• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga F

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

Segundo informou a Radio Galega, os camiños da pontevedresa e o club herculino poderían volver a ser un | Unha lesión de xeonllo apartouna dos terreos de xogo desde febreiro de 2025

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
26/07/2026
en Fútbol, Liga F
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

64
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a Radio Galega a centrocampista pontevedresa, campioa do mundo coa Selección Española de fútbol feminino, podería estar en conversas co club herculino.

Na presentación de Marisa García, como xogadora do club herculino, o director deportivo do Dépor ABANCA, Kevin Cabado, foi preguntado polo interese da entidade coruñesa na fichexe de Tere Abelleira. Ao que respondeu: “É unha xogadora sobre a que o Dépor sempre preguntou pola súa situación, estivo preto, non só este ano, se non desde que saíu de aquí. A día de hoxe non hai máis ca iso”.

Kevin Cabado, director deportivo do Dépor ABANCA: “O Dépor preguntou pola situación de Tere Abelleira non só este ano, se non desde que saíu de aquí. A día de hoxe non hai máis ca iso”

De frutificar esa fichaxe, sería o reforzo estrela das Nosas deportivistas. Constituiría o retorno dunha futbolista que xa brillou defendendo as súas cores. Tanto que chamou a atención do club merengue que a fichaba xusto despois da primeira tempada das galegas á elite do futfem estatal cando o equipo galego sorprendeu cun fútbol brillante atrevido e ofensivo que levo ao equipo adestrado por Manu Sánchez a rematar o curso como cuarto clasificado.

Camiseta 'Un único latido' / RCD
Camiseta ‘Un único latido’ conmemorativa do ascenso do Dépor ABANCA / RCD

A futbolista  Tere Abelleira vén de finalizar a súa relación co Real Madrid segundo ela mesma manifestaba nas súas redes sociais o pasado 13 de xuño. “Sinto ter estado tan ausente, foron meses realmente duros, xa que este ano tocoume vivir a cara mala do fútbol en diferentes sentidos. Logo de varios malentendidos, chegamos a esta despedida, non era o que pretendía. Pero a vida, ás veces, ensinache outros camiños e haina que escoitar. Marcho logo de seis anos intensos e de grande crecemento persoal, marcho tranquila, tendo desfrutado e aprendido de cada momento”, publicaba a futbolista.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Teresa Abelleira Dueñas (@teresabelleira)

Un día antes, o 12 de xuño, o Real Madrid dicía adeus á xogadora cun vídeo coas súas mellores xogadas e un simple #GraciasTeresa.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Real Madrid C.F. (@realmadridfem)

Logo de anos de éxitos e crecemento como futbolista, as cousas torcíanse para Tere Abelleira en febreiro de 2025. Foi durante un adestramento coa  Selección Española de fútbol feminino, en Wembley, cando a Roja preparaba un cruce contra Inglaterra na Liga de Nacións. Titular co Real Madrid, campioa do mundo con España, e de repente todo tornaba gris e complicado para a deportista froito dunha complicada lesión.

Teresa Abelleira bica a Copa do Mundo conseguida con España / RFEF
Teresa Abelleira bica a Copa do Mundo conseguida con España / RFEF

Tere Abelleira rompía o ligamento cruzado anterior (LCA) e tiña tamén tocado o menisco externo do seu xeonllo esquerdo. Pintaba mal. E foi mal. A futbolista de Pontevedra tivo que pasar por quirófano. Perdeuse a Eurocopa de 2025 e xa non volveu a xogar máis minutos co Real Madrid en partido oficial.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Teresa Abelleira Dueñas (@teresabelleira)

Regresou aos adestramentos en Valdebevas a finais do mes de marzo. Máis dun ano despois de caer lesionada. Pero o retorno ao traballo co grupo non supuxo a súa volta aos terreos de xogo vestindo a camiseta branca en partido oficial.

Brighton, Atlético, Juventus e Dépor ABANCA, clubs interesados en Tere Abelleira

Aínda que todo indica que está recuperada, obviamente a deportista galega estaría falta de ritmo competitivo logo de tanto tempo se xogar. Pero a súa calidade é de sobra coñecidad no fútbol estatal e internacional. Por iso, fálase de que conxuntos como a Juventus, o Atlético de Madrid ou o Brighton teríanse interesado pola fichaxe da centrocampista galega.

