Un chío de Susana Rodríguez Gacio facía saltar as alertas hoxe cando a deportista paraolímpica galega publicaba na súa conta de twitter que tras 12 tempadas como triatleta en Galicia, cambiaba “buscando un proyecto deportivo de otra comunidad autónoma donde el paratriatlón y las categorías menores tenga el hueco que merecen”.
12 temporadas como triatleta en Galicia ♥️🏊♀️🚲🏃♀️. Es momento de cambiar buscando un proyecto deportivo de otra comunidad autónoma donde el Paratriatlón y las categorías menores tengan el hueco que merecen. Seguro lo encontraré!
📷 Copa Africa Larache 2011 pic.twitter.com/dHUXeSwdvU— Susana Rguez. Gacio (@SuRGAcio) December 9, 2021
A laureada paratriatleta recibía o apoio da afección na súa conta de twitter. A marcha de Susana Rodríguez Gacio so se refire á modalidade de triatlón.
Tal e como máis tarde informaba a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia: “A deportista viguesa Susana Rodríguez Gacio seguirá a ser deportista galega de alto nivel e competindo por Galicia vinculada á Federación Galega de Atletismo, no marco da que vén de crear o seu propio club de atletismo adaptado, da man do seu guía, Celso Comesaña“.
Segundo explican desde a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia “que Susana Rodríguez Gacio acuda a outra comunidade autónoma para prepararse como triatleta reflicte tan só unha serie de diferenzas coa Federación Galega de Tríatlon. Galicia é unha comunidade pioneira no pulo ao deporte adaptado como demostra ter igualado as axudas concedidas a deportistas olímpicos e paralímpicos”.
Susana Rodríguez Gacio seguirá a ser deportista galega de alto nivel
Neste sentido desde o departamento autonómico sosteñen que a deportista Susana Rodríguez Gacio, “seguirá a ser unha das 540 deportistas galegas de alto nivel e seguirá recibindo as axudas da Xunta de Galicia como ocorreu nos últimos Xogos de Toquio“.
O pasado 19 de novembro a deportista xa deixaba caer na súa conta de Instagram que ían producirse novidades na súa carreira deportiva. “Pronto teredes novas dun interesante proxecto que temos entre mans xunto cos mellores compañeiros de viaxe”, dicía daquela a galega.
Ver esta publicación en Instagram