• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte

Os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Toquio 2020 quedan aprazados polo coronavirus

Cinco Federacións españolas avogaron publicamente por un cambio de data | O COI decidiu aprazar a cita olímpica e fixou un prazo de catro semanas para plantexar novas datas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/03/2020
en Máis Deporte
O Covid19 fai aprazar os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Toquio 2020/ COI

O Covid19 fai aprazar os Xogos Olímpicos e Paralímpicos / COI

141
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Federación Española de Atletismo: “Estamos a favor de que se celebren os Xogos Olímpicos pero non se dan as circunstancias que garanticen unha participación adecuada”.
  • Real Federación Española de Fútbol: “A saúde debe de prevalecer por riba de calquera outra cuestión”.
  • Real Federación Española de Patinaxe: “A mellor decisión sería aprazar os Xogos Olímpicos 2020 de Toquio”.
  • Federación Española de Triatlón: “O triatlón español considera que a saúde, a igualdade e a festa dos afeccionados ao deporte son intrínsecos a uns Xogos Olímpicos e Paralímpicos e é moi difícil que poidan levarse a cabo con garantías neste momento”.
  • Real Federación Española de Natación: “Non se dan as mínimas condicións que garantan a súa normal celebración así como a adecuada preparación dos deportistas”.

Despois de varias idas e venidas, xa é oficial. A 123 días do inicio, a gran cita do deporte internacional, os Xogos Olímpicos e 155 para os Paralímpicos de Toquio 2020, aprázasen pola situación provocada a causa da crise do coronavirus. A cita estaba prevista para este verán do 24 de xullo ao 9 de agosto e do 25 de agosto ao 6 de septembro. O Executivo do Comité Olímpico Internacional fixouse un prazo de catro semanas para pechar con Tokio e o Goberno xaponés un novo escenario dos Xogos Olímpicos de Tokio debido á pandemia mundial. Polo momento, a cancelación, o feito de que non se celebren, está descartada.antorcha olímpica

A gran maioría de deportistas están confinados nos seus fogares, adestrando como poden e moitas federacións, incluso españolas, fixeron revóo para que a COI tomara a drástica decisión.

En concreto, as Federacións Españolas de Atletismo, Fútbol, Patinaxe, Triatlón e Natación pediron a través de diversos comunicados o aprazamento dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 debido á situación provocada pola crise do coronavirus. As deportistas, durante o estado de alarma, están a adestrar desde os seus fogares y faise moi difícil unha preparación óptima para o comezo dos XX.OO.

Tampouco se podían disputar algunhas probas clasificatorias e non hai garantías de que a pandemia teña sido contida para a data de celebración que estaba prevista para Toquio 2020.

Desde o Comité Olímpico Internacional (COI), seguen totalmente comprometidos cos Xogos e comentan que con máis de catro meses de antelación “non hai necesidade de tomar decisións drásticas nesta etapa e calquera especulación neste momento sería contraproducente“. Así o comentaban a través dun comunicado.

Comité Olímpico Internacional (COI): “Estamos comprometidos cos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Con máis de catro meses de antelación non hai necesidade de tomar decisións drásticas nesta etapa e calquera especulación neste momento sería contraproducente”.

O presidente do COE, Alejandro Blanco, reiterou a súa confianza na organización e no seu presidente, Thomas Bach, nunha entrevista. Ademais explicou que traballa para que as deportistas e os deportistas cheguen a cita olímpica nas mellores condicións.

Federación Española de Atletismo: “Estamos a favor de que se celebren os Xogos Olímpicos pero non se dan as circunstancias que garanticen unha participación adecuada”

Real Federación Española de Atletismo / RFEA
Real Federación Española de Atletismo / RFEA

Así se mostraba a Xunta de Goberno do Atletismo Español. Seguen estando a favor de que a cita olímpica se celebre, pero sempre e cando haxa unha preparación adecuada. “As deportistas e os deportistas deben poder competir en igualdade de condicións co resto das atletas e os atletas do mundo sen poñer en risco en ningún momento a súa saúde”.

Ao que engadiron: “Por todo iso, e desde o máximo respeto ás autoriedades e organismos competentes para tomar este difícil e complexa decisión, a Xunta da Real Federación Española de Atletismo, atendendo a voz maioritaria das atletas e os atletas españois, avoga o aprazamento dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020“.

Xunta Directiva da Real Federación Española de Atletismo: “Por todo iso, e desde o máximo respeto as autoriedades e organismos competentes para tomar este difícil e complexa decisión, atendendo a voz maioritaria das atletas e os atletas españois, avoga o aprazamento dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020”.

