• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Tania Castiñeira e Helena García, campioas de España de combate no estatal de taekwondo

Por equipos, Galicia logrou a segunda posición la clasificación xeral e na femenina nesta competición celebrada en La Nucia

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/02/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Tania Castiñeira, campioa de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

Tania Castiñeira, campioa de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

194
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Tania Castiñeira (+73, Hebe) e Helena García (-73, Dobok) proclamáronse campioas de España en La Nucía (Alacante). Estes foron os resultados máis destacados para Galicia no Campionato de España Absoluto de Combate xunto con catro pratas o seis bronces, que permitiron a Galicia lograr a segunda posición por equipos na clasificación xeral e na categoría feminina, tal e como informa a Federación Galega de Taekwondo.

Tania Castiñeira, campioa de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO
Tania Castiñeira, campioa de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

Tania Castiñeira, repite

Tania Castiñeira logrou o cuarto título de campioa de España absoluta de forma consecutiva, cunha actuación case perfecta. A taekwondista do Hebe fixo tres combates e nos tres venceu en dous asaltos. En primeira rolda enfrontouse a Soraya Martín (Euskadi) e foi moi superior para lograr o pase as semifinais onde esperaba a galega Desiree Rivadulla, que viña de superar á catalá Silvia Boix e garantir a medalla de bronce.

Tania Castiñeira venceu a Desiree Rivadulla e plantouse na final onde loitou ante Violeta Pérez (Euskadi). Outra vez, con moita seguridade e concentración, Tania Castiñeira gañou para confirmar así o número 1 do ranking español no seu peso.

Tania Castiñeira, campioa de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO
Tania Castiñeira, campioa de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

E pasamos dunha deportista xa de garantías, a unha promesa de 16 anos que non deixa de medrar con grandes pasos. O segundo ouro galego foi para Helena García (-73, Dobok), que sorprendeu a todos ao impoñerse no Campionato de España absoluto, na súa primeira experiencia.

Helena García, campioa de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO
Helena García, campioa de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

Comezou a competición ante a representante de Euskadi Ane Vallo, nun combate no que se impuxo a galega por 2-0. Despois enfrontouse a Leyre Zugazaga (Castela a Mancha), con nova vitoria en dous asaltos. Na semifinal Helena García loitou contra Belén Morán (Andalucía), a número 1 do ranking español, que tiña unha man recentemente operada.

Helena García, campioa de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO
Helena García, campioa de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

Foi un combate moi psicolóxico, pero Helena García volveu mostrar unha veteranía e tranquilidade pouco habitual coa súa idade e gañou en dous asaltos. O campionato finalizou ante Carlota Zanoni (Catalunya), nun combate que se resolveu en tres asaltos. No primeiro impúxose a catalá (2-2, por rexistro) e nos dous seguintes a galega (4-2 e 12-2). Ouro para Helena García!

As pratas foron para Arlet Ortiz (-47, Mat´s), Alma Pérez (-53, Suh Sport), Samuel Meilán (-58, Tao) e Sergio Troitiño (-87, Mat´s). Arlet Ortiz, que defendía o título de campioa de España, arrancou o Campionato en primeira rolda fronte a Elsa Hernández (Castela a Mancha). Venceu a galega con claridade e pasou a cuartos onde esperaba Andrea García (Extremadura). Novo triunfo contundente de Arlet Ortiz.

Alma Pérez, prata no Campionato de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO
Alma Pérez, prata no Campionato de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

Na semifinal, ante Houda El Haddadi (Valencia), tivo máis problemas e foi unha loita axustada, pero con moita cabeza volveu vencer para meterse na final onde esperaba Luana Martón (Castela a Mancha). O título foise por moi pouco.

En -53 kilogramos, Alma Pérez tampouco puido revalidar o título, aínda que chegou ata a final, onde esperaba, coma sempre, Laura Rodríguez. Antes da gran final, a taekwondista do Suh Sport venceu con moita claridade a Ixone Fernández (Cantabria), Adela Campoy (Murcia) e Salma Khatiri (Murcia). No último combate, ante a súa gran rival do peso Laura Rodríguez (Castela a Mancha), escapouse o ouro, nunha loita tremendamente axustada que se decidiu por detalles. Alma Pérez gañou o primeiro asalto, Laura Rodríguez o segundo e o terceiro foi para a castelá por só un punto de diferenza.

Samuel Meilán (-58, Tao) foi outra das boas novas do torneo. O vigués, que aínda non cumpriu os 18 anos, sorprendeu no seu primeiro campionato de España sénior. Samuel Meilán gañou en primeira rolda a Echedey Tovar (Canarias) en dous asaltos e de forma cómoda. Posteriormente enfrontouse a Ignacio Soriano (Aragón) e novo triunfo en dous asaltos para o taekwondista do Tao, que logrou así o pase as semifinais onde esperaba o representante de Estremadura, Oussama Guedzi. Este foi un pouco máis complicado para o noso representante, xa que perdeu o primeiro asalto e tocou remontar e vencer nos dous seguintes para meterse así na gran final.

Neste último combate esperaba Adrián Vicente, campión de Europa e olímpico, que partía como gran favorito, e non defraudou. Adrián Vicente foi mellor e venceu en dous asaltos, para acadar o título de campión de España, mentres que noso Samu é subcampión cun enorme mérito.

