• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

Susú Cores: “Somos fortes e loitamos polo que queremos, por iso saen as cousas, por que loitamos”

Silvia Carregal por Silvia Carregal
07/03/2020
en Fútbol, Máis fútbol
Susú Cores / FUTGAL

Susú Cores / FUTGAL

125
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Hai pouco que vén de fichar como adestradora do Independiente de Valle de Ecuador. A do Barbanza, Susú Cores, xa tiña rachado teitos de cristal ao se converter na primeira muller en dirixir un equipo masculino de fútbol na Preferente galega, o Boimorto.

A adestradora riveirense acaba de deixar o fútbol galego para afrontar o reto de ver de conquerir a liga feminina ecuatoriana co Independiente del Valle e xogar a Copa Libertadores. Ata ese momento, Susú Cores era a Seleccionadora Galega Sub 15 de fútbol. Cores foi, ademais,  a primeira muller en dirixir un equipo masculino na Rexional Preferente en Galicia, o Boimorto. Esta conversa mantíñamola con ela antes de facerse pública a súa marcha a Ecuador. Xa entón tiña claro que “hai que aproveitar o momento. Facernos valer e demostrar o que podemos facer”.

A.N.: O papel da muller no deporte e xa igualitario ou aínda queda?

Susú Cores:  Non. Agora mesmo avanzamos moito, pero aínda non estamos ao mesmo nivel, non se nos considera a o mesmo nivel.

A.N.: Ao respecto da anterior pregunta, responde Galicia ao patrón estatal ou observas diferencias? En caso de ver diferencias, a situación galega sería mellor ou peor que a estatal?

Susú Cores:  No fútbol en Galicia estase a facer moito para que na base as nenas vexan que poden competir e estar ao mesmo nivel que os homes. Estase cumprindo aquí. Aínda non estamos ao mesmo nivel, pero estanse facendo estratexias cara á igualdade.

Susú Cores, adestradora: “Aínda non estamos ao mesmo nivel, pero estanse facendo estratexias cara á igualdade”

A.N.: En que momento da túa vida tropezaches por vez primeira cunha discriminación por xénero no deporte? Que pasou?

Susú Cores:  Non sufrín discriminación. Nunca tiven limitacións para facer o que me gustaba. Si me atopei con barreiras. Pero, nunca me limitou para nada.

A.N.: Observas que por ser muller existen maiores dificultades para a práctica deportiva a niveis de competición?

Susú Cores:  Hai maior dificultade pola sociedade. Avanzamos moito, xa non é o de antes. Limitan cousas como pensar en ‘deportes de chicas’ ou ‘de chicos’. É unha cuestión social que se limite por xénero para practicar deportes. 

A.N.: Na túa opinión, hai teitos de cristal para o acceso da muller a diferentes postos no mundo do deporte á marxe do papel de deportistas (adestradoras, directivas, preparadoras físicas, etc)?  

Susú Cores:  Hai. Vexo complicado que unha muller poida pertencer a un club profesional masculino. Temos que loitar por iso. Tampouco había ningunha muller adestrando en Preferente. En Boimorto déronme esta oportunidade. Quixeron e propuxéronme adestrar.

Pasiño a pasiño imos rompendo barreiras. Lembro que unha vez perdemos 5-0 e houbo comentarios do tipo “isto é por que é muller”. Non mo din a min directamente, trasládaselle ao club. Pero sempre tiven o apoio do club.

Tamén lembro algún comentario desde a bancada preguntando se estaba ligando cando falaba cun árbitro. Hai que facer oídos xordos. Falando de fútbol se pensa que os que saben son os homes, pero é unha cuestión social.  

Susú Cores, adestradora: “Falando de fútbol se pensa que os que saben son os homes, pero é unha cuestión social”

A.N.: Con respecto a cando empezaches a túa vinculación co deporte, hai agora menos trabas?

Susú Cores:  Cando eu empecei a xogar en Galicia eramos poucos equipos. Agora hai máis conxuntos e hai competicións femininas de base en España, e en Galicia. Avanzouse moitísimo. 

