• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A traiñeira de Chapela-Wofco mantense intratable no Trofeo Xunta de Galicia

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/07/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Traiñeira Chapela-Wofco na VIII Bandeira Concello de Oleiros / LIGA LGT

Traiñeira Chapela-Wofco na VIII Bandeira Concello de Oleiros / LIGA LGT

20
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Trofeo Xunta de Galicia completou o seu calendario do mes de xullo con tres líderes intratables. Ares, gañando na cita boirense de Cabo de Cruz, e Chapela-Wofco e Muros-Esteirana, as triunfadoras do dobre evento celebrado en Oleiros, pecharon este domingo unha fin de semana na que só coñeceron a vitoria.

A IX Bandeira Marina Cabo da Cruz – Concello de Boiro, duodécima xornada da Liga A, disputouse nunhas boas condicións atmosféricas. O mar calmo e os ceos despexados convidaron a que numerosas persoas se achegaran a gozar do remo no Peirao de Cabo da Cruz.

A composición das quendas estivo marcada pola bandeira disputada o día anterior en Vilaxoán, uns resultados que non afectaron á primeira serie, onde os protagonistas foron os mesmos: Cesantes-Rodavigo, Puebla, Narón e Samertolameu-Fandicosta ‘B’. Demostrando que chegou máis forte a esta fin de semana, Cesantes comezou liderando a manga, moi preto estaba Puebla e pechaban Narón e a filial de Meira, os catro en 5 segundos.

As diferenzas ampliáronse a partir da segunda virada, aínda que Puebla resistía o empuxe de Cesantes, Narón e Samertolameu comezaron a quedar máis atrasadas, os norteños, iso si, agora por diante de Meira. Unha situación que non cambiou no último longo. Cesantes volveu gañar a primeira manga, desta volta por diante de Puebla. A Carmela resarciuse da mala regata do día anterior. Terceiro da quenda foi Narón e pechou Samertolameu.

A segunda serie comezou coa novidade da presenza de Bueu-Simei, tras quedar quinta o día anterior. Xunto a  A Maruxía competiron Cabo da Cruz ‘B’, Rianxo e Mecos. Ao igual que fixo Chapela-Wofco o día anterior, Bueu tampouco deu opcións aos seus rivais e gañou con contundencia a manga, establecendo o mellor rexistro da xornada ata ese momento. Por detrás dos morracenses a situación foi moi diferente. Para comezar, as tres traiñeiras chegaban á par á primeira virada, empeorando o tempo de Cesantes e igualando o de Puebla.

As diferenzas comezaron a aparecer tralo segundo longo, cando a filial de Cabo se puxo por diante de Rianxo, e á súa vez, A Virxe da Guadalupe por diante de Mecos. Agora, as tres mellorando os tempos da quenda anterior. Pero cando parecía que os postos xa se definiran, os tempos da última virada mostraron a igualdade da regata. Cabo melloraba o de Cesantes, mentres que Rianxo situábase 5” por detrás dos de Redondela e 5 por diante dos seus veciños da Pobra. A Carmela estaba 3 por diante de Mecos.

Os  postos da quenda non variaron no último longo pero si a diferenza con respecto aos rivais da quenda anterior. Bueu-Simei e Cabo superaron a todos, pero Rianxo e Mecos quedaron por detrás de Cesantes, no caso da Mequiña, só 6 centésimas mellor que Puebla.

Co tempo de Bueu como referencia, as catro favoritas partiron a loitar pola bandeira. O bo ritmo da Maruxía viuse reflexado no primeiro longo, cando ningunha das embarcacións da última quenda puideron superala, só Ares se achegou 1” por detrás. Segunda virou Chapela-Wofco e terceira Castropol.

Os asturianos empeoraban o tempo de Bueu, pero tamén o de Cesantes. Tirán-Pereira viraba en cuarta posición cun tempo que a situaba décima momentaneamente. A igualdade foi máxima na primeira virada coas doce traiñeiras en 10”. A situación na cabeza non cambiou no segundo longo, con Ares liderando e con Castropol e Chapela aguantando, agora o líder 2” mellor que A Maruxía. Pechaba Tirán, cun tempo que a situaba na quinta posición loitando co cronómetro de Cabo ‘B’.

As posicións, incluíndo os 2” de diferenza de Ares con respecto a Bueu, mantivéronse na terceira virada. No último longo, coñecedoras dos tempos das súas rivais, as catro traiñeiras apertaron e así Ares foi capaz de superar o tempo de A Maruxía e facerse coa bandeira. Tamén o último esforzo de Chapela tivo premio e superou a Bueu por tan só 24 centésimas. Terceiro da quenda e cuarto da xeral foi Castropol e o quinto posto correspondeu a Tirán, que finalmente superou con folgura o rexistro da filial de Cabo.

Cos resultados deste domingo, Ares aumenta a 13 puntos a súa marxe na clasificación xeral en relación a Bueu.

