- A 3H BTT Circuíto da Caramiña é unha proba deportiva ciclista organizada por Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas, ten saída e meta na área recreativa do Ariño.
- Na competición participan 217 ciclistas.
- O inicio da carreira está fixado ás 10:00 horas, trátase dunha ruta circular de 6 quilómetros ao redor do Monte da Insua.
Narón, Noia, Boiro, e este domingo, 5 de febreiro, será a quenda de Camariñas para acoller unha das probas da Copa Galicia de Resistencia, un novo certame coordinado pola Federación de Ciclismo Galego (FCG). A ‘3H BTT Circuíto da Caramiña’ está organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas.
A competición comezará ás 10 horas. A recollida de dorsais para os e as participantes será o mesmo domingo desde as 8:30 ata as 9:30 horas.
👕 A recollida de dorsais para os e as participantes será o mesmo domingo de ⏰ 08:30 a 09:30 horas. A competición dará comezo ás ⏰ 10:00 horas.
🗺 Nas imaxes incluímos un plano co acceso para o público en xeral e para os ciclistas. pic.twitter.com/8rkOZvA4iI
— Concello Camariñas (@CCamarinas) February 3, 2023
As e os ciclistas afrontarán por terras de Camariñas un circuíto circular, de 6 quilómetros de percorrido, con saída e chegada na zona do Ariño e que deixará fermosas estampas como a do paso pola praia do Ariño ou no alto do Monte da Insua.
Máis de 200 ciclistas en Camariñas
Está prevista a participan 217 bikers, que competirán nesta proba incluída na Copa Galicia 3H Resistencia. A carreira prevé a competición en modalidade individual, por parellas ou equipos, tanto masculino, feminino ou mixto, nas seguintes categorías: Sub-23 Feminino, Sub-23, Máster 60 Feminino, Máster 60, Máster 50 Feminino, Máster 50, Máster 40 Feminino, Máster 40, Máster 30 Feminino, Máster 30, Junior Feminino, Junior, Élite Feminino, Élite, Cadete Feminino e Cadete.