• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

O Team FMR francés proclámase campión do Raid Gallaecia Campeonato de Europa de carreiras de aventura 2022 en Betanzos

O segundo posto foi para o conxunto galego do Brigantia Adventure Race a 21 minutos do vencedor, mentres que a terceira praza correspondeulle ao equipo Endurance, a 35 minutos, completando así dous equipos galegos o podio continental na Praza Irmáns García Naveira da localidade coruñesa

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/10/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Podio do Raid Gallecia – Campionato de Europa de carreiras de aventura 2022 / RAID GALLAECIA ENRIQUE BLANCO

Podio do Raid Gallecia – Campionato de Europa de carreiras de aventura 2022 / RAID GALLAECIA ENRIQUE BLANCO

52
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • O gañador do Raid Gallaecia completou o percorrido de 185 quilómetros combinando trekking, bicicleta de montaña, kaiak, rápel e orientación polo territorio Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo en 18 horas, 25 minutos e 36 segundos.
  • Acompañaron no podio ao conxunto francés dous equipos galegos, o Brigantia Adventure Race (segundos), e o Endurance (terceiros).

O Team FMR francés proclamouse campión do Raid Gallaecia – Campionato de Europa de carreiras de aventura 2022 en Betanzos. O conxunto galo cruzou a liña de meta situada na Praza Irmáns García Naveira pasadas as 4:30 horas do domingo despois de 185 quilómetros combinando trekking, bicicleta de montaña, kaiak, rápel e orientación polo territorio da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O cuarteto integrado por Julien Moncomble, Clement Coulon, Benjamin Coutand e Lucie Croissant cubriu a distancia nun tempo total de 18 horas, 25 minutos e 36 segundos, con media hora de adianto sobre a previsión máis optimista da organización. O premio para os gañadores é un billete para o Campionato do Mundo 2023 de Sudáfrica e catro unidades do reloxo multideporte Enduro 2 de Garmin.

Dous equipos galegos completaron o podio continental en Betanzos: o Brigantia Adventure Race, que cruzou a liña de meta na Praza Irmáns García Naveira a 21 minutos do FMR, e o Endurance, terceiro a 35 minutos, unha escasa marxe para unha proba de resistencia ‘non-stop’ na que participaron 54 equipos e 182 deportistas de 7 países diferentes.

Saída en Betanzos do Raid Gallecia – Campionato de Europa de carreiras de aventura 2022 / RAID GALLECIA RODRIGO GONZÁLEZ
Saída en Betanzos do Raid Gallecia – Campionato de Europa de carreiras de aventura 2022 / RAID GALLAECIA RODRIGO GONZÁLEZ

A saída deuse o sábado ás 10:00 horas desde a Praza Irmáns García Naveira despois da entrega de mapas, elemento básico nas carreiras de aventura. Os participantes debían trazar o percorrido e axudarse cun compás para pasar polas balizas que a organización situou sobre o terreo. Os dispositivos de navegación con GPS estaban terminantemente prohibidos.

Kaiak no Raid Gallecia – Campionato de Europa de carreiras de aventura 2022 / RAID GALLECIA ANTONIO ARADAS
Kaiak no Raid Gallecia – Campionato de Europa de carreiras de aventura 2022 / RAID GALLAECIA ANTONIO ARADAS

A primeira sección, un trekking de 22 quilómetros, levou aos equipos ata a praia do Pedrido para empezar o sector de kaiak, un traxecto de 21km de ida e volta pola Ría de Betanzos pasando pola praia de Gandarío, a Illa Carboeira e a praia de Miño antes de desembarcar no porto de Betanzos, onde xa se destacaron os dous principais protagonistas da carreira: o Brigantia e o FMR, separados por só cinco minutos.

Os líderes accederon á cidade pola porta a da ponte nova e afrontaron a proba especial de rápel, na que un integrante de cada equipo descendeu a Torre do Reloxo antes de montarse por primeira vez nas bicicletas para cubrir 32km en dirección a Oza dos Ríos, lugar habilitado para a terceira zona de transición. Mentres o Brigantia Adventure Race dobrou a súa vantaxe sobre o FMR, o Endurance afianzouse na terceira posición, moi preto dos franceses.

Raid Gallecia – Campionato de Europa de carreiras de aventura 2022 / RAID GALLECIA ENRIQUE BLANCO
Raid Gallecia – Campionato de Europa de carreiras de aventura 2022 / RAID GALLAECIA ENRIQUE BLANCO

A seguinte sección foi clave no desenvolvemento da proba: un trekking de 29km e 1.200m de desnivel positivo coas subidas ao Monte do Gato e o Pico Felgar (con 503m de altitude o punto máis elevado do roteiro). Nas últimas horas de sol e precisamente na ascensión ao Felgar, o FMR deu caza ao Brigantia e, xa en terreo descendente, protagonizou algúns dos grandes movementos de orientación da carreira.

Despois de picar a baliza 64 volveu varios quilómetros sobre os seus pasos para atallar pola Finca O Castelo ata o punto de control 65, unha elección de percorrido diferente ao trazado ideado pola organización. A xogada saíulle ben, pero non o suficiente para distanciarse cos seus perseguidores, Brigantia Adventure Race (2º) e Endurance (3º).

A diferenza axustouse aínda máis entre os dous primeiros tras o 20km de bicicleta para volver a Betanzos. Apertouse tanto que Brigantia Adventure Race, outra vez na cabeza, e FMR realizaron practicamente á vez a antepenúltima transición na Praza Irmáns García Naveira. Tras o rexistro pertinente e unha ollada rápida aos mapas, os dous líderes partiron cara ao encoro de Beche con 26km de bicicleta por diante.

