O vindeiro mércores, 17 de novembro, celebrarase en Palexco a primeira xornada Sport Experience Factory, dirixida a todas as entidades deportivas da cidade e aos profesionais do mundo do deporte. Será un punto de encontro para debater sobre os retos de futuro do deporte e a súa industria.
O evento foi presentado este no Pazo dos Deportes da Coruña, coa presenza da concelleira de Deportes, Mónica Martínez, o director de Sport Experience Factory, Antonio Fafián, e o director da xornada da Coruña, Javier Tola.
A apertura correrá a cargo dos promotores da xornada e da concelleira de Deportes, Mónica Martínez. A continuación, botarase una ollada ao deporte local postpandemia e farase a presentación da Cidade da Integración, probablemente o proxecto máis importante que se está a desenvolver actualmente relacionado co deporte e a saúde.
Falarase tamén da irrupción das novas tecnoloxías na industria do deporte e debatirase sobre xornalismo deportivo.
A xornada vespertina abrirase coa análise dalgúns dos dirixentes deportivos máis destacados do país antes da clausura por parte das autoridades locais. Lista provisional de ponentes:
- Antonio Couceiro – presidente RC Deportivo.
- Daniel Echeverría – presidente Hockey Club Liceo.
- Roberto Cibeira – presidente Basquet Coruña.
- Tomás Fernández Jaén – secretario da comisión médica da LFP.
- José Mª García – xornalista de Radio España, Pueblo, Cadena SER, Antena 3, COPE e Telefónica.
- Manuel Saucedo – ex director de Marca.
- Antonio Martín – presidente de la liga ACB.