• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Sullastres: “Cremos no que facemos, no noso xogo e no noso sistema”

A gardameta do Dépor ABANCA reforza a idea do vestiario de que a salvación é posible | Tras o empate ante o Atlético, a liña da permanencia está a catro puntos

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
21/05/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Rueda de prensa de Esther Sullastres, porteira do Dépor ABANCA / RCD

Rueda de prensa de Esther Sullastres, porteira do Dépor ABANCA / RCD

203
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

O Dépor ABANCA segue vivo e coleando na Primera Iberdrola, coa permanencia a catro puntos de distancia. Os ánimos no vestiario branquiazul están polo alto tras o costoso empate ante o Atlético de Madrid, e o plantel vése capaz de lograr a xesta da salvación. A gardameta Esther Sullastres asegura que “cremos no que facemos, no noso xogo e no noso sistema”.

Na presente tempada, as coruñesas non están a actuar como un rival forte se xogan como visitantes. Só foron quen de puntuar en catro ocasións, sendo a última o 1-1 ante as colchoneras. Un punto que non serve para achegarse ao obxectivo de salvar a categoría, pero que “obviamente reforza”. Máis aínda tendo en conta o nivel do rival.

Con todo, o Dépor ABANCA xa non atende aos escudos dos seus contrincantes “só queremos gañar e iso dános igual”, apunta a gardamallas.

O Dépor ABANCA soña en alto e asina táboas

O vestiario do Dépor ABANCA está motivado

As xogadoras de Manu Sánchez atopáronse no Wanda a un equipo madrileño que non está a pasar polo seu mellor momento da tempada. Malia isto, e rematar o partido en táboas, Sullastres considera que “rascar un punto ao campo do Atleti é un fito importante”.

As branquiazuis van avanzando na dirección correcta, polo que a porteira recalca que “temos que seguir nesta dinámica”. Un solitario punto nun momento de necesidade máxima non é suficiente, pero a xogadora prefiere quedarse co “gran traballo” do equipo galego. “Hai que seguir porque estamos moi contentas co resultado e a por todas contra o Sporting“, engade.

Esther Sullastres, Dépor ABANCA / RCD
Esther Sullastres, Dépor ABANCA / RCD

O partido do mércores serviu como unha motivación extra, pero tamén supón un desgaste engadido. Sullastres admite que varias xogadoras están tendo unha carga bastante alta, pero “agora xestiónanse ben estes días. Estamos xa “acostumadas” a xogar entre semana. Confiamos no sistema e imos a morte a por elo”.

Un equipo distinto ao da primeira volta

No encontro disputado en terras madrileñas puidose ver un enfrontamento ben distinto ao da primeira volta. No partido xogado en Riazor, as colchoneras venceron por un 1-8, e unha volta despois as branquiazuis foron quen de tratar de ti a ti ao Atlético de Madrid.

Para Esther Sullastres, a clave está en que o Dépor ABANCA xa non toma tantos riscos atrás. “É unha cousa que viñamos facendo na primeira volta. Estabamos intentando sacar o balón desde atrás xogado con presión alta do rival e creo que perdemos moitos balóns así. Xa nos primeiros vinte minutos estabas por debaixo do marcador”, recorda.

Esther Sullastres: “Agora tomamos os menos riscos posibles e intentamos que se disputen os balóns no medio do campo para que cheguen ás dianteiras canto antes mellor”

Este sistema de xogo pode ser vistoso para o público, pero a catalá sinala que “non temos xogadoras para facelo nin o tempo necesario para adaptar ás novas a este xogo”. Por iso, agora “tomamos os menos riscos posibles e intentamos que se disputen os balóns no medio do campo para que cheguen ás dianteiras canto antes mellor. Parece que está a funcionar”.

RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao/ SABELA MOSCOSO
RC Deportivo contra Athletic Club de Bilbao/ SABELA MOSCOSO

Outro punto fraco das deportivistas está nos goles a balón parado. A futbolista subliña que “é unha das razóns polas que estamos abaixo”. Por este motivo, explica que nos adestramentos inciden neste tipo de xogadas: “Aínda que non se note, porque encaixamos un máis, realmente estamos incidindo, adestrando como defender córneres e faltas laterais”.

Como porteira, Sullastres está “pendente do tiro, xa que hai dúas xogadoras, tampouco podo estar máis fóra, é un balón que remátase na área pequena, pero teño que estar pendente do tiro”.

Cunha xogada a balón parado chegou o gol do Atlético de Madrid o pasado mércores: “Creo foi unha sucesión de fallos, tanto resbalón de Eva, como a marca de Iris como a non saída miña. Hai que ser conscientes de que cada gol pesa moitísimo e, como sexa, pero temos que defendelo mellor”.

Sullastres e as branquiazuis céntranse só nos seus partidos

A Primera Iberdrola está xa na súa fase final, co descenso aínda por decidir. As branquiazuis ven a salvación “factible”, principalmente atendendo ao Rayo. As vallecanas, que marcan a zona de descenso, teñen por diante “partidos difíciles”.