O conxunto do Endurance volveu reducir a súa desvantaxe e os tres primeiros clasificados empezaron a penúltima sección separados por só sete minutos: un trekking de 7 quilómetros na disciplina de score, específica de orientación e que permite pasar polos puntos de control sen orde lineal.

Entraba en xogo a estratexia e aí destacouse o FMR, que no último sector, 28km de bicicleta para regresar a Betanzos, afianzou o seu liderado cun ritmo altísimo.

Chegada a meta do Team FMR gañadores do Raid Gallecia – Campionato de Europa de carreiras de aventura 2022 / RAID GALLECIA ENRIQUE BLANCO
Chegada a meta do Team FMR gañadores do Raid Gallecia – Campionato de Europa de carreiras de aventura 2022 / RAID GALLAECIA ENRIQUE BLANCO

O cuarteto francés, 7º no ultimo Campionato do Mundo tamén celebrado en Galicia e gañador da recente proba das Series Europeas en Graal (Suíza), xa é o primeiro campión de Europa das  ARWS (Series Mundiais polas súas siglas en inglés). O Raid Gallaecia tamén acolleu a cuarta proba da liga Española de Raids de Aventura e a quinta manga da liga Galega de Raids nas categorías Elite, Aventura e Orientaraid.

So sete dos 54 equipos foron quen de completar o percorido do Raid Gallaecia

Dos 54 equipos participantes nesta edición do Raid Gallaecia – Campionato de Europa de carreiras de aventura 2022 que contou con saída e chegada no Concello de Betanzos só sete non completaron o percorrido. A meta pechouse ás 13:30 horas e, posteriormente, procedeuse á entrega de premios.

Consulta aquí os resultado do Raid Gallaecia – Campionato de Europa de Carreiras de Aventura 2022

Segundo indica a organización, asistiron á cerimonia de entrega de premios desta competición continental María Barral, alcaldesa do Concello de Betanzos, Bernardo Fernández, deputado provincial da Deputación da Coruña, Andrés Hermida, concelleiro de Urbanismo, Centro histórico, Patrimonio, Educación e Deporte do Concello de Betanzos, José Antonio Santiso, presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, Francisco Cobas, presidente da Federación Española de Orientación, e Javier Alvelo, presidente da Federación Galega de Orientación.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Raid Gallaecia (@raidgallaecia)

Etiquetas BetanzosBrigantia Adventure RaceMariñas Coruñesas e Terras do MandeoRaid aventuraRaid GallaeciaReserva da BiosferaTeam FMR
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Adestramento do equipo junior 2023, coa ausencia de Laura Antes / CLUB CICLISTA BETANZOS

O Club Ciclista Betanzos estrea equipo junior feminino con sete corredoras

por Redacción As Nosas
20/01/2023
0

  No Club Ciclista Betanzos encaran o ano 2023 con moita ilusión e un proxecto de ciclismo feminino que empeza...

Uxía Soto, ciclista durante a Copa Galicia ciclocróss / LUZ IGLESIAS

A Copa Galicia de Ciclocross chega a Betanzos e Ferrol a súa primeira fin de semana

por Redacción As Nosas
24/10/2022
0

  En menos de 24 horas a Copa Galicia de Ciclocrós viviu as súas dúas primeiras xornadas. Se o sábado...

Imaxe de arquivo cedida pola ARWS Championship, Raid Gallaecia - Campionato de Europa de carreiras de aventura 2022 terá lugar na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Betanzos, saída e meta do Raid Gallaecia que discurre pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

por Redacción As Nosas
08/10/2022
0

  A competición do Raid Gallaecia pon en xogo o título continental, un billete para o Campionato do Mundo 2023...

Raid Gallaecia - Campionato de Europa de carreiras de aventura 2022 repite como evento Xacobeo / ARWS CHAMPIONSHIPS -RAID GALLAECIA CEDIDA

O Raid Gallaecia – Campionato de Europa de carreiras de aventura repite como evento Xacobeo 21-22

por Redacción As Nosas
29/09/2022
0

  O Raid Gallaecia, que se disputará os días 8 e 9 de outubro na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas...

Podio do Campionato Galego de fondo en estrada celebrado en Betanzos e marcado pola subida ao Galibier / LUZ IGLESIAS - FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

A subida ao Galibier marcou os triunfos nas cinco categorías en disputa dentro do Campionato de Galicia de Fondo en estrada

por Redacción As Nosas
24/09/2022
0

  Galicia xa ten campioas e campiós ciclistas de fondo en estrada. A subida ao Galibier foi decisiva na proba...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

25/01/2023
Esther Navarrete, que estará na Selección Galega, fíxose en 2022 co Campionato Xunta de Galicia de Campo a través / FGA

Un total de 40 deportistas, citados para a Selección Galega de campo a través

25/01/2023
Nerea Pampín, bronce, e Lydia Pérez, competiron no Torneo Internacional Henri Deglane en Niza FEGALOITA

Nerea Pampín, bronce no Torneo Internacional Henri Deglane de loita

25/01/2023
Ruth Lorenzo Couso e Xavier Santos Veiga, prata en kumite no Campionato de España Absoluto de karate 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE KARATE

Ruth Lorenzo Couso, prata en kumite -55kg no Campionato de España Absoluto de karate 2023

24/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.