioas estatais e Andrés Calvete subiu ao segundo chanzo do podio na categoría máster-40A.

Trece dos 23 ciclistas que a Federación Ciclismo Galego desprazou a terras catalanas competiron na primeira xornada de carreiras individuais.

Lorena Patiño, a gañadora esta temporada de todas as citas da Copa de España de Ciclocrós, cumpriu cos prognósticos e acadou a súa segunda camisola rojigualda despois da súa vitoria o pasado verán no campionato de Cross Country Olímpico.

A marinense da Selección de Galicia dominou de principio a fin na proba cadete e ergueu os brazos con 43 segundos de vantaxe sobre Leyre Almena (Comunidade Valenciana) e con 1’18” respecto a Lidia Castro (Castilla y León). Alejandra Neira, sexta; Iris Fernández, décima; e Alba Gregores, décimo oitava, completaron a actuación do combinado dirixido por Alberto del Río.

Na mesma quenda chegaron os outros dous títulos das ciclistas galegas. Marina González revalidou o máster-40A logrado hai un ano en Xàtiva e fíxoo anotándose a vitoria absoluta da súa carreira. A verinesa que reside en Vigo impúxose por diante da máster-40B Ruth Moll (Oviedo.es), á que bateu por 47″, e no podio estivo escoltada por Sonia Pato (Castela e León) e Eva Argüelles (Oviedo.es), segunda e terceira respectivamente no grupo de idade encabezado pola corredora da Selección de Galicia.

O chanzo máis alto do caixón tamén o pisou Isabel Castro. Defendendo as cores do Condado Bike foi a máis forte entre todas as máster-50, distanciándose en 1’35” de Roser Vidal (Comunidade Valenciana) e en 2’29” de Raquel Montañés (Fuenlabrada), que ao igual que a pontereá competían no grupo de idade A.

Prata para o ciclista galego Andrés Calvete

En canto ás competicións masters masculinas, Andrés Calvete colgouse a prata nos 40A por segundo ano consecutivo. O especialista de Cambre, que na véspera formou parte do sexteto da Selección Galega no Team Relay, volveu lucir as cores do combinado galego e ocupou a segunda posición na táboa absoluta a 18″ do gañador do seu grupo de idade Isaac Suárez (Cantabria). A terceira praza, a medio minuto do coruñés, correspondeu a Gaizka Pujana (Euskadi), tamén 40A.

No resto de grupos de idade máster, rubricaron postos no top-10 os galegos Miguel Porto (Ponteareas), quinto nos 30B; José Manuel Comesaña (Monteferro), oitavo nos 50A; Óscar González (Máis Que Bicis), décimo nos 50A; Javier Lago (QueBici-Marcisport), décimo nos 50B; e Antonio ‘Tucho‘ González (Salvaterra), noveno nos 60A.

A xornada pechouse cos cadetes masculinos, carreira na que sete ciclistas representaron á Selección de Galicia. Xián Alvariño colleitou o mellor resultado do equipo autonómico ao concluír noveno. Entre os 30 primeiros tamén se clasificaron Adrián García, décimo cuarto; Néstor Frías, décimo sexto; Santiago Otero, décimo noveno; Raúl Puelles, vixésimo terceiro; Arón Lorenzo, vixésimo sétimo; e Darío Buceta, vixésimo oitavo. Outro galego, Xoel Cidrás, fixo vixésimo competindo co maillot do XSM.

Xornada final no Campionato de España CX 2023

O domingo será a xornada na que se baixará o pano do Campionato de España 2023 e estará reservada para as probas das categorías Júnior, Sub23 e Elite.

Os xuvenís masculinos empezarán a rodar ás 9:30 horas con André Martínez e Martín Díaz como bazas de Galicia. Ás 10:30 h chegará a quenda dos sub23, un pelotón no que a expedición da Federación Ciclismo Galego contará con Anxo Carril e Borja Gómez.

Ás 11:55 h. a Selección Galega partirá como favorita na categoría júnior da quenda raíña feminina na que tamén competirán as sub23 e as elites. María Filgueiras, Uxía Soto e Aroa Otero, as tres primeiras clasificadas esta temporada na Copa de España, forman o trío júnior do equipo galego, que nas sub23 presentará a Laura Mira e nas elites a Irene Trabazo.

Varias ciclistas galegas na saída da categoría junior da proba de Alcobendas da Copa España Ciclocrós, entre delas a miñense María Filgueiras / RFEC
Varias ciclistas galegas na saída da categoría junior da proba de Alcobendas da Copa España Ciclocrós, entre delas a miñense María Filgueiras / RFEC

Por último, o Campionato de España despedirase ás 13:10 h. cos elites masculinos entre os que estará Samuel González como encargado de pechar a actuación do bloque autonómico.

Etiquetas Campionato de EspañaciclismociclocrosIsabel CastroLorena PatiñoMarina GonzálezVic
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Coñece o calendario das 10 probas da Copa Galicia de Ciclocrós vén pedindo paso coa chegada do outono

por Redacción As Nosas
02/10/2025
0

  O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio...

Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego en Miño da que saíu a lista da Selección Galega / FCG

Unha ducia de riders compoñen a Selección Galega para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

por Redacción As Nosas
01/10/2025
0

  Doce riders representarán á Selección Galega o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano...

Alejandra Neira co resto da Selección Española junior ciclismo composta polas corredoras Paula Ostiz, Lidia Castro, Leyre Almena e Irati Aranguren maila seleccionadora Gemma Pascual / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

A junior Alejandra Neira amosa un gran nivel no Mundial de Kigali sendo debutante

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Un Mundial dos máis esixentes da historia confirmou que o ciclismo galego pode presumir de ter a dúas das...

No podio da IV XCM Audi Selection Plus - Concello de Piñor que se integra na Copa de Galicia de XCM estiveron Lara Lois, Mar Delgado e Raquel Román / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

Lara Lois e Ángel Maneiro, vencen na proba de Piñor da Copa Galicia XCM

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Lara Lois impúxose con claridade ás súas rivais na IV XCM Audi Selection Plus - Concello de Piñor. A proba...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.