O espectáculo do clásico do fútbol sala español no cumio da Primeira División da RFEF saldouse con repartición de puntos entre Futsi Altlético Navalcarnero e Pescados Rubén Burela FS e sen goles. O que si que houbo foron moitas, moitísimas, ocasións.
As Guerreiras Laranxas suman un bo punto nun desprazamento ao que acudían con baixas sensibles e despois de non poder traballar o envite nas condicións ideais. Un punto máis para cada un dos conxuntos e a cabeza da táboa non se move. Segue líder o Futsi (37 puntos e un partido menos) e segundo o Burela (36).
COMIENZA EL CLÁSICO EN LA ESTACIÓN
5️⃣ inicial de @futsalcoach_es
@BelenDeUna
@ArianeSilva05
@Romero10Ame
@MariaSanz_11
@judelgado11Go Futsi! pic.twitter.com/9aa2y2QZEk
— C.D FUTSI ATLÉTICO NAVALCARNERO (@futsi_atletico) January 29, 2022
A intensa e emocionante cita do futsalfem comezou cunha boísima intervención de Emilly para as galegas. A resposta das locais foi inmediata con María Sanz nun compromiso no que o Futsi Altlético Navalcarner asumiu a posesión fronte un Pescados Rubén Burela moi serio en defensa, con criterio e personalidade, buscando nas transicións a súa mellor arma e o seu maior perigo.

Tras o descanso, ás mariñás quizais lles queimou un pouco o balón nos pés fronte un rival que gañou en chegadas á portería de Jozi, que soubo responder á perfección para manter as táboas no electrónico con actitude e ganas das súas compañeiras en defensa. Leti, á contra, rozou a iniciativa visitante nunha recta final na que o esforzo se reflectiu nos dous equipos.
E logo do futsi, a pola segunda volta!
Antes de comezar a segunda volta a próxima fin de semana, ambas as escuadras terán compromiso no medio de semana. As madrileñas teñen previsto recuperar a xornada 14 con Alcorcón o martes 1.
As galegas disputarán o partido da segunda eliminatoria de Copa da Raíña o mércores, día 2, na pista do conxunto do Universidad de Alicante. Será ás 19.00 horas. Logo van seguir ruta rumbo a Melilla, para o seu compromiso de liga na Primeira División da RFEF o sábado contra o equipo local. Será un partido correspondente á xornada 16 e xogarase ás 18.30 horas.
FICHA TÉCNICA
0) FUTSI ATLÉTICO NAVALCARNERO: Belén de Uña, Ari, María Sanz, Ju Delgado, Ame Romero, cinco inicial; tamén xogaron Becha, Irene Córdoba, Anita Luján, Laura Córdoba, Lorrana
0) PESCADOS RUBÉN BURELA FS: Sandra Buzón, Cilene, Cami, M. Cortés, Emilly, cinco inicial; tamén xogaron Ale de Paz, Elena Aragón, Bea Mateos, Elenita, Jozi Oliveira.
ÁRBITROS: Manso Martín // Mayo López. Por Futsi amarela Ari (minuto 25). Por Burela amarela a M. Cortés (minuto 36).
INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 15 de Primeira RFEF Feminina disputado en La Estación.