• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Máis Basket

Talento galego na Selección Española U15

Nacary Rojas no 'staff' técnico e Irene Noya na convocatoria expanden o baloncesto galego fóra da nosa terra | Rojas: "É unha experiencia incrible" | Noya: "Nunca pensei que chegaría ata aquí"

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
31/03/2021
en Baloncesto, Máis Basket
A adestradora Nacary Rojas coa Selección Española / CEDIDA

A adestradora Nacary Rojas coa Selección Española / CEDIDA

900
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As vacacións de Semana Santa non serán tal para as xoves promesas do baloncesto español, xa que se reunirán nunha convocatoria en L’Alqueria de Valencia. As Seleccións U15, U16 e U18 reuniránse nunha concentración en modo burbulla entre o 31 de marzo e o 4 de abril.

Na que abrangue ás xogadoras menores de 15 anos, atópanse dúas representantes do baloncesto galego. Nacary Rojas, adestradora do Bosco Salesianos, forma parte do staff técnico e Irene Noya, galega que compite no Segle XXI, é unha das xogadoras que entra na lista de convocadas.

Nacary Rojas, acento galego no mando da Selección

A técnica Nacary Rojas adestra ao conxunto sénior do Bosco Salesiano ourensán e forma parte da Selección Galega desde a tempada 2016/2017 e da Española desde o verán do 2018.

A adestradora Nacary Rojas coa Selección Galega / CEDIDA
A adestradora Nacary Rojas coa Selección Galega / CEDIDA

Coñecedora do baloncesto galego desde dentro, a adestradora asegura que “en Galicia trabállase moi ben e hai moi bos adestradores/as e clubs con filosofías de traballo moi claras, querendo buscar a melloría de cada xogadora”. Por iso, non pon o foco en que xogadoras galegas como Irene Noya marchen a outros equipos a seguir medrando, se non que o que lle parece máis importante é “o crecemento da xogadora, non só deportivametne, senón poder ofrecérllo noutros ámbitos, sexan en Galicia ou noutra cidade”.

Nacary Rojas: “En Galicia trabállase moi ben e hai moi bos adestradores/as e clubs con filosofías de traballo moi claras”

Sobre a convocatoria de Semana Santa, da que formará parte no equipo U15, Rojas sinala que se levará a cabo con todas as medidas sanitarias e seguindo os protocolos habituais da FEB, cunha proba de antíxenos á entrada e á saída.

En relación á convocatoria, comenta que “hai unha responsable da xeración que é a encargada de coñecer ao maior número de xogadoras para poder facer a lista de convocadas”. Neste caso é Elena Lahoz, que se encarga da U12 á U15, polo que o papel de Rojas limítase a dirixir os adestramentos e realizar informes.  Porén, recoñece que a situación actual de pandemia dificultou a elección, ao paralizarse moitos campionatos, torneos e as propias convocatorias de seleccións autonómicas.

O mecanismo para seguir de cerca ao talento emerxente no mundo do baloncesto é a Operación Talento, con concentracións como a desta Semana Santa para coñecer de preto ás xogadoras. Para as xoves baloncestistas este tipo de eventos supón “unha experiencia incrible”. En palabras de Rojas, serven para que coñezan “a nenas de toda España coa súa mesma paixón. Teñen á súa disposición a varios adestradores/as, corpos biomédicos, preparadores/as físicos, delegado/a, cousa que na maioría dos clubs non se pode dispoñer de tantas persoas para un equipo”.

Nacary Rojas: “Teño a sorte de poder traballar rodeada de grandes profesionais”

Das súas experiencias coas Seleccións destaca que é unha “afortunada”, xa que “teño a sorte de poder traballar rodeada de grandes profesionais. Ademais da aprendizaxe dos adestramentos, conversacións fóra da pista que xeran inquietudes para seguir crecendo”.

A adestradora Nacary Rojas coa Selección Galega / CEDIDA
A adestradora Nacary Rojas coa Selección Galega / CEDIDA

Irene Noya, promesa do baloncesto español

A baloncestista galega Irene Noya, natural de Vilagarcía, é unha das xoves promesas do baloncesto español. Con 15 anos, un dos clubs estrela na formación de xogadoras botoulle o ollo para ofrecerlle unha beca de 4 anos. Desde esta tempada 2020/2021, Noya forma parte do Segle XXI.

“Eu era unha persoa moi pechada para este tipo de oportunidades ao principio. O meu irmán coñecía Segle antes de que me chamaran e el foime metendo neste minimundo de Segle XXI. Cando me chamaron souben que era unha oportunidade que non podía perder e que tiña que aproveitar ao máximo os 4 anos de programa”, declara. Agora medra no recinto catalán, que inclúe un instituto, un polideportivo e unha residencia, ademais do Consell Català d’Esport.

O baloncesto é cousa de familia para ela. Tanto a súa nai como o seu tío practicaron este deporte desde unha idade temperá, e o seu irmán foi clave na curta carreira que leva Irene Noya. O seu pai tamén animouse cando viu o seu potencial. “Aos 5-6 anos medía máis que todos os da miña idade”, recorda. Os seus primeiros pasos estiveron cheos de dúbidas, pero agora considera que “fixen ben en seguir”.

O seu talento levouna á filas do Segle XXI, pero antes diso xa formou parte de concentracións da Selección Galega e da Española U13. Coa primeira xa ten máis camiño rodado e a convocatoria celebrada en Huelva foi, nas súas palabras, “incrible. Non cambiaría por nada esa experiencia”.

Irene Noya coa Selección Galega / CEDIDA
Irene Noya coa Selección Galega / CEDIDA

Pola súa parte, esta nova convocatoria española é un “orgullo” para a xogadora, que admite que “nunca pensei que chegaría ata aquí e para min é un orgullo que de tantas nenas que xogan ao baloncesto en España escolléranme a min”.

Irene Noya: “Nunca pensei que chegaría ata aquí e para min é un orgullo que de tantas nenas que xogan ao baloncesto en España escolléranme a min”

Sen dúbida, estas convocatorias son pasos importantes na súa carreira. “Creo que se sigo traballando e esforzándome duro pódenme abrir bastantes portas”, declara. Porén, Noya non aparta a vista dos estudos: “Creo que os estudos son algo moi importante. A min encantaríame adicarme profesionalmente ao baloncesto, pero estudando. Intentaría ao máximo compaxinar as dúas cousas por se algunha delas non sae ben, ter ese plan b”, admite.

Irene Noya: “Son moi esixente conmigo mesma, os meus principais obxectivos agora mesmo son estar os 4 anos en Segle e seguir convocada”

Coa súa carrreira aínda comezando, Irene Noya prefire ir paso a paso. “Son moi esixente conmigo mesma, os meus principais obxectivos agora mesmo son estar os 4 anos en Segle e seguir convocada coa Selección nacional e a da miña comunidade. Traballarei moi moi duro e chegado o momento marcareime outros obxectivos”, confesa.

Irene Noya coa Selección Española / CEDIDA
Irene Noya coa Selección Española / CEDIDA

A xogadora é consciente de todo o apoio que tivo para chegar ao punto no que está agora, e por iso ten palabras de agradecemento para “todas as persoas que confiaron en min no mundo do baloncesto, e que probablemente grazas a moitos deles estou onde estou. Grazas ao CLB (Cortegada-Liceo-Bbc), o meu primeiro equipo, e tamén ás Seleccións”.

Etiquetas baloncestobasketIrene NoyaNacary RojasSelección Española U15 BaloncestoSelección Galega Baloncesto
Comparte4Chía2
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.