• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

José Tellería (presidente do CW Pontevedra): “Buscamos axudarnos uns aos outros e tirar do waterpolo feminino”

O CW Pontevedra e o CW Pabellón de Ourense fusiónanse na categoría sénior para a nova tempada na División de Honor galega

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
16/09/2021
en Máis disciplinas deportivas, Máis Deporte
O CW Pontevedra e o CW Pabellón de Ourense fusiónanse na categoría sénior / CEDIDA

O CW Pontevedra e o CW Pabellón de Ourense fusiónanse na categoría sénior / CEDIDA

149
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Nesta nova tempada da Liga Galega de División de Honra de waterpolo contará con dous equipos nun. O CW Pontevedra e o CW Pabellón Ourense chegaron a un acordo para fusionar os seus equipos na categoría absoluta e competir conxuntamente.

O pasado venres, 10 de setembro, José A. Tellería e Alejandro García, presidentes de ambas entidades, asinaron o acordo para o presente curso. En palabras do primeiro, o obxectivo deste convenio é “axudarnos uns aos outros e tirar do waterpolo feminino para arriba”.

Consecuencias positivas da pandemia

Na pasada campaña, a COVID-19 complicou os plans deportivos de ambos equipos. En Pontevedra, o club decidiu non competir, e en Ourense o conxunto apuntouse á competición de liga e copa, pero quedou cun número reducido de xogadoras.

Ante esta situación, García chamou a Tellería para consultarlle a posibilidade de que as rapazas pontevedresas competiran coas ourensás. “Aceptaron e xogaron algúns partidos con elas en Ourense. Tanto elas como nós íamos ter un problema de cantidade de rapazas para ter dous equipos máis ou menos completos e compensados e que non tiveramos problemas para competir, entón pensamos nalgún tipo de colaboración. Este foi o xerme de todo isto”, explica o presidente do CW Pontevedra.

Equipo feminino para os partidos e os adestramentos

A primeira toma de contacto foi hai cousa dunha semana, o venres 10. Neste primeiro adestramento, “só a posibilidade de poder facer un adestramento e xogar un partido só de rapazas de 7 contra 7, e mesmo nun adestramento era algo imepnsable, elas na vida o fixeran”, recalca Tellería. 

O CW Pontevedra e o CW Pabellón de Ourense fusiónanse na categoría sénior / CEDIDA
O CW Pontevedra e o CW Pabellón de Ourense fusiónanse na categoría sénior / CEDIDA

No CW Pontevedra as xogadoras dos equipos femininos estaban acostumadas a adestrar en grupos mixtos e con distintas categorías, pero a partir de agora xa poderán compartir piscina con rapazas do seu nivel.

José Tellería (CW Pontevedra): “Este ano xuntando ás nosas e a elas, podemos ter un equipo de verdade, cun nivel, unha idade e unha experiencia”

“Ao final isto é bo para todos ao ter un grupo amplo e máis homoxéneo. Nós estes anos atrás, que viñamos gañando ligas e copas en Galicia, tiñamos unha base moi forte, un equipo titular moi forte, pero cando tirabamos do banco notábase un cambio moi grande. Este ano xuntando ás nosas e a elas, podemos ter un equipo de verdade, cun nivel, unha idade e unha experiencia”, subliña o presidente.

Tal e como sinala, a posibilidade de ter un grupo así de completo, “tanto para os partidos como para os adestramentos”, permite dar “un salto de calidade ao equipo”, xa que “estar adestrando con xente que che pon as cousas difíciles nótase”.

Pontevedra, sede do novo equipo

Para esta nova tempada, Pontevedra será a sede habitual deste novo equipo e dará o nome ao conxunto. “Barallamos varias ideas, non sabiamos se fundar un club novo e darlle unha denominación nova, se facer un novo nome con Pontevedra-Ourense, pero bueno, iso a nivel federativo ten certas complicacións”, expón o responsable.

Por iso, finalmente ambas directivas decantáronse por xogar en terreo pontevedrés. “Como o ano pasado xogamos como Pabellón Ourense con xogadoras do CW Pontevedra, este ano xogamos como CW Pontevedra con xogadoras do Pabellón Ourense“, resume.

