A futbolista Teresa Abelleira Dueñas vén de facer público o seu compromiso co Real Madrid por dúas tempadas máis. A internacional galega agradecía ao club “a confianza” a á afección “por amosarme o seu cariño”. Segundo ela mesma explicaba na súa conta en Twitter a intención da deportista pontevedresa, ex do Dépor ABANCA, é seguir nas filas madridistas “da man para facer grandes cousas”.
¡ Feliz de seguir dos años más en el @realmadridfem !
Gracias al club por la confianza y a la afición por mostrarme su cariño, seguimos de la mano para hacer grandes cosas.
🤍 pic.twitter.com/ApHCwrbJTZ— Teresa Abelleira (@teresabelleira) February 28, 2022
Abelleira será branca ata 2024
Tamén a entidade branca facía pública a renovación da futbolista pontevedresa de 22 anos nas súas redes sociais explicando que o acordo unía ao club madrileño coa futbolista galega ata o 2024.
🤝 ¡Hemos acordado la ampliación del contrato de @teresabelleira hasta 2024!#Teresa2024 | #RealMadrid pic.twitter.com/ZSIXLXG01a
— Real Madrid C.F. (@realmadridfem) February 28, 2022
O pasado 18 de febreiro a deportista galega finalizaba unha nova convocatoria coa Selección Española Sub-23 de fútbol. Unha concentración na que coincidía coa súa compañeira de club e tamén ex deportivista Athenea del Castillo.