• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

Teresa Abelleira pon a guinda nun Riazor que toleou coas campioas do Mundo (2-0)

A Selección Española derrota a Bélxica no último partido oficial antes dos Xogos Olímpicos de París 2024

Daniel Sánchez García por Daniel Sánchez García
16/07/2024
en Máis fútbol, Fútbol
celebra un gol con España en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

Teresa Abelleira celebra un gol con España en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

209
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A Selección Española de fútbol feminino citábase no Estadio ABANCA-RIAZOR para a disputa do sexto e último encontro da Fase de Clasificación para a Eurocopa de Suíza 2025 e venceu por 2-0 ao combinado belga con goles de Aitana Bonmatí e Teresa Abelleira.

Once inicial da Selección Española en Riazor ante Bélxica / WYKAZKOWSKI
Once inicial da Selección Española feminina de fútbol en Riazor ante Bélxica / WYKAZKOWSKI

O conxunto dirixido por Montse Tomé, chega xa matemáticamente clasificada para dito torneo tras derrotar a todos os seus rivais, agás o último partido, ante Chequia, na que a tranquilidade polo obxectivo alcanzado xogou unha mala pasada e rematou cun 2-1 final.

O rival a enfrontar, Bélxica, chega ao estadio herculino sen opcións de clasificación despois de perder por 0-3 ante Dinamarca, e co obxectivo de sacar algo máis positivo que o partido de ida con España, no que perdeu por 0 goles a 7, cun brillante partido de todas, sobre todo, de Salma Paralluelo, coa consecución dun hat-trick.

Teresa Abelleira coa Selección Española en Riazor / WYKAZKOWSKI
A futbolista pontevedresa Teresa Abelleira xogou coa Selección Española en Riazor / WYKAZKOWSKI

Este será o partido previo aos Xogos Olímpicos de París 2024, no que as campioas do mundo e da UEFA Nations League buscarán saír con boas sensacións de cara ao seu debut ante Xapón, o xoves 25.

A cita comezou cun homenaxe previo ás xogadoras Alexia Putellas, Irene Paredes e Jenni Hermoso pola conquista dos 100 partidos coa selección.

. . .#JugarLucharyGanar | #WEURO2025 pic.twitter.com/6ZNcMjiyiP

— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) July 16, 2024

Homenaxe polos seus 100 partidos coa Selección para Irene Paredes, Alexia Putellas e Jenni Hermoso / WYKAZKOWSKI
Homenaxe polos seus 100 partidos coa Selección para as internacionais Irene Paredes, Alexia Putellas e Jenni Hermoso / WYKAZKOWSKI

España formou cunha alineación similar á última, cambiando unha xogadora por liña, como foi o caso da xogadora pontevedresa, Teresa Abelleira, ex-xogadora do Dépor ABANCA durante catro tempadas e actualmente atópase no Real Madrid CF, que tras disputar 63 minutos de partido ante Chequia, hoxe non formou no once inicial.

O partido comezaba con dominio abrumador do combinado español, mostrándose moi cómodo en campo rival, creando ocasións de perigo desde o inicio do partido.

Selección Española vs Bélxica en Riazor / WYKAZKOWSKI
Un momento do partido entre a Selección Española vs Bélxica no Estadio ABANCA-Riazor na Coruña / WYKAZKOWSKI

A calidade na liña de medio campo de Alexia Putellas e Aitana Bonmatí habilitaba con creces os desmarques en banda de Athenea del Castillo e Eva Navarro, con finalizacións de gran mérito.

O conxunto vermello-amarelo contemporizou moi ben o xogo ata o punto de mermar por completo á selección belga, con escasos esbozos de perigo. As ocasión máis claras de perigo estiveron nas botas da ex-xogadora do Dépor ABANCA, Athenea del Castillo, e de Lucía García, a dianteira centro.

O equipo adestrado por Montse Tomé carcterízase polo seu bo xogo no medio campo, mandando o balón ás bandas, buscando a potenciación das laterais ata chegar a liña de fondo. Así foi como chegou o primeiro tanto do combinado español, Alexia mandando o balón a banda, onde a goleadora na final da Copa do Mundo, Olga Carmona, recibe e sae escopetada cara liña de fondo buscando o centro a Aitana Bonmatí, que marca de primeiras e abre o marcador no feudo herculino.

