• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol

Susú Cores: “Estou triste porque me vou, pero ao mesmo tempo moi contenta porque vou facer algo que sempre quixen”

A preparadora ribeirense deixa a Selección Galega Sub-15 e o Boimorto e pon rumbo a Ecuador para afrontar a súa primeira experiencia profesional como adestradora

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/01/2020
en Fútbol
Despedida-Susú-Cores

FUTGAL

211
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Os soños moitas veces fanse realidade. Susú Cores está a piques de realizar o seu, ser adestradora profesional. Terá que deixar atrás a súa Galicia natal e dar o salto ao outro lado do charco, pero será un peaxe menor para unha galega que xa forma parte da historia do fútbol feminino galego.

Esta tempada estaba adestrando ao Boimorto e convertíuse na primeira muller en dirixir a un equipo galego de Preferente. Agora, collerá unha maleta chea de soños para tomar as rendas do conxunto feminino de Independiente del Valle, Las Dragonas da Primeira División de Ecuador. A galega sentarase no banco dun equipo que ten por obxectivo pelexar polo título e clasificarse para a Copa Libertadores. Todo un reto para Susú e un salto na súa exitosa carreira.

 

1 de 6
- +
Despedida-Susu-Cores
Despedida-Susú-Cores
Despedida-Susu-Cores
Despedida-Susu-Cores
Susú Cores / FUTGAL
Despedida-Susu-Cores

“Son días difíciles, e máis cando levas tanto tempo traballando con este grupo. Non quero estenderme demasiado porque levo unha semana coas emocións a flor de pel. Quero agradecer á Federación pola súa aposta, ao director deportivo Manu Fernández pola súa confianza, ás miñas axudantes e resto de compañeiras e a todas as nenas por acompañarme ata aquí”, dicía a adestradora galega.

Susú Cores, adestradora de Las Dragonas: “Son días difíciles, e máis cando levas tanto tempo traballando con este grupo. Non quero estenderme demasiado porque levo unha semana coas emocións a flor de pel”.

Rumbo a Ecuador pero cos deberes ben feitos

Susú quixo deixar todo ben pechado antes da súa aventura en Ecuador. A ribeirense tivo tempo de deixar ao Boimorto nunha boa situación para lograr o seu obxectivo, a salvación. Tamén cumpriu coa Selección Galega Sub-15, que se meteu na segunda fase de Campionato de España.

Susú Cores déixao todo para cumprir un soño. O seu nome xa forma parte da historia do fútbol feminino en Galicia e agora levará o acento galego alén do charco. A ata hai unhas horas Seleccionadora Galega da categoría Sub 15 Feminina, con anterioridade tamén dirixiu á Sub 12, e adestradora do Boimorto que milita na Preferente Galicia, despediuse este mércores das súas xogadoras antes de afrontar a súa aventura.

“Son sentimentos atopados. Estou triste porque me vou, pero ao mesmo tempo moi contenta porque vou facer algo que sempre quixen. Son as vixentes campioas de liga e considero que é unha experiencia bonita. Son 24 horas de fútbol, algo que eu sempre quixen”, apunta a preparadora ribeirense.

Susú Cores, adestradora de Las Dragonas: “Son sentimentos atopados. Estou triste porque me vou, pero ao mesmo tempo moi contenta porque vou facer algo que sempre quixen”.

Un adeus moi emotivo

O de onte foi un día de emocións no campo da USC, en Santiago de Compostela. Foi o último adestramento de Susú Cores coa Selección Galega Sub 15, un combinado que en febreiro disputará a segunda fase do Campionato de España en Elda (Alacante). A galega dirixiu a sesión e ao termo da mesma despediuse do seu staff e das súas futbolistas.

Na despedida tamén estivo presente o presidente da RFGF, Rafael Louzán, quen agradeceu a Susú o seu compromiso e dedicación coa Federación, desexou toda a sorte do mundo a Vicky Vázquez (a súa axudante ata a data e que desde onte colle o mando do equipo) e entregou á preparadora galega unha camiseta da Selección Galega co seu nome ás costas.

Despedida-Susú-Cores
Rafael Louzán entregando a camiseta a Susú | FUTGAL

As sorpresas non acabarían aí, posto que as xogadoras tamén sorprenderon a Susú cunha montaxe fotográfica que lembrou o seu paso pola Selección desde o ano 2015.

 

De compartir vestiario con Vero Boquete a seleccionadora

A chama do fútbol prendeu na preparadora ribeirense cando tiña 13 anos. Aos 17, Susú Cores (Ribeira, 1985) xa debutaba como adestradora de categorías base e o seu nome xa forma parte da historia do deporte rei galego.

O seu paso polo Xuventú Aguiño como xogadora motivou á ribeirense para formarse como adestradora e preparadora física. Susú Cores saboreou os doces meles do fútbol naquel Xuventú Aguiño que militou en Liga Nacional e no que compartiu vestiario con Vero Boquete. Sempre unida ao céspede, exerceu desde o 2015 como seleccionadora galega feminina, primeiro co equipo Sub 12 e agora co Sub 15. A iso súmalle a súa primeira experiencia cun equipo masculino, o Boimorto de Preferente. Toda unha carreira de moito esforzo e éxitos no que agora está a recoller os froitos do traballo ben feito.

https://twitter.com/futgal/status/1220389047522201600

Carta de despedida de Susú Cores

Nunca me gustaron as despedidas, e esta non será unha delas, senón un ata pronto!

Vivín cinco anos de alegrías, de subidóns, de baixóns… En definitiva, de EMOCIÓNS! E iso é o que me levo dentro e o que me fixo crecer en todos os aspectos da miña vida!

Moi agradecida á Real Federación Galega de Fútbol pola oportunidade, pola confianza, polo apoio, por deixar facer, polo camiño…

Grazas Manu Fernández por seguir confiando!

A todo o corpo técnico, sempre ao voso carón, sempre como unha familia!

E a vós, ás grandísimas xogadoras que levades dentro, grazas por deixarme acompañarvos no camiño e ensinarme tanto. Sei que seguiredes crecendo e estarei encantada de velo. O fútbol non sempre foi xusto e agardo que algún día déavos todo o que merecedes. Sodes unhas auténticas guerreiras. É unha honra ver como loitades e sentides estas cores, sodes exemplo!

Empezo unha nova etapa lonxe, pero sempre estarei preto. Eternamente agradecida.

1..2..3 GALICIA!!!

Susú Cores

Despedida-Susu-Cores
FUTGAL
Etiquetas fútbolselección galegaSusú Cores
Comparte11Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.