• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

Triple coroa para as raíñas da Mariña en tempos de COVID

O Pescados Rubén Burela impúxose na final de Supercopa a un loitador Poio Pescamar por 2-0 | As de Julio Delgado asinan así os títulos de Liga, Copa e Supercopa na tempada 2019-2020 | É a terceira vez que conseguen este título

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
09/01/2021
en Fútbol Sala, Máis FutSal
O Burela, campión da Supercopa de España de fútbol Sala feminino / PRBFS

O Burela, campión da Supercopa de España de fútbol Sala feminino / PRBFS

146
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As futbolistas do Burela son tricampioas da Supercopa de España, e asinan os tres títulos en liza da tempada 2019-2020: Liga, Copa da Raíña e Supercopa. As Guerreiras Laranxas, seguen a facer historia no fútbol sala feminino español e galego.

 

1 de 6
- +
Formación do Poio Pescamar antes de iniciarse a final da Supercopa en Vista Alegre / POIO PESCAMAR
Quencemento do Poio na final da Supercopa / PRBFS
Quencemento do Burela na final da Supercopa / PRBFS
Supercopa / PRBFS
Trofeo Supercopa / PRBFS
Final da Supercopa de fútbol Sala feminino entre Burela e Poio / PRBFS

O Pescados Rubén Burela FS converteuse hoxe, sábado 9 de xaneiro de 2021,  en tricampión de Supercopa de España despois de impoñerse no mausoleo laranxa a Poio Pescamar FSF. As Guerreiras encamiñaron na primeira parte o partido cun 2-0 que defenderon a morte tras o descanso.

Peque levantou o trofeo da Supercopa que suma para as Guerreiras o triplete, despois de Liga 2019-20 e Copa de S.M. A Raíña 2020, do vicepresidente da RFEF, Pablo Lozano, acompañado polo presidente de RFGF, Rafael Louzán. A seleccionadora nacional, Clàudia Pons, tamén fixo entrega á capitá do recoñecemento como Mellor Xogadora (VMP) da cita.

Clàudia Pons, seleccionadora española, entrega a Peque o galardón de MVP da final da Supercopa / PRBFS
Clàudia Pons, seleccionadora española, entrega a Peque o galardón de MVP da final da Supercopa / PRBFS

Dominio laranxa desde o inicio da final

Reinaron as raíñas laranxas na posesión, nas ocasións e no perigo. O control do partido por parte do Pescados Rubén Burela viuse desde a bucina inicial, aínda que o Poio Pescamar tentou sorprender á contra con insistencia e loitou por darlle a volta ao partido sen éxito.

No primeiro minuto de xogo Jozi, gardameta do Burela, tívose que aplicar para salvala ao segundo pau Dani, nuns primeiros compases de toma e daca. Despois, a escuadra burelista presionou con pouca marxe para as de Manu Cossío, que aínda atoparon escintileos ofensivos fronte á fortaleza da meta laranxa nas súas tentativas de contraataque e un excelente labor defensivo das anfitrioas, con magnífica presenza de Leti.

Final da Supercopa de fútbol Sala feminino entre Burela e Poio / PRBFS
Peque e Caridad na final da Supercopa de fútbol Sala feminino entre Burela e Poio / PRBFS

A capitá, por fin, outorgoulles a iniciativa no marcador ás Guerreiras Laraixas nun gran recorte cruzándoa ao segundo pau despois do rexeite en estratexia ante Cami.

Con 36 segundos para a medianía do primeiro acto, Dany protagonizou un gran man a man con Silvia Aguete, que cazou de novo a 3 laranxa pero quedou sen ángulo.

Elena Aragón non puido ampliar a vantaxe coa oportunidade de dobre penalti no 17, pero si a culminou Dany dous minutos despois, asistida por Cami tras recuperación, a pesar de que a tocou Silvia Aguete. Aínda dispuxeron as de Julio Delgado doutra de ouro á contra, cun excelente pase a Peque que cruzou con Bea Mateos, para reafirmar sobre o luminoso o demostrado sobre o parqué, pero o pau evitouno.

Contención e cabeza do Burela para manter o resultado e levarse a Supercopa

Cun 2-0 campeando no marcador electrónico, durante a segunda parte da gran final da Supercopa o cadro mariñán soubo como manexar o partido. As futbolistas da Mariña foron responsables e minimizaron erros. Como contrapunto, faltou na escuadra de Burela algo de circulación de balón e profundidade no seu xogo. Renunciaron a irse arriba con presas e xogaron con cabeza para asegurarse o triunfo nun partido histórico para o futsalfem galego.

Final da Supercopa de fútbol Sala feminino entre Burela e Poio / PRBFS
Final da Supercopa de fútbol Sala feminino entre Burela e Poio / PRBFS

Peque seguiu liderando a ofensiva das anfitrioas na continuación fronte ás boas respostas de Caridad. Cristina non saíu vitoriosa ante a porteira visitante; a seguinte da capitá desartellouna o pau e a Leti fóiselle despois da pugna de Peque no chan.