España festexa o gol de Aitana Bonmatí en Riazor / WYKAZSZKOWSKI
España festexa o gol de Aitana Bonmatí en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

A partir de aí, a Selección Española seguiu xerando ocasións de perigo, tendo ata un longueiro, provocado por Lucía García, que buscaba o segundo antes do remate da primeira metade.

Unha vez cumpridos os dous minutos de desconto que deicidiu o equipo arbitral rumano, chegou o final dos primeiros 45 minutos.

Co comezo da segunda metade, ambas seleccións parten co mesmo once incial. Xa nos primeiros minutos, a selección segue co mesmo planteamiento da primeira metade, asfixiar ás belgas tocando  horizontalmente, en busca dos destellos de calidade da última liña de ataque.

A dianteira, Lucía García, gozou doutra ocasión de perigo non podendo convertir o segundo do choque. O que é verdade e que o resultado non fai xustiza ao partido.

Tras disputar o primeiro terzo da segunda metade, chegan os primeiros cambios no encontro. No caso español, retirouse Eva Navarro, deixando o seu sitio a Oihane, en busca de frescura no ataque.

Saltou ao campo Teresa Abelleira

Riazor toleou co xogo da Selección Española, pero cunha clara petición, que entre ‘Tere‘. Montse Tomé cumpriu as súplicas da afición coruñesa e no minuto 70, entrou a da cidade do Lérez, Teresa Abelleira, que xusto falaba na previa que agardaba un gran ambiente en Riazor, e mellor imposible.

❝Espero un gran ambiente en Riazor. Es una afición que responde muy bien y que podamos superar el récord que se batió aquí❞

🗣 @teresabelleira, internacional con la @SEFutbolFem#WEURO2025 I #JugarLucharYGanar pic.twitter.com/VDy4N1nqv2

— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) July 15, 2024

O mellor aínda estaba por vir, nunha condución en zona de medio campo, a protagonista e aclamada hoxe, Teresa Abelleira, sorprendeu á cancerbeira belga, Lichftus, marcando un auténtico golazo desde case medio campo no tempo de desconto. A guinda perfecta no seu regreso a casa.

Montse Tomé: “O de Teresa Abelleira é talento natural. Como adestradora dis: “merécelo, na túa casa e coa túa xente”.

❝Lo de @teresabelleira es talento natural. Como entrenadora, dices: ‘Te lo mereces, en tu casa y con tu gente’❞

🗣 @montse_tome, seleccionadora nacional#WEURO2025 I #JugarLucharYGanar pic.twitter.com/gEyFdi1CBm

— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) July 16, 2024

Non houbo tempo para máis. A Selección Española xa coa mente nos Xogos Olímpicos de París 2024, agradece a afición coruñesa nun feudo de primeira categoría.

celebra un gol con España en Riazor / WYKAZSZKOWSKI
Teresa Abelleira celebra un gol con España en Riazor / WYKAZSZKOWSKI

FICHA TÉCNICA

2) ESPAÑA: Coll; Ona Batlle, Codina, Aleixandri, Olga Carmona; Guijarro, Aitana Bonmatí, Alexia Putellas; Athenea Del Castillo, Eva Navarro e Lucía García. Para os cambios entraron Ohiane, Mariona, Reondo, Teresa Abelleira e Jenni Hermoso.

0) BÉLXICA: Lichtfus; Cayman, Tysiak, Kees, Deloose; Missipo, Vanhaeverma, Delacauw; Janssens, Dhont (Wijnants, min. 60) e Wullaert. Para os cambios entraron Wijnants, Detruyer, Janssen e Blom.

GOLES: 1-0: Aitana Bonmatí (min. 39). 2-0: Teresa Abelleira (min, 91).

EQUIPO ARBITRAL: Iuliana Demetrescu (Comité rumano) auxiliada por Mihaela Tepusa e Roxana Ivanov e Ana Maria Terteleac, todas do comité rumano.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 6 da Fase de Clasificación para a Eurocopa 2025, disputado no Estadio ABANCA-Riazor na cidade da Coruña. O partido xogouse ás 19:00 da tarde televisado por Televisión Española. Un total de 16.650 persoas presenciaron o partido desde a bancada da cancha herculina. 

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Selección Española de Fútbol (@sefutbolfem)

Etiquetas Aitana BonmatíAthenea del CastilloEspañaEva NavarrofútbolMontse ToméRiazorSelección españolaTeresa Abelleira
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.