• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Susana Rodríguez Gacio, unha triatleta de ouro

A deportista viguesa acada o campionato paralímpico xunto á súa guía, Sara Loehr, co que engorda aínda máis o seu enorme palmarés

Silvia Carregal por Silvia Carregal
28/08/2021
en Máis Deporte, Atletismo, Máis disciplinas deportivas, Sobre rodas
Imaxe de arquivo de Susana Rodríguez Gacio alzándose co ouro na Copa do Mundo de Paratríatlon / FETRI

Imaxe de arquivo de Susana Rodríguez alzándose co ouro na Copa do Mundo de Paratríatlon / FETRI

214
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A calor, a humidade e a proba máis dura de todas, o tríatlon, non foron rivais para unha Susana Rodríguez Gacio que chegaba a Tokyo 2020 coa bitola de favorita e non defraudou.

A viguesa estivo por encima das súas rivais. Competiu a un nivel enorme. Completou o percorrido cun tempo de 1:07:15 sacándolle á segunda clasificada, a italiana Anna Barbaro nada menos que 3:56, case catro minutos. Impresionante.

⚡️ La cuarta noche en #Tokyo2020 deja 6⃣ medallas para España #ParalímpicosRTVE28A https://t.co/959AqSA4Jb

— RTVE Deportes (@deportes_rtve) August 28, 2021

Un número capicúa, o 606 podía lerse nos seus brazos e pernas, tamén nos de Sara Loehr, a súa deportista de apoio. É o dorsal co que esta galega, doutora en medicina, albina e cunha visión de menos dun 10% vén de facer historia outra vez. E as que quedan, por que xa lles digo que esta muller, non parece ter límites nin na vida, nin no deporte!

Comandou a competición nas tres disciplinas

Susana Rodríguez Gacio empezou a coller vantaxe fronte ás súas rivais desde o primeiro deporte, a natación. A deportista galega saía da auga, logo de nadar 750 m nas quentes augas da bahía do Parque Marino de Odaiba cun tempo de 12:29 e 17 segundos por diante da segunda que xa era a triatleta italiana.

Culminou a transición á bicicleta invertindo 1:17 e empezou a rodar. Fixo os primeiros 5 quilómetros en 7:53, rebaixounos na segunda volta ao circuíto a 7:44. Deixou a terceira en 7:50 e acusou o esforzo sobre o tandem na última volta que fixo en 8:09.

Novamente transición, esta vez do tandem á carreira a pé. Invertiu 57 segundos. Tamén na disciplina atlética Susana Rodríguez Gacio empezou máis forte que rematou con tempos máis longos (4:34, 5:21 e 5:17) facendo a última volta en 5:44.

A suma das tres disciplinas dá esa hora sete minutos e quince segundos que a suben ao máis alto do podio paralímpico.

Por detrás, quedou, a 3:56, a parella conformada pola italiana Anna Barbaro e a súa guía Charlotte Bonin, que foron prata. O bronce correspondeu á francesa Annouck Curzillat que tiña por deportista de apoio a Celine Bousrez. A diferencia das galas con Susana Rodríguez Gacio e Sara Loehr foi de 4:30. So dous segundos detrás entraron as británicas Alison Peasgood e Nikki Bartlett.

A aperta na que se funden as deportistas españolas ao cruzar a liña de meta fala do esforzo, de tanto tempo de traballo recompensado co premio máis grande, o ouro paralímpico. Si, certamente, canda menos nos Xogos e en Toquio, a súa sexa a aperta máis linda do día.

El abrazo ́ del día. ❤️

¡Gracias por este día tan especial, @SuRGAcio! ✨#Tokio2020 #JuegosParalimpicos@Paralimpicos

— #Tokio2020 en Español (@Tokyo2020es) August 28, 2021

Na propia páxina oficial dos Xogos Paralímpicos destacan que a galega é a primeira española en gañar un ouro na modalidade de tríatlon. Susana, segue a facer historia con cada paso que da. E non parece ter límites. Nesa mes crónica din que “a vitoria de Rodríguez é un testimonio da súa resiliencia como atleta e como persoa”, como dicimos por estas terras, unha verdade coma un puño.

O palmarés de Susana Rodríguez Gacio, suma e segue

Este ouro nos Xogos Paralímpicos de Tokyo 2020 súmase a un longo palmarés ao que a triatleta viguesa non para de sumar títulos. Este, sen dúbida, será un dos máis importantes. Se cadra por ser o primeiro doutros éxitos paralímpicos que chegarán. Quen sabe se será incluso mañá mesmo, na proba de atletismo dos 1.500m co tamén galego Celso Comesaña como deportista de apoio. A oportunidade está aí, non descartemos que á viguesa aínda lle queden folgos abondo para atacar con garantías a media distancia.

Acontece o que acontece na proba de atletismo, estes Xogos Paralímpicos e a cidade de Toquio serán algo que a nosa triatleta nunca esquecerá.

