Adriana Soto, xogadora do HC Liceo, remata a primeira volta da OK Liga no máis alto da lista da Bola de Ouro, que recolle ás máximas goleadoras da categoría.
A verdibranca está na primeira posición, empatada a 14 tantos con Victòria Porta, do CP Vila-Sana, e superando nun gol a María Díez, do Martinelia CP Manlleu.
A arxentina Adriana Soto incorporarase á disciplina do club coruñés no pasado mes de xuño, chegando como reforzo para o plantel do Liceo e con experiencia como internacional coa súa Selección absoluta.
O gran rendemento da nosa Adriana Soto, en datos. Continuamos loitando!#TodoÓVerde https://t.co/oIQ1E8B1J7
— Hockey Club Liceo Feminino (@HCLiceoFem) January 12, 2022
No último partido do Liceo, a xogadora foi tamén clave, anotando dous dos catro goles que levaron a vitoria ás herculinas fronte ao Voltregà.
O HC Deportivo Liceo vence e convence na cancha do CP Voltregà