O equipo feminino do Club Waterpolo Pontevedra finalizou a súa actividade competitiva neste curso 2022-23 realizando un stage fronte á Selección Absoluta de Portugal.
As galegas desprazáronse ata Lisboa, nas instalacións do Benfica, para levar a cabo tres días de stage fronte á Selección Absoluta de Portugal.
As xogadoras do Club Waterpolo Pontevedra, “despois de finalizar a tempada no mes de abril, levaban un tempo baixando o ritmo de adestramento polo que estes días serviron para manter a actividade competitiva antes de coller vacacións e comezar a próxima tempada. Agradecemos á Federación Portuguesa de Natación esta invitación e colaboración presente e futura”, explican desde o CW Pontevedra.