Foi un ciclo olímpico raro, no que unha pandemia irrumpiu para darlle a volta a todo, pero no que Susana non deixou de facer o que máis lle gusta: aportar o seu saber como médica e manterse no máis alto da elite do deporte mundial na súa disciplina. E iso que algunha vez ten declarado que o deporte axúdalle a desconectar. Bendita desconexión que ven tinxida de ouro e adornada do loureiro das campioas do olimpo!

¡La emoción de un país! Susana Rodríguez (@SuRGAcio) y Sara Loehr se cuelgan la medalla de oro en triatlón PTVI #ParalímpicosRTVE28A

https://t.co/RhDvCcdM4q pic.twitter.com/dkJdXS3mlE

— Teledeporte (@teledeporte) August 28, 2021

Na lista de logros de Susana Rodríguez Gacio estos son algúns dos máis salientables:

  • Campioa na Copa do Mundo de paratriatlón PTVI (2021)
  • Ouro no Europeo de paratriatlón PTVI (2019)
  • Ouro no Mundial de paratriatlón PTVI (2018)
  • Bronce no Europeo de Triatlón PT5 (2015 e 2016)
  • Bronce no Mundial de Triatlón PT5 (2014 e 2015)
  • Subcampioa do Mundo Triatlón TRI-6B (2013)
  • Campioa do Mundo Triatlón (2012)
  • Campioa do Mundo Duatlón (2011 e 2012)

Consulta os tempos da final de tríatlon PTVI que gañou Susana Rodríguez Gacio

CAMPEONAS PARALÍMPICAS🥇 No tengo palabras para expresar lo que siento… ❤️💪🏻 Gracias a todos los que me habéis apoyado en el camino 🌍 pic.twitter.com/8UK34NDVHR

— Susana Rguez. Gacio (@SuRGAcio) August 28, 2021

Etiquetas Campioa paralímpicaouroParatriatlónSara LoehrSusana RodríguezSusana Rodríguez GacioTokyo 2020toquiotríathlontriatlónXogos ParalímpicosXX.PPXXPP
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade

Os premios Deporte Galego dos anos 2023 e 2024 recoñecen o traballo de 48 persoas e entidades

por Redacción As Nosas
03/09/2025
0

Teresa Abelleira, Adrián Ben, Melania Rodríguez, Rodrigo Corrales, Jorge Prado, Susana Rodríguez, Judith Rodríguez, Adiaratou Iglesias, Gustavo Dacal, Martín de...

Sara Guerrero, campioa de España de tríatlon olímpico na Coruña / FETRI

Sara Guerrero repite como campioa de España de Tríatlon Olímpico

por Redacción As Nosas
01/06/2025
0

  A triatleta galega Sara Guerrero revalidaba onte, sábado 31 de maio, o seu título de Campioa de España de...

Presentación do Campionato de España de Tríatlon 2025 que acollerá A Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Un milleiro de triatletas competirán no Campionato de España de Tríatlon 2025

por Redacción As Nosas
30/05/2025
0

  O Campionato de España de Tríatlon 2025, a proba individual sobre distancia olímpica de referencia no calendario da Federación...

Sara Guerrero, terceira na Copa do Mundo de Triatlon / FETRI

Sara Guerrero, bronce na Copa del Mundo de Chengdu

por Redacción As Nosas
11/05/2025
0

  Sara Guerrero sube ao terceiro caixón do podio na Copa do Mundo de tríatlon celebrada en China.  A triarmada...

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior / XUNTA DE GALICIA

Lete Lasa enxalza os resultados dos 46 olímpicos e paralímpicos en parís que continúan a excelente senda de Toquio

por Redacción As Nosas
18/09/2024
0

  José Ramón Lete Lasa destaca dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París 2024 a igualdade nos éxitos (as 11...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
HC Coruña vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O CP Vila-Sana imponse ao HC Coruña 1-4 deixando claro por que son as millores do mundo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
HC Coruña vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O CP Vila-Sana imponse ao HC Coruña 1-4 deixando claro por que son as millores do mundo

06/12/2025
As futbolistas do Dépor ABANCA festexan un gol de Ainhoa Marín en Riazor ante o Granada | @wykazszkowski

Dépor ABANCA acada tres puntos de ouro e reconcíliase coa súa mellor versión ante o Granada CF (2-0)

06/12/2025
Partido do HC Coruña disputado en Riazor contra o CP Las Rozas / MANU BOUTUREIRA

O ‘Tourmalet’ comeza en Riazor para o HC Coruña que se mide ao CP Vila-Sana Coop D’Ivars

06/12/2025
Plan Patrocinio Equipos Alta Competición Galicia Tempada 2025/2026 da Xunta de Galicia, 1.ª Fase / XUNTA DE GALICIA

O Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición da Xunta chega á súa 17ª edición con 2,2M€ e 117 equipos convidados para a 1.ª fase

05/12/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.