Resistíase para o Pescados Rubén Burela o terceiro tanto. Buscouno Dany en galopada pola banda e máis tarde novo Peque nunha brillante combinación.

No minuto 36 de partido, Irene García saltou para dirixir o xogo de cinco. A punto estivo ampliar Peque a porta baleira pero o luminoso continuou co 2-0.

Volveron aplicarse en defensa as mariñás para, sen perigo da porteira xogadora para engadir, por fin, á vitrina laranxa o título que quedaba por gañar en Vista Alegre como sede, despois da liga 2012-13 e de I Copa de S. M. A Raíña 2019.

Supercopa de fútbol Sala feminino para o Burela / PRBFS
Peque recolle a Supercopa de fútbol Sala feminino para o Burela / PRBFS

As raíñas do Burela coronaronse así cunha triple coroa colleitada na súa bomboneira mentres que o Poio Pescamar voltaba a sufrir a derrota nunha final a mans das da Mariña. O trofeo de subcampioas recollíao a porteira Silvia Aguete. 

Silvia Aguete recolle o trofeo do Poio como subcampio´n da Supercopa / PRBFS
Silvia Aguete recolle o trofeo do Poio como subcampioas da Supercopa / PRBFS

QUE VIENE, QUE VIENE, EH, EH

El ritual de @pgmota7 para levantar la Supercopa en equipo pic.twitter.com/gWo1DHEehg

— Pescados Rubén Burela FS (@burelafs) January 9, 2021

RESUMO DA FINAL VÍA RFEF:

RESUMEN | @burelafs @PoioPescamarfs | 2-0

⚽ Revive la emoción de la gran final y vibra con las mejores jugadas del derbi gallego.#SupercopaFutsalFem pic.twitter.com/Fri7zqQdXY

— RFEF Futsal (@SomosFutsal) January 9, 2021

FICHA TÉCNICA

PESCADOS RUBÉN BURELA FS: Jozi, Cristina, Peque, Cami e M. Cortés – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Dany, Cilene, Bea Mateos, Ale de Paz e Elena Aragón. 

POIO PESCAMAR FSF: Silvia Aguete, Dani, Irene García, Luci e Ana Rivera – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Antía, Miriam, Clara, Julia, Chiesa, Carol, Caridad (p.s.) e Iraia.

GOLES: 1-0, minuto 7, Peque; 2-0, minuto 19, Dany.

ÁRBITROS: Carreira Romero // Ferrero Carballal. Amonestaron polo Poio Pescamar con cartón amarelo a Clara.

INCIDENCIAS: Final da Supercopa de España disputada no pavillón de Vista Alegre en Burela cun aforo máximo permitido de 300 persoas debido ás limitacións por mor da pandemia de COVID-19.

| La @rfef ha agradecido a todas las instituciones su participación en la Supercopa de España Femenina de Fútbol Sala.

Concello de Burela, Diputación de Lugo (@depulugo), Xunta de Galicia (@Xunta), @PoioPescamarfs, @burelafs, Real Federación Gallega de Fútbol (@futgal). pic.twitter.com/mjYWolZyfb

— RFEF Futsal (@SomosFutsal) January 9, 2021

Desde as institucións, o derbi irmandiño do mellor fútbol sala de elite, contou coa presenza no palco de autoridades do secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete; o deputado de Deportes de Lugo, Efrén Castro, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano; así como o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, e os edís burelenses de Deportes, Ramiro Fernández, Igualdade, Noelia María Ben, e Servizos Sociais, Carmela López, o vicepresidente da RFEF, Pablo Lozano, o presidente da RFGF, Rafael Louzán e a seleccionadora nacional, Clàudia Pons, entre outras personalidades.

O encontro transmitiuse en directo pola canle Teledeporte.

¡¡¡!!!

Liga –
II Copa de SM La Reina
Supercopa de España

El @burelafs sigue haciendo historia

— Pescados Rubén Burela FS (@burelafs) January 9, 2021

Etiquetas Alfredo LlanoBea MateosBurelaCamiClaudia PonsDanyEFREN CASTROfútbol salafutsalGuerreiras LaranxasJulio DelgadoLete LasaManu CossíoPequePescados Rubén BurelaPoiopoio pescamarRafael LouzánSilvia AgueteSupercopaVista Alegre
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Galicia, fútbol sala / FUTGAL

A Galicia cae ante Cataluña no amigable entre seleccións absolutas de futsal disputado en Lugo (1-3)

por Redacción As Nosas
04/07/2026
0

Non puido ser. A Selección de Galicia absoluta feminina de fútbol sala despediuse de Lugo cunha derrota ante Cataluña no choque...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.