• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Irene Trabazo avanza con paso firme na conquista da Copa Galicia de Ciclocrós

A biker galega do XSM venceu en todas as probas, tamén no Porriño e busca conquistar o título hoxe domingo 20 en Maceda

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/12/2020
en Máis Deporte, Sobre rodas
Irene Trabazo no Ciclocrós Avanza Concello do Porriño / FGC

Irene Trabazo no Ciclocrós Avanza Concello do Porriño / FGC

147
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Co seu triunfo no Porriño, Irene Trabazo e Saúl López dan pasos de xigante para proclamarse gañadores da Copa Galicia de Ciclocrós. O último chanzo será hoxe, domingo 20 de decembro, en Maceda.

A penúltima xornada da Copa Galicia de Ciclocrós deixou practicamente vistos para sentenza os rankings das categorías Elite. Irene Trabazo (XSM) e Saúl López (Academia Postal-Maceda) venceron este sábado 19 de decembro no circuíto do velódromo do Porriño e afrontarán este domingo en Maceda o desenlace do certame autonómico como líderes con vantaxes moi amplas.

A de Marín mantén a súa condición de invicta, mentres que o de Monforte aproveitou un contratempo do seu principal adversario Dani López (Cambre) para recuperar o primeiro posto na xeral e dispararse no máis alto da táboa.

Podio feminino do Ciclocrós Avanza Concello do Porriño con Irene Trabazo á fronte / YAIZA FERNÁNDEZ PÉREZ
Podio feminino do Ciclocrós Avanza Concello do Porriño con Irene Trabazo á fronte / YAIZA FERNÁNDEZ PÉREZ

A cuarta edición do ciclocrós Avanza-Concello do Porriño celebrouse sen chuvia, pero con moito barro. A xornada comezou con María Filgueiras impedindo o dobrete do club anfitrión na categoría cadete. A corredora do Caimanes de Betanzos superou á lider e representante do conxunto local Uxía Soto na carreira feminina e André Martínez cumpriu os prognósticos deixando o triunfo en casa na proba masculina. O outro vencedor da primeira quenda foi Miguel Rodríguez (Ponteareas), que grazas a esta vitoria pasa a comandar o ranking júnior.

Os éxitos da A.D. Avanza continuaron con Laura Mira dominando nas juniors, ao mesmo tempo que Irene Trabazo prolongaba o seu pleno de vitorias entre as elite-sub23. Á marinense bastaralle con finalizar en Maceda para certificar o título. A cinco minutos da ciclista do XSM rematou a sub23 Carla Fernández (Río Miera) e medio minuto despois Xiana Conde (Academia Postal- Maceda), segunda entre as elites. O podio da categoría raíña feminina completouno a porriñesa María Jesús Barros (Spol).

Mudou o líder na categoría élite masculina

O prato forte da cuarta cita da Copa era a carreira elite-sub23 masculina. O exprofesional de estrada Dani López defendía unha renda de 50 puntos respecto a Saúl López, vencedor do certame galego no 2019. Despois de que as tres anteriores xornadas resultaran moi igualadas, nesta ocasión o coruñés do Cambre quedou fóra de combate na terceira das seis voltas ao circuíto do velódromo, cando perseguía ao monfortino. A bicicleta do corredor que vestía a camisola de líder enganchouse cunha estaca, un contratempo que tardou en solucionar.

Ciclocrós Avanza Concello do Porriño / YAIZA FERNÁNDEZ PÉREZ
Ciclocrós Avanza Concello do Porriño / YAIZA FERNÁNDEZ PÉREZ

Dani López nin sequera rematou a proba e o segundo clasificado na xeral sumou os 150 puntos que estaban en xogo. Saúl López ergueu os brazos na liña de meta con oito segundos de vantaxe sobre Brais Sendín (Louriña). Na pugna pola terceira praza absoluta e elite, o porriñés Jorge Punzón (Cosmos) dobregou ao seu veciño Luis Fernández Oliveira (Avanza). Quinto e primeiro sub23 terminou Ángel Maneiro (Toxo).