A.N.: Cales consideras que son os principais atrancos que ten hoxe unha muller para desenvolver unha carreira deportiva?

Susú Cores: Os sociais. Non estás igual de pagada cos homes, cada vez máis, pero aínda non podes ser profesional. E se queres ter un fillo, limítate.

A.N.: Pódese vivir do deporte sendo muller?

Susú Cores: Eu coñezo a mulleres que viven do deporte. É complicado. En Galicia moito máis. Está o caso de Vero Boquete, que tivo que marchar fóra. É complicado. O convenio senta uns mínimos. No fútbol feminino, ata hai uns anos, os adestramentos eran ás 21:00 horas por que viñas de estudar ou traballar. E para xogar tiñas que cambiar quendas.

O convenio é un pasiño pequeno, pero no fondo é un paso grande. Establécense uns mínimos que recoñecen que somos futbolistas facendo un traballo. É moito máis simbólico que a cantidade que se reflicta no convenio. Estamos aquí e temos un convenio é moi importante.

Susú Cores, adestradora: “coñezo a mulleres que viven do deporte. É complicado. En Galicia moito máis”

A.N.: Como limita a progresión ter que compaxinar a práctica deportiva con outro tipo de actividades profesionais?

Limita moito. Se tes que adestrar de noite logo de estar traballando ou estudando todo o día, iso nótase a nivel físico ou mental. Ao final tes que buscar unha saída laboral por que co deporte non vives. É esgotador. É difícil compaxinar iso.

Pola contra, un home é futbolista. En categorías baixas xa cobran, xa cotizan. Facemos o dobre ou o triplo de esforzo para poder chegar. Non temos tantas facilidades. Somos fortes e loitamos polo que queremos. Por iso saen as cousas, por que loitamos. Pero hai que seguir avanzando. 

Susú Cores: “Hai que seguir normalizando desde as institucións e dando visibilidade ao deporte feminino”

A.N.: Que mudarías do deporte actual para camiñar cara a unha igualdade plena?

Susú Cores: Seguir traballando e normalizando desde as institucións. Dando visibilidade ao deporte feminino. Que se vexa na tele. Que se nos vexa como deportistas, que se vexa unha igualdade. Que se se retransmiten os partidos masculinos, tamén se faga cos femininos. Por exemplo, co Dépor feminino vemos que se pode ser profesional. É imprescindible ter referentes.

Susú Cores, adestradora: “É imprescindible ter referentes”

A.N.: Hai quen avoga polo deporte mixto máis aló da base como unha posibilidade? Es partidaria?

Susú Cores: Ata unha idade si é bo que o deporte sexa mixto. Ata cadetes. Logo xa hai diferencias físicas que son inegables. A niveis de forzas e condicións, somos diferentes. A partir de aí que cada un compita co seu. Pero non é menos espectáculo nin se devalúa o deporte. Non sería bo para ningún dos dous.

A.N.: Cres que o deporte feminino está a vivir un momento doce?

Susú Cores: Si. Quédanos moito pero agora mesmo estásenos valorando, dándosenos publicidade e visibilidade para que as que veñen por detrás o teñan máis doado. Hai que aproveitar o momento, hai que aproveitalo, facernos valer, demostrar que podemos facelo. É o momento idóneo.

Susú Cores, adestradora: ” agora estásenos valorando, dándosenos publicidade e visibilidade para que as que veñen por detrás o teñan máis doado. Hai que aproveitar, facernos valer e demostrar que podemos facelo”

A.N.: Ao fío desta última pregunta valora de 0-10 (sendo 10 o mellor) o momento actual do deporte feminino nestes ámbitos:

Susú Cores:

  • Resultados deportivos ______________________ 10
  • Visibilidade en xeral na sociedade __________ 6
  • Repercusión mediática ______________________ 6
  • Apoio de seareiros/as _______________________ 8
  • Patrocinios __________________________________ 5
  • Apoio das diferentes administracións ______ 7,5
Etiquetas 8MADESTRADORAfútbolSusú Cores
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.