A propia directiva está convencida de que o Movimiento Olímpico saberá atopar a “mellor solución en favor da protección da saúde e o equilibrio de interese de todas as deportistas e todos os deportistas do mundo”.

atletismo

O obxectivo primordial das atletas e os atletas e tamén da propia Federación de Atletismo é que se poida competir nas mellores condicións posibles, pero en ningún caso comprometendo ou arriesgando a saúde nin o benestar.

Seguen mantendo un permanente e cercano contacto cas deportistas e cos deportistas, adestradoras e adestradores e o resto de partes interesadas para abordar a súas preocupacións e coñecer de primeira man o seu estado de saúde, as súas principais necesidades e demandas, dentro dun contexto en permanente cambio.

RFEA: “Estamos en permanente e cercano contacto cas deportistas e cos deportistas, adestradoras e adestradores e o resto de partes interesadas para abordas as súas preocupaciñons e coñecer de primeira man o seu estado de saúde, as súas principais necesidades e demandas, dentro dun contexto en permanente cambio”.

Buscan solucións ao seu alcance para intentar manter os seus adestramentos e preparacións. Pero coas principais circunstancias consideran que “non se dan as condicións mínimas para poder preparar de forma adecuada a gran cita olímpica para a que se levan traballando tantos anos”.

“Están baixo unha tremenda presión que non favorece o seu redendemento. Está xerando un estado de preocupación e ansiedade que lles afecta física, mental e emocionalmente. Nada lles produce máis sensación de frustación que comprobar cómo todos seus planes, obxetivos e soños deportivos están agora mesmo no aire”, concluía a RFEA.

RFEA: “Os atletas teñen unha sensación de frustación que comprobar cómo todos seus planes, obxetivos e soños deportivos están agora mesmo no aire”

Real Federación Española de Fútbol: “A saúde debe de prevalecer por enriba de calquera outra cuestión”

Luis Rubiales, o presidente da RFEF | RFEF
Luis Rubiales, o presidente da RFEF | RFEF

O presidente da RFEF, Luis Rubiales, transmitiu a petición de aprazamento dos próximos Xogos a Juan Antonio Samaranch. O fixo na reunión celebrada xunta a outras federacións deportivas españolas e a que foi convocada o presidente do COE, Alejandro Blanco.

Rubiales pediu que se centren todos os esforzos en apoiar a nosa Administración en loita do COVID-19. Nestos momentos, a saúde debe prevalecer por enriba de calquera outra cuestión e debemos de estar ao lado do noso Goberno.

Luis Rubiales, presidente da Real Federación de Fútbol Español: “Temos que centrar todos os esforzos en apoiar a nosa Administración en loita do COVID-19. Nestos momentos, a sáude debe prevalecer por enriba de calquera outra cuestión e debemos de estar ao lado do noso Goberno”.

O deporte é a razón de ser, pero agora debe de quedar nun segundo plano. “Seguimos traballando para o fútbol e en solucións para este sector, sen embargo, o deber como españoles é manter unidos e deixar suspendidas todas as probas deportivas, como se fixo desde o primeiro momento por parte desta Federación en canto a aquelas competicións sobre as que ten competencia“.

Real Federación Española de Patinaxe: “A mellor decisión sería aprazar os Xogos Olímpicos 2020 de Toquio”

Real Federación Española de Patinaxe | RFEP
Real Federación Española de Patinaxe | RFEP

O patinaxe español ante a propagación do coronavirus considera que a saúde debe prevalecer por enriba doutras cuestións. Por todo iso e a incertidume e sempre desde o respeto a calquera decisión dos organismos competentes, a Real Federación Española de Patinaxe cree que a mellor decisión será o aprazamento dos JJOO Toquio 2020.

“Creemos que esta decisión chegará e estamos seguros que a mesma estará en consonancia co Consello Superior de Deportes, o Comité Olímpico Español e a World Skate. A RFEP quere mostrar a dor por todas as vítimas e agradecer a todas as persoas de todos os ámbitos da sociedade que traballan para a cidadanía teña todos os servicios necesarios”.

Real Federación Española de Patinaxe: “Creemos que esta decisión chegará e estamos seguros que a mesma estará en consonancia co Consello Superior de Deportes, o Comité Olímpico Español e a World Skate”

É un ano complicado en acontecementos deportivo. Máis como para un deporte que debuta como olímpico, cunha gran ilusión de participación por primeira vez na historia dos Xogos Olímpicos. O Skateboarding, por primeira vez, era olímpico. Galicia, tiña na Selección Española a súa representante, Julia Benedetti.

Julia Benedetti / COE
Julia Benedetti / COE

 

“O patinaxe español debe de ser solidario coa sociedade e colaborar para evitar a extensión de contaxio. Desta forma respetaremos o esforzo inmenso que moitas persoas están facendo para salvar vivas”, comentaba a RFEP.

