Unha vintena de atletas (14 rapazas e 6 rapaces) tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España Sub-20 de pista cuberta que se desenvolverá na localidade catalana de Sabadell.
Do total de participantes destaca a presenza da campioa de España Sub-20 do ano pasado en Antequera, a internacional Xiana Lago do Ría Ferrol quen buscará revalidar o seu título nun concurso no que parte ca segunda mellor marca das participantes
Pola súa banda, a subcampioa de España de Pentathlon Lucía Sánchez del Valle da Escola Atlética Lucense tamén estará sobre o sintético andaluz de pista cuberta aspirando ao título nacional recén chegada da universidade norteamericana na que se atopa cursando estudos.
No mesmo concurso, a subcampioa de España e atleta internacional do Celta Carlota Salgado, pelexará por estar nos postos de finalista ao igual que a pontevedresa da Gimnástica Isabel Caiero a cal tomará parte na proba dos 3.000 m. na que tan só poideron clasificarse para este campionato cinco corredoras.
Outra das que acude a pelexar o título de campioa de España en pista cuberta, é a internacional Diaou Diallo do Ría Ferrol, quen se achega compartindo a mellor marca dun concurso moi igualado. Sen abandoar os saltos a lucense Enma Sihuang Pérez acredita o terceiro mellor rexistro sobre o listón de altura logo de ter sido medallista Sub18 de bronce na pasada edición.
Atención tamén a plusmarquita galega absoluta sobre os 100 m. Ainhoa Reparaz do Val Miñor que estará tomando parte sobre o dobre hectómetro no ano pasado lograba o bronce Sub18.
Por último seguiremos moi atentos as evolucións de Marío Rodríguez do Celta nos 3.000 m.; Fernando Vallines do Maderas Barcia Lourenza en peso e de Xoel Noguerol do Mazí en combinadas aspirantes todos eles aos postos importantes do campionato.