A xornada comezou cunha charla coloquio na que participaron ademais da propia Susana Rodríguez Gacio, o seu guía Celso e os seus adestradores Luis Piña e Ramón Troncoso, nunha ateigada Casa da Xuventude, contando con Raúl Redondo González Ares, o técnico de Deportes do Concello de Mondoñedo como anfitrión.
Posteriormente, no auditorio da vila celebrouse o acto institucional de nomeamento da deportista paraolímpica Susana Rodríguez Gacio como filla predilecta de Mondoñedo, que contou coa presencia da súa familia, amigos, veciños e diversas autoridades.
Na mesma xornada houbo unha sesión técnica de atletismo que contou coa dirección de Susana Rodríguez Gacio e do seu equipo de traballo. Sen dúbida foi unha data histórica para a vila mariñana.
A corporación de Mondoñedo estivo presente ao completo, liderada polo alcalde Manuel Otero e a vicevoceira do PP no Parlamento Galego, Elena Candia. Ademais estiveron presentes o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, o xefe do Servicio Provincial de Deportes, Manuel Otero, o deputado provincial, Roberto García e o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Suso Vázquez.
Primeira proba de cross de Susana Rodríguez Gacio
Amosando unha vez máis que se atreve con todo, Susana Rodríguez Gacio afrontaba ao día seguinte, o domingo 19 de decembro, a súa primeira proba de cross. Unha modalidade de atletismo na que o terreo non é regular e que, polo tanto, supón unha dificultade engadida para a deportista paralímpica.
Segundo explicaba a deportista tiña “moitas ganas de vivir a experiencia de correr un cross e tiven a oportunidade de facelo na 44 edición do Cross de San Miguel de Oia”. A carreira foi un reto para Susana Rodríguez Gacio que corría xunto a Celso Comesaña como deportista de apoio, explicaba que o “terreo era moi complicado para min ao non saber onde apoiaba os pés. Segundo os quilómetros ían avanzando custábame máis manter a concentración”.
A atleta galega Susana Rodríguez Gacio declaraba tras correr o Cross de San Miguel de Oia: “O terreo era moi complicado para min ao non saber onde apoiaba os pés. Segundo os quilómetros ían avanzando custábame máis manter a concentración”
A atleta salientou o traballo de Celso Comesaña para o que tamén era a súa primeira carreira de cross como guía “en todo o percorrido non fallamos na coordinación en ningunha zancada”, aseguraba Susana Rodríguez Gacio.
Ver esta publicación en Instagram