• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Sullastres: «O Dépor apostou por min cando estaba no pozo»

A gardamallas do conxunto herculino agradeceu a aposta do club por ela cando acumulaba un período largo de inactividade polas lesións | A porteira lamenta a posible saída de xogadoras con moita proxección pero asegura que o proxecto "segue sendo o mesmo"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/04/2020
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Sullastres, RC Deportivo / SABELA MOSCOSO

Sullastres, RC Deportivo / SABELA MOSCOSO

196
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Esher Sullastres compareceu este luns en rolda de prensa virtual e analizou a situación actual do conxunto galego nesta corentena debido ao COVID19. A gardamallas maña tamén fixo unha valoración sobre a posible saída de xogadoras importantes de cara a tempada que vén e recoñeceu que intenta falar galego un día á semana para practicalo e que non se perda.

Sullastres mostrouse moi agradecida ao Dépor por apostar por ela cando estaba nun momento moi delicado por mor das lesións e mostrase compresiva coas posibles ofertas de varios equipos a xogadoras con moito potencial como Tere ou María Méndez: «Son xogadoras con moita proxección, novas e que fixeron unha campaña espectacular. Entendo que teñan ofertas e que poidan tomar a decisión de irse. No caso de que o fagan, o proxecto segue sendo o mesmo. Eu estou moi a gusto no Dépor e moi agradecida de que apostasen por min cando estaba no pozo».

Sullastres Deportivo ABANCA - FC Barcelona
Sullastres Deportivo ABANCA – FC Barcelona | RCD

Sullastres, porteira do Dépor: «Entendo que teñan ofertas e que poidan tomar a decisión de irse. No caso de que o fagan, o proxecto segue sendo o mesmo. Eu estou moi a gusto no Dépor e moi agradecida de que apostasen por min cando estaba no pozo».

A cancerbeira falou do modelo que cre que debe seguir o club, destacando a figura de xente moi nova e con moito futuro como María Méndez ou Athenea: «O proxecto segue a ser ambicioso, de descubrir xente nova como este ano con Pecas ou Athenea. Xente que estaba en Segunda e de moito potencial».

Sullastres, porteira do Dépor: «O proxecto segue a ser ambicioso, de descubrir xente nova como este ano con Pecas ou Athenea. Xente que estaba en Segunda e de moito potencial».

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Rexurdir tras más de un ano e medio parada

A xogadora de Zaragoza valorou esta tempada de debut na Liga Iberdrola moi positivamente e destacou que «foi espectacular para todas, é unha pena que se vaia a quedar a medias. Ao final estabamos aí cuartas, pelexando a terceira praza… e agora viña o máis bonito. Foi unha tempada positiva. Viña de máis de ano e medio parada e foi un pouco o rexurdir. Persoalmente creo que foi unha gran tempada con grandes remontadas e partidos inovidables. Esa alternancia na portería fai que non baixe os brazos e que teña que loitar polo posto e creo que saíu ben e alcancei un nivel bastante alto».

Sullastres, porteira do Dépor: «Viña de máis de ano e medio parada e foi un pouco o rexurdir. Persoalmente creo que foi unha gran tempada. Esa alternancia na portería fai que non baixe os brazos e que teña que loitar polo posto e creo que saíu ben e alcancei un nivel bastante alto».

RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao/ SABELA MOSCOSO
RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao/ SABELA MOSCOSO

«Non sei se ao final Misa vaise ir, pero se se vai e ten que vir alguén, recibirémola cos brazos abertos»

Precisamente, esa alternacia na porta con Misa foi un dos motivos do gran nivel demostrado por Sullastres esta tempada e falou deste xeito da relación que garda coa súa compañeira e competecia directa por un posto na portaría: «Levámonos ben, axudámonos no que faga falta. Síntome moi ben con ela e coas porteiras que viñan adestrar do filial. Formamos un bo grupo de adestramento e tiñamos a dinámica pillada. Foi unha rivalidade sa, boa competencia, ás veces xogaba unha e ás veces outra. Non se se ao final vaise a ir, non adoito estar pendente de rumores. Pero se se vai e ten que vir alguén, recibirémola cos brazos abertos»

Sullastres, porteira do Dépor: «Foi unha rivalidade sa, boa competencia, ás veces xogaba unha e ás veces outra. Non se se ao final vaise a ir, non adoito estar pendente de rumores. Pero se se vai e ten que vir alguén, recibirémola cos brazos abertos»

Eshter tamén tivo unhas verbas sobre a súa adaptación ao club galego e as ganas de superarse para conseguir un posto de titular: «Ao principio custoume un pouco. Sobre todo a nivel táctico ou a toma de decisións. É complicado, pero estaba tranquila porque é algo que se mellora co tempo. Agora estaba nun bo momento, tamén animicamente. A alternancia é normal. Non vou pedir ser indiscutible despois dun ano e medio de lesión. Iso fixo que queira ser titular e adestre co coitelo entre os dentes. Creo que agora estaba nun nivel bastante alto, a ver se o podo manter».