A lista de aspitantes a contar con todo o fútbol que leva na súas botas súmaríase agora, segundo informou a Radio Galega, o Dépor ABANCA, onde xa militou e desde onde marchou para o Real Madrid. 

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de En Xogo (@enxogotvg)

O conxunto galego milita na Liga F e suporía para Abelleira a oportunidade de ter protagonismo nun club que xoga na máxima categoría do fútbol feminino español, pero sen presións excesivas. Tería o chance de liderar e de volver á tranquilidade dun club no que estaría certa de sentirse querida, respectada e arroupada pola afección e a entidade. Unha volta a casa en toda regra. Como reza o dito “como en casa non se está en ningures”.

Teresa Abelleira coa súa familia e Rafael Louzán na homenaxe da RFGF / RFGF
Teresa Abelleira coa súa familia e Rafael Louzán na homenaxe da RFGF logo de ser campioa do mundo / RFGF

Dépor ABANCA e Tere Abelleira medraron xuntos

No xérmolo do Dépor ABANCA, aló polo 2016 estaba unha Teresa Abelleira moza e prometedora. Xuntos, Dépor e Teresa, medraron dentro do campo ata que o conxunto galego ascendía á máxima categoría do fútbol feminino estatal.

Once inicial RCD ABANCA en Abegondo / SABELA MOSCOSO
Once inicial RCD ABANCA en Abegondo / SABELA MOSCOSO

Foi tal o xogo que fixo o conxunto que adestraba Manu Sánchez no seu primeiro ano na máxima categoría que moitas das súas xogadoras remataron deixando as filas deportivistas ao recibir ofertas de clubs importantes.

Aquel curso 2019-20 o conxunto coruñés remataba cuarto sendo o equipo revelación. Namoraba o seu fútbol por moitas cousas, pola claridade de ideas, pola visión de xogo de futbolistas como a propia Teresa Abelleira, pola verticalidade doutras como Athenea del Castillo. Pero sobre todo por que o bloque funcionaba perfectamente engrasado baixo da batuta do técnico coruñés Manu Sánchez.

Tere Abelleira na súa volta a Abegondo Dépor ABANCA - Real Madrid | wykazszkowski
Tere Abelleira na súa volta a Abegondo Dépor ABANCA – Real Madrid | wykazszkowski

Aquela tempada o Real Madrid non só levou do Dépor ABANCA a Tere Abelleira, tamén fichou á cancerbeira canaria Misa. Ao ano seguinte seguiría o mesmo camiño a dianteira cántabra Athenea del Castillo.

O Dépor ABANCA descendía esa tempada logo da desfeita de tanta marcha de xogadoras. Ás xa citadas sumáranse outras tamén importantes no esquema de Manu Sánchez como María Méndez ou Nuria Rábano. O descenso foi un duro golpe para as galegas que tan só un ano antes estaban tratando de ti a ti aos mellores equipos da Liga.

De Madrid ao ceo

Unha vez no Real Madrid, Tere Abelleira adaptouse á perfección ao conxunto merengue. Fíxose tamén un oco na Selección Española de fútbol feminino. Tanto que foi parte do equipo que se proclamou campión do Mundo no 2023 e co combinado estatal gañou a Liga de Nacións no 2024. Loitou polo bronce nos Xogos Olímpicos de París pero a sorte foille esquiva nesa ocasión.

Teresa Abelleira coa Selección Española en Riazor / WYKAZKOWSKI
Tere Abelleira coa Selección Española en Riazor / WYKAZKOWSKI

No horizonte da carreira deportiva da pontevedresa está volver a recuperar o seu brillo sobre o tepe, coller ritmo de xogo e mandar outra vez no centro do campo. Iso sería unha boa tarxeta de presentación para chegar con opcións de ser unha das futbolistas elixidas para competir coa Roja no vindeiro Mundial.

O Dépor ABANCA podería ser un club ideal para andar ese camiño. Está por ver se a pontevedresa ficha finalmente polo equipo galego e ponse ás ordes do arteixán Alberto Rodríguez, ou elixe algunha das outras opcións que tería sobre a mesa. O balón está nos seus pés. Dela é a decisión de cara a onde chutar a pelota.

Tere Abelleira, futbolista do RCD ABANCA en Abegondo / SABELA MOSCOSO
Tere Abelleira, futbolista do RCD ABANCA en Abegondo / SABELA MOSCOSO
Etiquetas Dépor ABANCAfútbolREAL MADRIDTere Abelleira
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.