Outro dos novos que nos deu unha gran alegría foi Sergio Troitiño (-87, Mat´s), que se proclamou tamén subcampión de España. Venceu nos cuartos a Lluis Mas (Andalucía) en dous asaltos e con marcadores amplos. Na semifinal loitou contra Raul Corredor (Madrid) e novamente vitoria do galego en dous asaltos e con claridade. Na final enfrontouse ao vixente campión de España e olímpico Raul Martínez (Comunidade Valenciana). Sergio Troitiño plantou cara e aínda que perdeu en dous asaltos (o segundo por rexistros) competiu ao máis alto nivel e lle puxo as cousas moi difíciles a Raúl Martínez.

Sara Cortegoso, bronce no Campionato de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO
Sara Cortegoso, bronce no Campionato de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

Imos cos bronces, que foron para Desi Rivadulla (+73, Suh Sport), Sara Cortegoso (-46, Mace Sport), Miryam García (-62, Patiño), Alex Pazos (-58, Taekanart), Pablo Patiño (-68, Patiño) e Adrián Pan (-74, Mace Sport).

En -58, tivemos doblete galego, xa que tamén subiu ao podio Alex Pazos para recoller o bronce xunto a Samu Meilán (prata). Alex Pazos fixo un total de catro combates e conseguiu tres triunfos. Comezou gañando a José Antonio Rivera (Estremadura) e posteriormente ao catalán Allen Alarcón. Nos cuartos de final deu boa conta do valenciano Héctor Almudever e logrou así garantir o seu metal. Na semifinal enfrontouse ao potente e case inasequible Adrián Vicente e aí rematou a magnífica traxectoria do galego.

Pablo Patiño (-68, Patiño) logrou o bronce tras facer tres combates. No primeiro, vitoria sinxela en dous asaltos fronte a Aketza Unzueta (Euskadi) e nos cuartos eliminou a José Barranco (Andalucía) nun combate máis axustado, pero que tamén resolveu en dúas mangas. Na semifinal caeu derrotado ante Óscar Hernández (Castela a Mancha) nunha axustada loita (2-0).

Adrián Pan (-74, Mace Sport) acadou o bronce en – 74 quilogramos, tras gañar dous combates. No primeiro, ante o navarro Mahmud Mohamed-Salem, Adrián saíu un pouco desconcentrado e lle custou meterse. Así tocou remontar para impoñerse en tres asaltos. Nos cuartos entrou moi ben e venceu a Alejandro Pizarroso (Madrid) con bastante claridade (2-0). Caeu na semifinal ante Juan Antonio Milán (Murcia), que foi o que finalmente acadou o título de campión de España.

Miryam García, bronce no Campionato de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO
Miryam García, bronce no Campionato de España / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

E na categoría feminina, Miryam García (-62, Patiño) logrou a medalla de bronce. A galega venceu na primeira eliminatoria a Paula Pizarroso (Madrid) en dous asaltos e no segundo tivo como rival a Ester Asensio de Catalunya, con nova vitoria para a nosa deportista en dous asaltos. Na semifinal tocou a rival máis dura, Jone Magdaleno (Euskadi) e a pesar de intentalo, a taekwondista do Patiño non puido coa vasca e caeu en dous asaltos. Bronce para Miryam García!

E rematamos co bronce de Sara Cortegoso en -46 quilogramos. A deportista do Mace Sport comezou a competición fronte a Ainara Rojas (Andalucía) e a pesar de ser un combate duro, a noso deportista resolveu en dous asaltos e con bastante distancia. Nos cuartos enfrontouse a Lluisa Garcies (Baleares) e triunfo da galega nun combate moi duro e disputado que se decidiu en tres asaltos. O terceiro e definitivo caeu a favor de Sara nos últimos segundos.

Na semifinal, Sara Cortegoso enfrontouse a Sofía García Marquina (Castela a Mancha), que foi a campioa de España finalmente. Sara Cortegoso loitou ata o final nun combate moi fermoso, en tres mangas, e cheo de
emoción.

Selección Galega de Combate no Campionato de España de taekwondo / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO
Selección Galega de Combate no Campionato de España de taekwondo / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO
Etiquetas Campionato de EspañaGaliciataekwondo
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Galicia, fútbol sala / FUTGAL

A Galicia cae ante Cataluña no amigable entre seleccións absolutas de futsal disputado en Lugo (1-3)

por Redacción As Nosas
04/07/2026
0

Non puido ser. A Selección de Galicia absoluta feminina de fútbol sala despediuse de Lugo cunha derrota ante Cataluña no choque...

Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

por Redacción As Nosas
12/05/2026
0

  Galicia foi primeira no medalleiro grazas as cinco medallas obtidas polos atletas da nosa comunidade. Acadáronse en total 5...

Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A Selección Galega, formada por máis de 100 taekwondistas, participará no Campionato de España de Poomsae, Freestyle e Parapomsae á...

Torneo Intercentros de fútbol gaélico disputado en Vigo / AGFG

Máis de 300 futbolistas de 11 centros educativos de Vigo tomaron parte no I primeiro Torneo Intercentros de Fútbol Gaélico

por Redacción As Nosas
17/02/2025
0

O Torneo Intercentros é a competición galega deste perfil con máis equipos participantes e foi levado a cabo grazas á...

VII Seminario de Intercambio de Experiencias no deporte organizado polo Eixo Atlántico / SABELA MOSCOSO

O Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do deporte do Eixo Atlántico alcanza a súa 7.ª edición

por Redacción As Nosas
29/10/2024
0

  O VII Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do deporte celebrado no Centro Cultural de Alfena en Valongo...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.