• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A traiñeira de Chapela Wofco recibe o título de campioa da Liga nunha campaña na que non tivo rival

O remo galego homenaxeou a Adrián Neo Romero, o patrón de Rianxo finado nun accidente con tan só 12 anos, que foi ademais premiado como mellor patrón da Liga Feminina

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/08/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
A tripulación da traineira Chapela Wofco, campioa da Liga Feminina 2023 / LIGA LGT

A tripulación da traineira Chapela Wofco, campioa da Liga Feminina 2023 / LIGA LGT

114
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A Liga Galega de Traiñeiras Trofeo Xunta de Galicia pechou a tempada 2023 este domingo en Ares, coa traiñeira de Chapela Wofco como campioa, logo dunha tempada intratable, pero o remo quedou nun  segundo plano porque os actos principais da xornada estiveron destinados a homenaxear a Adrián Neo, o patrón de Rianxo falecido nun accidente con tan só 12 anos. Quedará para o recordo de todos os presentes en Ares, o minuto de silencio realizado no peirao coas 25 traiñeiras da liga coas palas en alto no mar.

A homenaxe tivo lugar trala disputa da liga feminina, aínda que a competición abriuse coa segunda xornada do play-off. Unha quenda contra reloxo para disputarse unha praza na liga A 2024.

As traiñeiras saíron por orde inversa a clasificación con Amegrove primeira seguida de Puebla, Mugardos A Cabana e Samertolameu Fandicosta.

O campión do día anterior daba emoción á competición, xa que saíu sen rabiza o que lle suporía unha sanción de 10 segundos. Coa competición en marcha, os de Meira marcaron o mesmo tempo que Puebla na primeira virada, con Mugardos A Cabana Ferrol terceira e Amegrove cuarta.

Na segunda virada Puebla poñíase por diante a tan só un segundo de Samertolameu Fandicosta e facía o mesmo na última virada, con Mugardos A Cabana aguantando terceira a escasos segundos, co que a sanción de Meira abría a posibilidade dun empate entre os tres equipos. Suposición que non se deu porque no último longo Samertolameu Fandicosta superou o tempo dos seus rivais e parou o cronómetro dous segundos por diante de Puebla, iso si, coa sanción caía a 8 por detrás. Tempo final co que superaba a Mugardos A Cabana de Ferrol e certificaba a vitoria no play-off dos de Meira. Segundo foi Puebla que terá que agardar acontecementos favorables para poder manterse na liga A.

Chapela Wofco pechou a competición sen dar opcións ás rivais unha xeira máis

Tralo play-off comezou a categoría feminina en dúas quendas lanzadas. A I Bandeira Feminina Concello de Ares foi unha homenaxe, así mesmas, das remeiras de Chapela Wofco, xa que volveron realizar unha regata na que non deron opción as súas rivais.

Durante toda a campaña a tripulación de Chapela Wofco estivo intratable e na última cita, non había ser menos.

As da Arealonga competiron quenda con Rianxo e Mugardos A Cabana de Ferrol. Cun punto de diferencia na clasificación xeral, a proba decidiría quen remataba finalmente en segunda posición. Así que ambas traiñeiras saíron a por todas para conseguir esa posición. Loita que se viu reflexada na primeira virada, coas dúas xirando no mesmo tempo. Dous segundos de diferencia na segunda virada a favor das ferroláns e a partir de aí, a embarcación do norte abriu oco e sentenciou a loita coas do Barbanza. 11 segundos na terceira virada e 15 no tempo final, segunda posición para Mugardos A Cabana de Ferrol, terceiras as de Rianxo.

Nesa quenda tamén competía Cesantes Cefycal que quedou lonxe das outras traiñeiras pero que loitaba contra o crono de Salgado Perillo na quenda anterior, xa que ambas, aínda que en diferentes mangas, calcaban os tempos ao longo das viradas. Finalmente as de Redondela superaron ás de Oleiros. Na primeira quenda, a loita por detrás estivo entre Castropol e Puebla, aínda que a igualdade durou pouco, xa que as asturianas sentenciaron a partir do terceiro longo.

O dominio nesta tempada da tripulación da traineira de Chapela Wofco foi rotundo.

Homenaxe a Adrián Neo coas palas en alto e un minuto de silencio

Trala categoría feminina tivo lugar a homenaxe a Adrián Neo Romero. Coa súa familia no palco, as 25 traiñeiras levantaron as súas palas durante un minuto de silencio, ao que moitos responderon tamén con aplausos para o patrón de Rianxo. Ao rematar, as súas compañeiras de tripulación lanzaron dúas rosas ao mar na súa honra.