No seu momento esta disciplina deportiva suspendeu todas as súas actividades. O deporte debe quedar agora mesmo nun segundo plano pero a Federación seguen traballando e pensando no futuro.

A RFEN acordou suspender os seus calendarios e solicitou que se apracen os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020

Segundo reza un comunicadado da RFEN (Real Federación Española de Natación), “analizadas as circunstancias e a evolución da pandemia e sempre mirando pola protección da saúde de todos cuantos compoñen a familia acuática”, a Comisión Executiva da RFEN, constituída en Comisión de Seguimento, co apoio unánime da Comisión de Deportistas e a Xunta Directiva, informou de dúas decisións importantes para coñecemento xeral:

natación

  • Suspender todas as actividades deportivas incluídas nos calendarios oficiais das distintas especialidades para garantir a saúde dos deportistas, ata que non se dean as condicións necesarias que garantan a normalidade das competicións.

 

  • Solicitar ás autoridades e organismos competentes o aprazamento inmediato dos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, para preservar a saúde dos deportistas e, ademais, porque non se dan as mínimas condicións que garantan a súa normal celebración así como a adecuada preparación dos deportistas nin para a clasificación nin para a participación dos xa clasificados. Todo iso no convencemento de que o movemento olímpico internacional, unha vez supérese esta etapa de excepcionalidade, atopará o momento adecuado para celebrar uns Xogos Olímpicos (Toquio 2020) nos que, sen riscos, e sen desigualdades todos os deportistas depositen unhas ilusións que agora mesmo ven truncadas.

A súa vez, a RFEN mostran o apoio a todas aqueles deportistas, adestradores e clubs que coas anteriores medidas ven limitados ou desaparecidos os seus obxectivos deportivos. O importante neste momento é centrar os nosos esforzos no apoio solidario entre todos.

Federación Española de Triatlón: “É moi difícil que os Xogos Olímpicos podan levarse a cabo con garantías nestes momentos”

O Triatlón español tamén sumouse á petición para aprazar a competición olímpica: “Hai que priorizar e velar pola saúde das persoas. Entendemos que nada hai merecedor de maior protección que a vida e a saúde das persoas, e o mundo do deporte non pode nin debe abstraerse diso”.

FETRI: “Hai que priorizar e velar pola saúde das persoas. Entendemos que nada hai merecedor de maior protección que a vida e a saúde das persoas, e o mundo do deporte non pode nin debe abstraerse diso”.

A máxima autoridade do Triatlón en España apunta que “é entendible que os nosoas e as nosas deportistas e os equipos nacionais desexen levar a cabo a adecuada preparación para unha cita deportiva tan importante, pero deben entender que tanto a súa saúde como a do resto de persoas é o único importante agora mesmo, tal e como nos veñen facendo saber de forma permanente por parte das autoridades gobernamentais”.

Triatlón

O comunicado emitido pola FETRI prosegue con que “é evidente que neste momento non medían as condicións, nin as máis mínimas, para garantir que nosos e nosas deportistas e equipos poidan levar a cabo a súa preparación e planificación olímpica, descoñecéndose aspectos tan relevantes como os prazos ou períodos nos que se poderá retomar a actividade de forma normalizada. Iso é motivo ou argumento máis que suficiente para considerar que os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Toquio 2020 non se poidan desenvolver coa necesaria normalidade e o debido respecto a criterios de igualdade entre participantes dos distintos países.

FETRI: “É evidente que neste momento non medían as condicións, nin as máis mínimas, para garantir que nosos e nosas deportistas e equipos poidan levar a cabo a súa preparación e planificación olímpica”.

E conclúe avogando pola posterior celebración dos XX.OO de Toquio 2020: “Ante iso e para xeral constancia, asúmense as decisións que sexan tomadas polas autoridades que rexen o movemento olímpico, pero non podemos senón manifestar que, no actual estado existente, entendemos que procede a suspensión dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Tokio 2020 nas datas nas que estaban inicialmente previstos, resultando posible e desexable a súa posterior celebración no momento que sexa viable. Consideramos que a posición da Xunta Directiva da Federación Española de Tríatlon apuntada neste comunicado está e debe de estar totalmente aliñada coa mantida tanto por parte do Consello Superior de Deportes como do Comité Olímpico Español e da Federación Internacional de Tríatlon”.

Triatlón

FETRI: “Entendemos que procede a suspensión dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Tokio 2020 nas datas nas que estaban inicialmente previstos, resultando posible e desexable a súa posterior celebración no momento que sexa viable”.

Etiquetas atletismoFederacións EspañolafútbolpatinaxeRFEARFEFRFEPToquio 2020Xogos Olímpicos
Comparte11Chía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.