Tellería: “Se non podemos xogar en Pontevedra sabemos que temos a posibilidade de xogar en Ourense. A eles tamén lles interesa xogar algúns partidos alí para poder traballar o tema da promoción”

Así, a meirande parte dos encontros que xoguen como locais serán á beira do Lérez, dispoñendo da piscina ourensá cando sexa preciso. “No CGTD estamos de prestado e podemos dispoñer cando hai sitio e cando non hai otras competicións. Se non podemos xogar en Pontevedra sabemos que temos a posibilidade de xogar en Ourense. A eles tamén lles interesa xogar algúns partidos alí para poder traballar o tema da promoción e captación das rapazas”, apunta Tellería.

Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD) / SABELA MOSCOSO
O CW Pontevedra adoita adestrar e competir nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) / SABELA MOSCOSO

Con vistas ao futuro

Este proxecto naceu coa idea de solucionar un problema a curto prazo, pero ningún dos clubs descarta amplialo. “Evidentemente vai depender moito de como se vaia dando esta tempada experimental, pero a idea é poder consolidar un proxecto e incluso se tiveramos a capacidade de gañar o campionato galego e poder ir a unha fase de ascenso nacional, para ir collendo experiencia e ir probando, o obxectivo a medio prazo sería intentar conseguir un ascenso a unha categoría nacional e iso pasa por poder contar con todo o bloque”.

Tellería: “O obxectivo a medio prazo sería intentar conseguir un ascenso a unha categoría nacional e iso pasa por poder contar con todo o bloque”

Nesta liña, en ambos equipos pensan preparar o seu particular “ciclo olímpico”, mantendo este proxecto tres ou catro anos. “Non imos dicir que o proxecto é bo ou malo só por unha tempada, imos darlles voo e ver como evoluciona a cousa”, apunta o presidente do CW Pontevedra.

O CW Pontevedra e o CW Pabellón de Ourense fusiónanse na categoría sénior / CEDIDA
O CW Pontevedra e o CW Pabellón de Ourense fusiónanse na categoría sénior / CEDIDA
Etiquetas cgtdCW Pabellón Ourensecw pontevedraDivisión de Honor de waterpolofederación galega de nataciónFEGANourensePontevedrawaterpolo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe os representantes de Galicia vinculados ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) que participaron no Campionato de Mundo de Ximnasia de Trampolín / XUNTA DE GALICIA

Diego Calvo define aos deportistas que participaron no Mundial de Ximnasia de Trampolín como os mellores representantes da marca Galicia Calidade pola súa excelencia e compromiso cos valores do deporte

por Redacción As Nosas
20/11/2025
0

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe os representantes de Galicia vinculados ao Centro Galego de...

A tripulación do Chapela - Wofco recibindo a bandeira da Liga Galega feminina de Traiñeiras / LGT

Chapela – Wofco e Cabana Ferrol recibiron as bandeiras da Liga Galega de Traiñeiras 2025

por Redacción As Nosas
08/10/2025
0

A temporada 2025 da Liga Galega de Traiñeiras pechouse oficialmente no acto celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en...

A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff / XUNTA DE GALICIA

A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff para a preparación dos deportistas do CGTD para Los Ángeles 2028

por Redacción As Nosas
13/06/2025
0

  O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, entregou ao presidente da Federación Galega de Remo, Jose Luis...

Campionato galego de clubs en pista / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

O Ourense Atletismo proclámase campión galego feminino de clubs e a Sociedad Gimnástica na categoría masculina

por Redacción As Nosas
13/05/2025
0

  Ourense Atletismo en categoría feminina e Sociedad Gimnástica en categoría masculina, lograron esta fin de semana  o título de...

Paula Ginzo e Menor na Deputación de Ourense | Imaxe: Deputación de Ourense

Paula Ginzo é recibida polo presidente da Deputación de Ourense tras os seus éxitos máis recentes

por Martín Pais
07/05/2025
0

A xogadora de baloncesto internacional Paula Ginzo, actualmente nas filas do C.B. Jairis, foi recibida esta mañá polo presidente da...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.