Esther Sullastres: “Se gaña o Betis é bo para nós, pero se non gañamos non vale de nada”

Esta mesma fin de semana as madrileñas xogarán contra as andaluzas do Betis, nun encontro que pode determinar o futuro do Dépor ABANCA. Porén, isto non preocupa demasiado ás coruñesas, xa que “se gaña o Betis é bo para nós, pero se non gañamos non vale de nada. Primeiro é gañar e logo estar pendentes”, apunta a 1 do club herculino.

Dépor ABANCA / RCD
Dépor ABANCA / RCD

O “compoñente emocional” supera ás complicacións físicas

Para sobrepoñerse a unha tempada esixente, as futbolistas dirixidas por Manu Sánchez guíanse polo sentimento antes que polo corpo. “Hai un compoñente emocional que supera ao físico, que é que todas desexamos estar en Primeira co Dépor e salvarnos”, explica Sullastres.

Esther Sullastres: ” Hai xogadoras que xogan tocadas. Aquí cada unha aporta o seu gran de area para sumar”

“Cando o desexo é tan grande a xente fai un esforzo, hai xogadoras que xogan tocadas. Aquí cada unha aporta o seu gran de area para sumar”, engade.

E non está a ser nada doado. Este é un curso “difícil” e “raro” en palabras da porteira. Por un lado, a pandemia condicionou o ambiente normal nos partidos, cun Abegondo baleiro e unha chea de restricións.

No ámbito deportivo, os resultados non acompañaban. “Ves que as cousas non saen. Reforza a teoría de que o fútbol é un estado de ánimo. Estivemos abaixo desde o inicio de tempada e agora vémonos con posibilidades de saír”, sinala máis optimista.

Esther Sullastres: “Sentir esa confianza faime tomar mellores decisións, non estar pendente dos fallos e nese sentido estou moi contenta”

A nivel persoal a sorte e o éxito sorríen máis a Sullastres. Nos últimos partidos é unha peza fundamental do debuxo de Manu Sánchez, algo que a futbolista considera que “é o que todo xogador quere, xogalo todo. Adestro para isto e a tranquilidade que aporta a continuidade, sobre todo nun posto como a portería é moito máis importante que calquera tipo de preparación. Sentir esa confianza faime tomar mellores decisións, non estar pendente dos fallos e nese sentido estou moi contenta”.

Seguinte rival: o Sporting de Huelva

O seguinte rival a bater será o Sporting de Huelva, un equipo que ten “un xogo directo” nun “campo moi pequeno e artificial”. A porteira agarda a un equipo forte na casa, pero coa tranquilidade de estar a dez puntos do descenso.

“Hai que aproveitarse do momento e nós imos moi necesitadas e elas teñen un calendario adquirible. Así que hai que aproveitarse deste momento. Hai que ir mentalizadas en facer o noso e xa está”, finaliza.

Etiquetas Dépor ABANCAdeportivoEsther SullastresfútbolLiga Iberdrola FútbolPrimera IberdrolaRC DeportivoRCDSullastres
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Lóstrego, campión da Liga Galega Alevín Feminina / RFGF

O Lóstrego CF proclámase campión da Liga Galega Alevín Feminina de fútbol

por Redacción As Nosas
31/05/2025
0

O Lóstrego CF levantou o trofeo de campión da Liga Galega Alevín Feminina na fase final que se disputou esta...

A colexiada galega Selina Álvarez Blanco e a árbitra asistente Natalia Edith Pereyra, no Torneo Xuvenil Feminino da RFEF / RFGF

Selina Álvarez e Natalia Pereyra, dúas colexiadas galegas, no Torneo Xuvenil Feminino da RFEF

por Redacción As Nosas
23/05/2025
0

A árbitra Selina Álvarez Blanco e a árbitra asistente Natalia Edith Pereyra son a representación da arbitraxe galega no Torneo Xuvenil Feminino que...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA continuará na elite do fútbol feminino nacional

por Martín Pais
11/05/2025
0

  O Dépor ABANCA continuará a vindeira tempada onde merece estar: na elite do fútbol feminino nacional, tras un empate...

Celebración do ascenso a Segunda Federación das Celtas / RC CELTA DE VIGO

Dépor Abanca B e As Celtas ascenden a Segunda e o Sárdoma CF xogará o ‘play-off’

por Redacción As Nosas
05/05/2025
0

  Ascenso para dous equipos galegos da Terceira á Segunda Federación. O filial do Depor ABANCA e As Celtas xogarán...

Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA deixa escapar tres puntos nun encontro no que mereceu máis

por Martín Pais
26/04/2025
0

Comezaron dominando, e así continuarían os seguintes 45 minutos. O Dépor ABANCA saiu a desputarlle o balón a un Granada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

15/06/2025
A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff / XUNTA DE GALICIA

A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff para a preparación dos deportistas do CGTD para Los Ángeles 2028

13/06/2025
Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabiel Alén, inaugurou o Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Hóckey / XUNTA DE GALICIA

As subvencións a clubs deportivos para a súa actividade acadan o máximo número de beneficiarios con máis de 1.400

13/06/2025
Presentación da 'Xira Galega de Balonmán Praia’ / XUNTA DE GALICIA

O balonmán praia despunta en Galicia coa xira de verán que terá lugar na praia Banda do Río de Bueu

12/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.