• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Irene Trabazo e Manuel Parada dominan o Campionato de Galicia 3h Resistencia en Lousame

Rebeca Muñoz-Yago Fernández, Uxío Canosa-Pablo Rodríguez e Sheila Sánchez-Verónica González fixéronse cos primeiros títulos por parellas na historia autonómica desta especialidade

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/02/2023
en Máis Deporte, Sobre rodas
Irene Trabazo e Manuel Parada dominan o Campionato de Galicia 3h Resistencia en Lousame / LUZ IGLESIAS FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

Irene Trabazo e Manuel Parada dominan o Campionato de Galicia 3h Resistencia en Lousame / LUZ IGLESIAS FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

108
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A segunda edición do Campionato de Galicia de 3h Resistencia da Federación Galega de Ciclismo repartiu quince coroas este domingo na localidade coruñesa de Lousame. Entre os 300 bikers que esgotaron a cota límite fixada de participantes, a elite Irene Trabazo (XSM) e o máster-30 Manuel Ángel Parada (Xesteiras) reinaron na competición individual.

Por primeira vez na historia autonómica desta especialidade puxéronse en xogo títulos por parellas e foron conquistados por Rebeca Muñoz (Xesteiras) – Yago Fernández (Biciverde), Uxío Canosa – Pablo Rodríguez (Os Esfola Arrós) e Sheila Sánchez – Verónica González (Caimanes Betanzos).

O Club BTT O Treito exerceu de anfitrión da 3H Resistencia Lousame, un evento que respondeu á responsabilidade de tratarse da cita máis importante do ano nesta especialidade do BTT. O único factor que non se pode controlar, o das condicións meteorolóxicas, tamén acompañou e nunha mañá solleira as corredoras e os corredores buscaron dar o máximo de voltas en 3 horas ao trazado deseñado no lugar de Berrimes.

O percorrido de case 6 quilómetros constaba de tres treitos dunha lonxitude similar: unha subida inicial, unha rápida baixada e un sector chairo nun single track ao carón do río.

Unha semana despois de perder a xeral máster-30 da Copa Galicia na última volta da xornada de clausura, Manuel Parada dominou por primeira vez o Campionato de Galicia 3h Resistencia, proba na que o ano pasado quedou fóra de combate ás primeiras de cambio por mor dunha caída. O biker de Aguiño deu dez voltas ao circuíto lousamián en 2 horas 47 minutos e 36 segundos avantaxando en 4’39” ao novo campión elite Rubén Quintáns (Fundefrenos) e en 17″ ao novo campión máster-40 Fernando Díaz (Narón).

En total, doce corredores da competición individual sumaron dez xiros. A cuarta posición correspondeu ao elite Samuel González (Máis Que Bicis), a quinta ao tamén elite Diego Álvarez (V Bike) e a sexta a outro ciclista da mesma categoría, a Yago Fernández (Extol). Xunto ao cuarto clasificado elite entrou na meta erguendo os brazos o gañador Sub-23 Ricardo Buba (High Level).

O título do grupo de idade júnior acadouno Francisco Agrafojo (Cambre) logo dun vibrante duelo ata os metros finais con Martín Sestelo (Avanza-O Porriño). Entre os master-50 venceu con claridade Antonio Rodríguez (Ourense Termal) e nos máster-60 Manuel Dorrio (Cambre) decantou o seu favor o duelo con Carlos Gómez (Ourense Termal)

Estrea triunfal de Irene Trabazo

Eva Ortega (Extol) defendía a súa condición de campioa elite no 2022 e de invicta no calendario autonómico, pero non puido revalidar ningunha das dúas. Impediullo unha corredora que esta temporada aínda non participara nunha proba de 3h Resistencia: Trabazo.

A marinense Irene Trabazo soubo administrar a vantaxe acumulada nos tres primeiros parciais e liderou a carreira ata o final malia á reacción da representante do conxunto do Deza. Ambas deron oito voltas, pero a capitá do XSM, Irene Trabazo, inverteu 55″ menos na súa estrea triunfal.

Un xiro menos ao circuíto deu Sofía Álvarez (Cambre), gañadora sub23 e protagonista da terceira mellor actuación entre as mulleres. Cuarta terminou Desiree Fernández (Ribadumia), ocupando o terceiro chanzo no podio elite, e quinta a máster-30 portuguesa Sofía da Silva (Extol), que competiu ao marxe do Campionato de Galicia ao non contar con licenza autonómica

Mirian Iglesias (Media Ducia), sexta na táboa absoluta, anotouse o título máster-40, o júnior recibiuno Lara Fuentes (Cambre) e o máster-50, María del Carmen Armada (Farto).

Debut da categoría de parellas 

O Campionato de máis recente creación no calendario da Federación Ciclismo Galego (FCG) incluíu por primeira vez ás parellas na lista de categorías oficiais. Baixo o formato de remudas competiron dous mixtos, femininos e masculinos.

Uxío Canosa e Pablo Rodríguez impuxéronse na proba de homes con dez voltas e 1’06 de diferenza respecto a David Seage e Rubén Castiñeiras (Speedcross), que bateron por unicamente 5″ a David Romero (Barbanza) e Iago Davila (Toxo).

O título mixto obtivérono con nove parciais completados Rebeca Muñoz e Yago Fernández. A 1’32” do tándem do Xesteiras e do Bici Verde concluíu a parella do XSM formada por Marta Estévez e Zoe del Río e a 3’06” os terceiros clasificados Iria Nieto e Ángel Vilanova, dúo do Compostelano. A categoría feminina tivo como triunfadoras a Sheila Sánchez e Verónica González.

Ao marxe do Campionato de Galicia disputáronse as carreiras cadetes por parellas con vitorias de Sara Peón e Darío Buceta (Farto) na categoría mixta, de Alejandra Neira e Lara Pita (Cambre) nas rapazas e de Xian Rodríguez (Cortizo) e Anxo Delgado (Compostelano) nos rapaces.

As autoridades encargadas de repartir os premios no podio foron Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame; Jesús Martínez, concelleiro de Deportes; Manuel Sestayo, presidente do Club BTT O Treito; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego (FCG).

Etiquetas 3H ResistenciaBTTciclismoDesiree Fernándezdesiree rivadullaEva OrtegaFCGIrene TrabazoLara FuentesMaría del Carmen ArmadaMarta EstévezMirian IglesiasSofía ÁlvarezZoe del Río
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Campionato de Galicia BTT Resistencia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos galegos co de BTT Resistencia

por Redacción As Nosas
16/02/2026
0

Lara Lois foi a única muller que sumou nove voltas. A ciclista do Xesteiras ten gañado os campionatos de Galicia...

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Coñece o calendario das 10 probas da Copa Galicia de Ciclocrós vén pedindo paso coa chegada do outono

por Redacción As Nosas
02/10/2025
0

  O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio...

Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego en Miño da que saíu a lista da Selección Galega / FCG

Unha ducia de riders compoñen a Selección Galega para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

por Redacción As Nosas
01/10/2025
0

  Doce riders representarán á Selección Galega o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano...

Alejandra Neira co resto da Selección Española junior ciclismo composta polas corredoras Paula Ostiz, Lidia Castro, Leyre Almena e Irati Aranguren maila seleccionadora Gemma Pascual / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

A junior Alejandra Neira amosa un gran nivel no Mundial de Kigali sendo debutante

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Un Mundial dos máis esixentes da historia confirmou que o ciclismo galego pode presumir de ter a dúas das...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.