Logo dunha intensa fin de semana con boas novas, como ser elixida filla predilecta de Mondoñedo ou disputar a súa primeira Cross, a Susana Rodríguez Gacio chegaballe unha mala noticia. A deportista, que ademais é médica, resultou positiva en COVID-19.
Segundo comunicaba a propia paratriatleta Susana Rodríguez Gacio a través da súa conta en twitter, tras varios días cansa, algo que achacaba as idas e vidas das últimas datas, a deportista notou que “algo ía mal coa respiración” que tiña un “pulso moi alto para os ritmos de adestramento e carreira”.
Finalmente a resposta estaba nun test de antixenos cuxa foto compartía a campioa paraolímpica Susana Rodríguez en redes coa afirmación: “Teño coronavirus. Toca descansar uns días”.
Llevaba varios días cansada, !cómo no iba a estarlo cn el l ajetreo d estos últimos meses!, pero desde ayer algo iba mal cn la respi y un pulso muy alto para los ritmos d entreno y carrera… Tengo coronavirus.Toca descansar unos días. pic.twitter.com/oMoyrmqIM1
— Susana Rguez. Gacio (@SuRGAcio) December 20, 2021