O programa deste evento concentrou na sesión de tarde todas as competicións máster. Nas dúas categorías de máster-30 os gañadores Montserrat Martínez (Ciclismo Oiense) e Andrés Calvete (Monte Xalo) situáronse como novos líderes igualados a puntos cos ciclistas que encabezaban os rankings en solitario, Eva Ortega (Biciosos-Rías Baixas) e Rubén Deaño (Ourense Termal). O resto de triunfos corresponderon a Sonia Costoya (Corbelo) e Marcos Mayo (BTT O Treito) en máster-40; a Juan José Saborido (Speedcross) nos máster-50; e a Constante Lestido (O Trisquel) nos máster-60.

Maceda, escenario da última proba e da entrega de premios da Copa Galicia

XIII Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación de Ourense
XIII Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación de Ourense

Os premios finais da Copa Galicia 2020 entregaranse este domingo en Maceda. Na categoría elite feminina a gran favorita é Irene Trabazo quen, de gañar, faría un pleno en todas as probas desta Copa Galicia de Ciclocrós 2020.

As corredoras e os corredores que chegan como líderes á quinta e última xornada son Uxía Soto e André Martínez en cadetes, Laura Mira e Miguel Rodríguez en juniors, Carla Fernández e David Fernández (Avanza)  en sub23, Irente Trabazo e Saúl López en elites, Montserrat Martínez e Andrés Calvete en máster-30, Sonia Costoya e Juan José Rodríguez ‘Tami’ (Norinver) en máster-40, Juan José Saborido (Condado Bike) nos máster-50 e Constante Lestido nos máster-60.

O XIII Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación de Ourense arrancará ás 10:00 horas cos máster-40 e unha hora máis tarde comparecerán os máster-30, máster-50/60 e as mulleres máster. A competición regresará ás 12:45 coas dúas carreiras cadetes e coa júnior masculina, quedando para o final as categorías elite-sub23 e a júnior masculina.

 

Copa de Galicia, Ciclocross BOIRO / FGC
Copa de Galicia Ciclocross / FGC

 

A Copa Galicia de Ciclocrós 2020 decídese en O Porriño e Maceda

 

Etiquetas ciclismociclocrosciclocrossEva OrtegaFGCIrene TrabazoMacedaMontserrat MartínezO PorriñoSonia Costoya
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación Mini BTT de Abegondo / CONCELLO DE ABEGONDO

Abegondo reunirá a máis de 300 pequenos de toda Galicia na segunda edición do seu Minis BTT

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Abegondo converterase o sábado 18 de xuño na capital galega da bicicleta de montaña. O Concello e o club ciclista...

A ciclista galega Alejandra Neira no Campionato de España en liña 2026 / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira fai dobrete ao gañar a proba en liña e a contra o reloxo do Campionato de España na categoría junior

por Redacción As Nosas
26/06/2026
0

Alejandra Neira partía coma favorita no Campionato de España que se celebrou en Sabiñánigo e non defraudou. A ciclista galega...

Alejandra Neira no podio como campioa júnior de España contra o reloxo / REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

Alejandra Neira triunfa na contra o reloxo junior do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

Alejandra Neira revalidacou con enorme autoridade as súa camisola de campioa de de España júnior na proba contra o reloxo...

Participantes do Día da Bicicleta na Coruña á altura da Torre de Hércules / AGAXORDE

A Coruña acolle este domingo 28 o Día da Bicicleta, unha marcha familiar, sostible e solidaria na que o Concello colabora coa asociación Agaxorde

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

O Concello da Coruña colabora coa Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde) na organización da nova edición do Día da...

Ciclismo

O Porriño e Castrelo do Val sedes de Campionatos de Galicia de ciclismo esta próxima fin de semana

por Redacción As Nosas
09/06/2026
0

O Club Ciclista Máster da Louriña organiza este fin de semana unha nova edición do Gran Premio Concello do Porriño de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Podio feminino do Campionato Galego de atletismo sub-20 de clubs 2026 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Sanysec-Ourense e Atletismo Sada, campións galegos Sub-20

13/10/2026
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

11/10/2026
A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

11/10/2026
Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

A Selección Española vence con autoridade a Eslovenia (0-9) con varias galegas nas súas filas

11/10/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.