Liga B

As líderes tamén dominaron no dobre evento que este domingo tivo lugar en Oleiros. Na sexta xornada da Liga B,  Amegrove marcou o ritmo por diante de Riveira e dos anfitrións de Salgado-Perillo. Os do Barbanza aguantaron con opcións de triunfo ata mediado o segundo longo, cando A Pabliño distanciouse para  encarar o último longo cunha renda de 8″ sobre Riveira e case medio minuto sobre Perillo. Amegrove non afrouxou, e cruzou a liña de meta cun tempo de 21:52:23 que posteriormente so melloraría a líder Muros-Esteirana. Foi a gran sorpresa da XXII Bandeira de Oleiros.

Mugardos-A Cabana Ferrol, segundo na clasificación xeral da Liga , quedou a 3″ dos mecos pese a ter como referencia  na súa quenda a Muros-Esteirana, que conquistou o seu quinto triunfo consecutivo. Chapela-Wofco ‘B’ finalizou na segunda serie cun tempo de 22:18:56, a 15” de Riveira, pero sendo 19” mais rápida que Perillo.

Tras o seu dobre triunfo na fin de semana, Muros Esteirana (35 puntos) aumenta a súa vantaxe sobre Mugardos- A Cabana Ferrol (30). A gran regata deste domingo de Amegrove permítelle afianzarse na terceira praza, con 3 puntos de marxe sobre a filial de Chapela.

Chapela-Wofco domina a Liga Feminina

Na competición das mulleres, pola súa parte, Chapela-Wofco volveu exhibirse. Leva pleno de triunfos, oito de oito, e o título teno practicamente asegurado. O Trofeo Teresa Herrera e a Bandeira da Concha aparecen xa como obxectivos a longo prazo. O seu gran momento de forma invita a soñar á líder da Liga Feminina.

Rianxo e Cesantes-Cefycal, segundo e terceiro respectivamente, completaron o podio da VIII Bandeira Concello de Oleiros feminian. A emoción estivo na loita pola cuarta praza. Salgado-Perillo, empuxada pola súa afección, impúxose na primeira quenda (26:24:64) e soñou con arrebatarlle o cuarto posto a Mugardos-A Cabana-Ferrol, que salvou o día cun espectacular último longo no que recortou 6 segundos ás locais. Castropol e Puebla, que contaron con moitos seareiros seguindo a proba, completaron a clasificación co sexto e sétimo posto respectivamente.

A clasificación xeral segue encabezada por Chapela-Wofco con 56 puntos, 12 máis que Mugardos – A Cabana – Ferrol e superando en 13 a Rianxo. A loita pola segunda posición continúa igualada.

Etiquetas Chapela WofcoLiga LGTremoTRAIÑEIRAS
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Club de Remo Puebla, na Bandeira Traiñeiras da Coruña / @WASKERGZ

O Club de Remo Puebla convoca eleccións á presidencia da entidade

por Redacción As Nosas
02/09/2023
0

O Club de Remo Puebla informa ás persoas socias da entidade que onte, 1 de setembro de 2023, "convócanse eleccións...

A tripulación da traineira Chapela Wofco, campioa da Liga Feminina 2023 / LIGA LGT

A traiñeira de Chapela Wofco recibe o título de campioa da Liga nunha campaña na que non tivo rival

por Redacción As Nosas
27/08/2023
0

  A Liga Galega de Traiñeiras Trofeo Xunta de Galicia pechou a tempada 2023 este domingo en Ares, coa traiñeira...

As remeiras de Chapela-Wofco, gañadoras do Tereresa Herrera de traiñeiras na Coruña / LIGA LGT

Chapela-Wofco vence o Trofeo Teresa Herrera de traiñeiras na categoría feminina

por Redacción As Nosas
20/08/2023
0

  A enseada do Orzán no Concello da Coruña foi o escenario esta fin de semana dunha das citas máis...

Presentación do Trofeo Teresa Herrera de Traiñeiras / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acolle esta fin de semana o Trofeo Teresa Herrera de Traiñeiras

por Redacción As Nosas
18/08/2023
0

  A Coruña acolle esta fin de semana unha nova edición do Trofeo Teresa Herrera de Traiñeiras, que forma parte...

A traiñeira de Mugardos-A Cabana Ferrol venceu na VII Bandeira Feminina Cidade de Ferrol – V Memorial Miguel Derungs Criado / LIGA LGT

Mugardos – A Cabana Ferrol remata coa condición de invictas das remeiras de Chapela – Wofco

por Redacción As Nosas
13/08/2023
0

  Por primeira vez esta temporada unha regata da competición feminina da Liga Galega de Traiñeiras - Trofeo Xunta de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Irene Ferreras e Kevin Cabado / DÉPOR ABANCA

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA: “Estamos preparadas, con moitas ganas”

09/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.