Sullastres, porteira do Dépor: «Foi unha rivalidade sa, boa competencia, ás veces xogaba unha e ás veces outra. Non se se ao final vaise a ir, non adoito estar pendente de rumores. Pero se se vai e ten que vir alguén, recibirémola cos brazos abertos»

RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao/ ENE IRIMIA
RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao / ENE IRIMIA

«Gústame ver que os adestramentos fan efecto»

Sobre o período de confinamento indica que «un bo deportista ten que adaptarse a calquera situación» e que logrou sacar partido ás cousas que tiña por casa (gomas, pesas…) para poñerse en forma. «Estamos a descubrir que fose do ximnasio pódese estar moi a ton. Teño moitas ganas de volver adestrar», subliña. Pola súa banda, conta que o seu día a día é «moi aburrido. É agora o momento de meterlle cana ao músculo, de que se fatigue e estou a ver resultados. Eu son de constitución fina e gústame ver que os adestramentos fan efecto», indica.

«Intento falar galego un día á semana»

Sullastres é unha namorada dos idiomas e da cultura. Demostrouno cunhas verbas en galego e recoñecendo que sempre que pode saca tempo para falar en galego co seu mozo: «Intento non esquecer o galego. Agora mesmo non estou na Coruña, pero no meu día a día téntoo practicar sempre con xente do club, sobre todo Miguel que me axuda moito. Estou en Zaragoza co meu mozo, que é galego, e practicámolo. Temos un día á semana para falar en galego os dous. Para que non se perda, rirnos e pasar o intre. Encántame. Sempre digo que aprender un idioma ábreche á cultura, á xente que vive nesa zona, a súa maneira de pensar e de vivir».

Sullastres, porteira do Dépor: «Estou en Zaragoza co meu mozo, que é galego, e practicámolo. Temos un día á semana para falar en galego os dous. Para que non se perda, rirnos e pasar o intre. Encántame».

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

En canto a os mellores momentos desta tempada, a maña recoñece que «hai dous que non vou esquecer. O debut ante o Espanyol en Abegondo e o debut en Riazor na Copa. Para o meu son momentos clave da tempada. A nivel individual o de Copa contra o Barça».

Sullastres, porteira do Dépor: «Hai dous que non vou esquecer. O debut ante o Espanyol en Abegondo e o debut en Riazor na Copa. Para o meu son momentos clave da tempada. A nivel individual o de Copa contra o Barça».

En canto ao modelo exprés proposto pola Federación para acabar coa competición, a xogadora maña afirma: «A todo o mundo encantaríalle acabar a tempada, pero ten que prevalecer a saúde propia. Se a RFEF decidiu isto será o correcto».

Sullastres, porteira do Dépor: «A todo o mundo encantaríalle acabar a tempada, pero ten que prevalecer a saúde propia. Se a RFEF decidiu isto será o correcto».

Ademais, tamén agradeceu o bo xesto do equipo masculino do Dépor, que co seu recorte salarial evitou un ERTE no club. «A primeira plantilla de equipo masculino portouse fenomenal e estamos moi agradecidas por iso».

Etiquetas Dépor ABANCADeportivo ABancaentrevistaEsther SullastresfútbolLiga Iberdrolarolda prensa virtual
Comparte16Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Minuto de silencio en memoria de María del Carmen Díaz, socia nº 49 do RCD, e Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife, antes da disputa do partido Dépor ABANCA vs Valencia CF Femenino, Liga F, partido disputado no Estadio ABANCA - Riazor / S.M.

Infortunio para o Dépor ABANCA que non atina co gol e acaba derrotado en Riazor ante un Valencia que colle folgos (0-2)

por Silvia Carregal
10/11/2026
0

Pagou caro o Dépor Abanca non materializar todas as ocasións das que dispuxo na primeira metade do seu partido contra...

Presentación do 'Palco sensorial' en Balaídos pensado para persoas con trastorno do espectro autista (TEA) / FUTGAL

Balaídos conta cun ‘Palco sensorial’ destinado a que persoas con trastorno do espectro autista (TEA) gocen mellor do fútbol

por Redacción As Nosas
08/10/2026
0

Un grupo de persoas con trastorno do espectro autista (TEA) poderán gozar mellor dos partidos do Real Club Celta de...

Presentación da "I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala" organizada pola RFGF e AGAXEDE / FUTGAL

Presentada a «I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala»

por Redacción As Nosas
02/10/2026
0

A sede da  Federación Galega de Fútbol (RFGF) na Coruña albergou este venres a presentación oficial da "I Xornada de...

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Minuto de silencio en memoria de María del Carmen Díaz, socia nº 49 do RCD, e Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife, antes da disputa do partido Dépor ABANCA vs Valencia CF Femenino, Liga F, partido disputado no Estadio ABANCA - Riazor / S.M.

Infortunio para o Dépor ABANCA que non atina co gol e acaba derrotado en Riazor ante un Valencia que colle folgos (0-2)

10/11/2026
Podio feminino do Campionato Galego de atletismo sub-20 de clubs 2026 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Sanysec-Ourense e Atletismo Sada, campións galegos Sub-20

13/10/2026
Vitoria do Durán Maquinaria Ensino en Lugo na LF Endesa / ENSINO LUGO

Vitorias para Ensino e BAXI na 3.ª xornada da LF Endesa na que o Celta colleita a súa 3.ª derrota

11/10/2026
A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

11/10/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.