- A conciliación da vida persoal e familiar é un dos argumentos que se poñen sobre a mesa na diferencia de opinións entre a laureada deportista galega Teresa Portela e a Real Federación Española de Piragüismo.
Tranquila e pausada, como adoita falar sempre, Teresa Portela publicou un vídeo na súas redes sociais no que con rostro serio anuncia a súa decisión de non acudir ao Selectivo Estatal de piragüismo, e que explica os motivos que a teñen levado a tomar esa decisión. Na súa resposta da RFEP fala de sorpresa e plantexa as súas argumentacións.
Con sete Xogos Olímpicos disputados, Teresa Portela sigue na elite do piragüismo estatal e internacional polo que cabía a posibilidade de que optase a acudir a Los Ángeles e asinar o fito de chegar aos oito XX.OO. na súa carreira deportiva.
Agora, no inicio do ciclo olímpico que decidirá qué padexeiras e oadexeiros son os que consiguen máis méritos para acudir primeiro acompeticións internacionais e, máis adiante, aos Xogos Olímpicos, a galega descólgase advertindo que non vai competir no Selectivo Estatal da RFEP. Os Selectivos Estatais de piragüismo que se celebran neste mes de abril serán os que cualifiquen ás e os deportistas que poderán competir representando a España na Copa do Mundo, o Europeo e o Mundial en 2025.
Ver esta publicación en Instagram
Segundo declara Teresa Portela: “Logo de máis de 25 anos de dedicación e compromiso co noso deporte decidín que, tras os criteriso definitivos establecidos pola Real Federación Española de Piraguismo (RFEP) que se vai celebrar este xoves en Sevilla”.
Teresa Portela: “non é un momento doado pero a vida está chea de retos que nos impulsan ao seguinte obxectivo”
Explica no vídeo a padexeira galega as motivaciones. Dunha parte sostén que se houbo unha “ausencia de adestrador desde o inicio de tempada. Desde outubro ata finais de febreiro (hai menos de dous meses) non se creou o equipo Nacional Absoluto Feminino, polo que ademais de estar sen adestrador, tamén estivemos sen unha planificación axeitada acorde co alto rendemento”. Apunta Teresa Portela que “xamais imaxinaría que esto ocurriría no Equipo Absoluto Masculino”.
Trasladarse a Sevilla dificulta a conciliación familiar a Portela
Doutra banda Teresa Portela apunta como parte da motivación os “criterios de selección e consecuencias persoais” que teñen. A deportista considera que “para formar parte do K4 é preciso trasladar a nosa residencia a Sevilla”. A padexeira galega explica que iso é unha “posibilidade que non contemplo polo reto que ten suposto, desde hai xa 11 anos, poder equilibrar a conciliación entre a miña vida familiar e a miña carreira deportiva”.
Teresa Portela: “Oxalá volver a representar novamente a España coa fachenda que me ten caracterizado todo este tempo”
Segundo explica Teresa Portela este “non é un momento doado pero a vida está chea de retos que nos impulsan ao seguinte obxectivo. Oxalá volver a representar novamente a España coa fachenda que me ten caracterizado todo este tempo”.

Teresa Portela: “Para formar parte do K4 é preciso trasladar a nosa residencia a Sevilla unha posibilidade que non contemplo”
A RFEP asegura que non pediu que a padexeira “centrase a súa preparación en Sevilla”
A Real Federación Española de Piragüismo remitiu un comunicado no que expresou a súa “sorpresa pola decisión de Teresa Portela de non participar nos Selectivos Nacionais que se celebrarán este xoves e venres en Sevilla”.
Explica a Real Federación Española de Piragüismo que “as circunstancias excepcionais que atravesou nos últimos meses o ente federativo polas dilacións do proceso electoral provocaron certo atraso na formación do equipo nacional de Kaiak Muller, pero a dirección técnica traballou para xuntar ás mellores deportistas nun enclave de primeiro nivel para a preparación das nosas padeeiras no C.E.A.R. de Sevilla”.
No seu comunicado a RFEP expón que “todas as concentracións permanentes dos grupos de adestramento implican un sacrificio importante para todos os deportistas, ao estar separados das súas familias, o cal orixina renuncias por parte dun gran número deles que teñen o obxectivo de representar a España nas competicións internacionais. Entendemos a dificultade que supón traballar lonxe do fogar, pero é unha realidade para unha alta porcentaxe dos deportistas que forman parte dos equipos nacionais da RFEP , tanto mulleres como homes”.
Comunicado da RFEP: “Todas as concentracións permanentes dos grupos de adestramento implican un sacrificio importante para todos os deportistas, ao estar separados das súas familias, o cal orixina renuncias por parte dun gran número deles que teñen o obxectivo de representar a España nas competicións internacionais”
A RFEP expresa no seu comunicado que “non solicitou en ningún momento que Teresa centre a súa preparación exclusivamente en Sevilla; e a Federación apoiou a súa decisión persoal de continuar adestrando en Pontevedra, do mesmo xeito que o fixo con outras deportistas”.
Segundo defende a RFEP, Teresa Portela “podería optar a formar parte dos proxectos de K1 e K2. Así mesmo, expúxoselle que, se desexa integrarse no proxecto de K4, deberá coordinarse con Joaquín Delgado Caballero, técnico do Equipo Nacional, para participar en concentracións temporais. Todo iso, buscando sempre a mellor compatibilidade coa súa situación de conciliación familiar”.
Defende a Real Federación Española de Piragüismo que “durante os últimos anos, a RFEP creou un proxecto deportivo para dotar dos máximos recursos ás dúas disciplinas olímpicas sen importar o xénero ou a especialidade. Grazas a iso, España conseguiu un récord de medallas nos dous últimos mundiais de sprint e logrou converterse na federación máis laureada do olimpismo español”.
A RFEPasegura que “sempre traballou a favor da igualdade e da conciliación familiar, facilitando en todo momento estas situacións e adaptando as planificacións para que iso sexa posible. A Real Federación Española de Piragüismo que articulou todo tipo de posibilidades, respecta a decisión dunha lenda como Teresa Portela, pero debe de cumprir cos criterios de selección aprobados pola Xunta Directiva”.
Comunicado da RFEP: “A Real Federación Española de Piragüismo que articulou todo tipo de posibilidades, respecta a decisión dunha lenda como Teresa Portela, pero debe de cumprir cos criterios de selección aprobados pola Xunta Directiva”
Fitos destacados no palmarés de Teresa Portela
- 7. Xogos Olímpicos (Río, Londres, Pekín, Atenas, Sydney, Toquio e París)
- Diploma K4 500m. 6.ª nos Xogos Olímpicos de París 2024
- Prata K1 200 nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020
- Diploma K1 200m. 6.ª nos Xogos Olímpicos de Río 2016
- Diploma K1 200m. 4.ª nos Xogos Olímpicos de Londres 2012
- Diploma K4 500m. 5.ª nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008
- Diploma K2 500m e K4 500m. 5.ª nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004
- 17 Medallas Mundiais (2001-2002-2003-2005-2009-2015-2019-2022-2023)
- 17 Medallas en Europeos (2001-2002-2004-2006-2008-2009-2010-2011-2013)
- Medalla da Real Orde do Mérito Deportivo (bronce 2024 e prata en 2013)
- Medalla Castelao da Xunta de Galicia 2019






