Trala homenaxe, pecharon a tempada as tripulacións da liga A. Dúas quendas lanzadas e unha final en solitario para decidir quen gañaba a XVI Bandeira Concello de Ares. A vantaxe a tiñan os locais cos dous segundos cos que superaron a Bueu Simei o día anterior, pero os da Maruxía quería levarse a última alegría da tempada.

As ganas de ambos equipos por facerse coa bandeira viuse dende as primeiras padas. Saíron cun ritmo tan alto que es afastaron rapidamente de Tirán Pereira e de Castropol e chegaron á primeira virada superando con claridade a Chapela Wofco, gañadora das quendas lanzadas. Ambas traiñeiras chegaron á primeira virada á par.

Na segunda Ares parecía sentenciar poñéndose un segundo por diante de Bueu Simei pero a Maruxía deu a volta a situación no terceiro longo e virou 4 segundos por diante da Santa Olalla. Os locais apertaron todo o que puideron para repetir a machada do día anterior cunha nova remontada pero os de Bueu Simei tiñan a lección ben aprendida e defenderon a posición, ampliando incluso a súa vantaxe e superando a Ares por cinco segundos. Xornada e bandeira, pola suma de tempos dos dous días, para Bueu Simei.

Xunto con Ares e Bueu Simei partiron Tirán Pereira e Castropol. Os asturianos comezaron por diante pero a diferencia do día anterior, este domingo no perderon a posición, aguantaron a Tirán Pereira e conseguir pechar terceiros a quenda. Aínda así, o tempo de Castropol foi pero que o de Chapela Wofco que superou con contundencia aos rivais da súa manga, Rianxo e Cabo.

As dúas embarcacións do Barbanza, como foi habitual durante toda a tempada, víronse as caras na mesma manga e volveron a loitar man a man ata o final. De feito na segunda e na terceira virada marcaron o mesmo tempo. Finalmente a vitoria foi  para a embarcación de Cabo da Cruz. Ambas superaron con claridade a Mecos que liderou a primeira manga con moito marxe.

Os seus rivais era Cesantes Rodavigo e Narón. Dúas traiñeiras que estiveron igualadas ao longo da tempada pero non na xornada deste domingo. Onde os de Redondela superaron con claridade aos de Narón.

Adrián Neo, mellor patrón da Liga Feminina

Trala disputa da competición, tivo lugar o acto de clausura da Liga Galega de Traiñeiras Trofeo Xunta de Galicia. Onde se entregaron as medallas aos tres primeiros clasificados de cada liga e as bandeiras aos campións: Muros Esteirana, Ares e Chapela Wofco. 

 

Tamén se entregaron aos premios aos mellores patróns: Julia Devesa na liga B, Andrés Ríos na liga A e Adrián Neo na liga feminina. O seu irmán Nazario Neo entre a emoción e os aplausos, recolleu o premio.

Etiquetas Adrián NeoChapela WofcoLiga Galega de TraiñeirasLiga LGTremotraiñeira
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Regata de barco dragón no Nautical Festival 2025 na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acolle este sábado a Regata de Dragóns, enmarcada no Nautical Festival 2025

por Redacción As Nosas
24/10/2025
0

  Este sábado A Coruña volverá situarse no mapa nacional da náutica coa II edición da Regata de Dragóns, que...

A tripulación do Chapela - Wofco recibindo a bandeira da Liga Galega feminina de Traiñeiras / LGT

Chapela – Wofco e Cabana Ferrol recibiron as bandeiras da Liga Galega de Traiñeiras 2025

por Redacción As Nosas
08/10/2025
0

A temporada 2025 da Liga Galega de Traiñeiras pechouse oficialmente no acto celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en...

VII Trofeo Teresa Herrera - 4ª Bandeira feminina de Traiñeiras / @RAULFC_FILM

A Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª Bandeira Teresa Herrera, unha das probas clásicas da bahía coruñesa e broche final das festas da cidade

por Redacción As Nosas
25/08/2025
0

  A cidade da Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª edición da Bandeira Teresa Herrera de traiñeiras, unha...

As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

“A idade é só un número, nunca un obstáculo”, as veteranas do Club Remo Puebla dan o pistoletazo de saída ás festas do Carme dos Pincheiros dando o pregón

por Redacción As Nosas
15/08/2025
0

  As Veteranas do Club Remo Puebla asumiron este ano o pregón das festas da Pobra do Caramiñal. As remeiras,...

Presentación das festas do Carme dos Pincheiros nas que darán o pregón as veteráns do Club de Remo Puebla / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

As veteráns do Club Remo Puebla darán o pregón das festas do Carme dos Pincheiros

por Redacción As Nosas
28/07/2025
0

  As remeiras veteráns do Club de Remo Puebla foron elixidas para ser pregoeiras das festas do Carme dos Pincheiros...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.