• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

SOS económico do Viaxes Amarelle para militar na elite estatal

O club busca un patrocinador e pide a implicación do sector económico da cidade da Coruña para afrontar a súa participación na máxima categoría do futsal español | Non descartan renunciar á praza se non acadan apoios

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
02/08/2020
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
amarelle-valdetires-playoff - VA

amarelle-valdetires-playoff - VA

324
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia

 

Este pasado 25 de xullo de 2020, Día de Galicia, a plantilla do primeiro equipo do Viaxes Amarelle FSF certificou sobre a cancha do Pavillón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña) o ansiado regreso á Primeira División Nacional Feminina de Fútbol sala. Agora lanzan unha petición de colaboración económica da cidade coruñesa para que a través dun patrocinio o gañado na cancha non se perda por cuestións presupuestarias. No horizonte, a posibilidade de ter que renunciar á praza se non se conseguen apoios para afrontar os retos económicos da tempada 2020-2021.

amarelle-valdetires-playoff - VA
Viaxes Amarelle ascenso diante do Valdetires – VA

A pasada foi unha tempada atípica, e marcada polo parón con motivo da pandemia mundial de COVID-19, pero que non minusvalora en absoluto, senón pon máis no alto o logro conseguido polo grupo de xogadoras e corpo técnico. Ata o momento do parón, ocupaban a primeira posición da xeral da táboa cunha vantaxe de 6 puntos sobre o segundo clasificado, e 10 puntos sobre o terceiro, a pesar de levar un partido menos disputado. Ademais de que nos 16 encontros disputados en competición regular non cederon ningunha derrota, contando 14 vitorias e 2 empates; sumado ao equipo máis anotador e con menos goles en contra de toda a competición nacional de fútbol sala feminino.

Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia
Final do playoff de ascenso a Primeira División de Fútbol Sala Feminina entre o Viaxes Amarelle e o Valdetires
Final do playoff de ascenso a Primeira División de Fútbol Sala Feminina entre o Viaxes Amarelle e o Valdetires / Íñigo Rolán

As condicións non foron as máis propicias, co parón do COVID-19 pero xogadoras e corpo técnico do conxunto herculino asumiron o gran reto de preparar e gañar sobre a cancha un ascenso á Primeira División Nacional de Fútbol sala Feminino, xogánse a súa única carta, a un partido a vida ou morte. Así botaron o resto no play- off  exprés.

O plantel do Viaxes Amarelle FSF chegou ao partido decisivo despois de case 5 meses sen disputar ningún encontro, e acumular un desgaste mental de 341 días de tempada, desde que empezaran a adestrar o pasado 19 de agosto de 2019. Xogadoras e corpo técnico renunciaron ás súas vacacións e a estar coa súa familia, nalgúns casos, para poder afrontar este partido e conseguir un logro destacado para o club herculino; algo polo que a entidade da cidade herculina “sempre estará agradecida a estas xogadoras e corpo técnico”, din desde o club.

Acadouse o triunfo e con iso o gañáronse o dereito a xogar na elite do fútbol sala feminino estatal. Con todo, os retos non remata para o conxunto coruñés. As xogadoras e corpo técnico fixeron a súa parte conquerindo na cancha superar a nun un play- off complicado ao Valdetires, e agora a directiva é quen ten un reto que solventar nos despachos.

 

1 de 7
- +
Final do playoff de ascenso a Primeira División Feminina de Fútbol Sala feminina entre o Amarelle e o Valdetires
Final do playoff de ascenso a Primeira División Feminina de Fútbol Sala entre o Amarelle e o Valdetiresinal do playoff de ascenso a Primeira División Feminina de Fútbol Sala entre o Amarelle e o Valdetires
Final do playoff de ascenso a Primeira División Feminina de Fútbol Sala entre o Amarelle e o Valdetires
Final do playoff de ascenso a Primeira División Feminina de Fútbol Sala entre o Amarelle e o Valdetires
Final do playoff de ascenso a Primeira División Feminina de Fútbol Sala entre o Amarelle e o Valdetires
amarelle-valdetires-playoff - VA
Final do playoff de ascenso a Primeira División Feminina de Fútbol Sala entre o Amarelle e o Valdetires

O conxunto herculino atópase con apenas marxe de reacción para poder planificar a seguinte tempada, a 2020/2021. Xa que segundo borrador do Comité de Competición da RFEF (enviado minutos despois de conseguir o ascenso) teñen previsto dar comezo á competición a primeira fin de semana de setembro.

Sen apenas descanso para preparar a seguinte tempada

Xogadoras e corpo técnico apenas poderán gozar dun merecido descanso, e terán que poñerse a pensar xa no inicio do seguinte curso deportivo.

Se isto fose pouco, a directiva herculina atópase con dificultades para poder formalizar un bloque competitivo. Os 16 equipos da pasada tempada na Primeira División Nacional Feminina de Fútbol sala levan meses preparando o seu plantel, e mesmo moitos deles xa a teñen pechada desde hai máis de dous meses, e planificado o inicio da pretemporada. Por contra, a entidade herculina viuse obrigada a esperar coñecer se conseguía o ascenso de categoría ou non, para poder empezar a planificar.

Se estes non fosen suficientes inconvenientes, a eles súmase un xa coñecido que era que a categoría de ouro é esixente xa por si soa. Este ano amplíase en 4 equipos, e en consecuencia en 8 xornadas máis dando lugar a unha das competicións máis longas dos últimos anos na elite do futsal feminino. Na categoría xa militan outros clubs galegos como: Ourense Envialia, Pescados Rubén Burela, Cidade de As Burgas e Poio Pescamar.

 

 

1 de 4
- +
Pescados Rubén Burela, campión de Liga 2019-20 / BURELA FSF
Ourense-Envialia---Xaloc
Silvia Aguete, porteira do Poio Pescamar | PiSoU
penya - cidade-as-burgas

Coa previsible configuración da competición nacional, falamos sempre de provisionais, posto que os períodos de inscrición aínda non se abrirán por parte da RFEF ata o próximo 4 de agosto e perdurará o mesmo ata o 12 de agosto (segundo informacións directas da RFEF nos últimos días); o club herculino tería que realizalos seguintes desprazamentos durante a nova tempada:

  • 2 desprazamentos a Zaragoza
  • 2 desprazamentos a Alacante
  • 1 desprazamento a Telde (Gran Canaria – Las Palmas)
  • 1 desprazamento a Melilla
  • 1 desprazamento a Esplugues de Llobregat (Barcelona)
  • 1 desprazamento a Roldán (Murcia)
  • 1 desprazamento a Bilbao
  • 5 desprazamentos á Comunidad de Madrid
  • 4 desprazamentos dentro da Comunidade de Galicia

Un club con historia herdeiro do laureado Sal-Lence

O Viaxes Amarelle FSF é coñecido por ser un referente no ámbito local, autonómico e mesmo nacional do fútbol sala feminino. Suma xa 23 anos dedicados a este deporte e que se mantivo desde o ano 1997 coa incansable achega dun presidente e Xunta Directiva que puxeron toda a carne no asador por un proxecto de fútbol sala feminino serio para a cidade da Coruña. As laranxas recolleron o testigo na cidade herculina do laureado Sal-Lence.

O Viaxes Amarelle presume de ser un club que “sempre cumpriu cos seus compromisos adquiridos con xogadoras, técnicos e provedores, facendo viable competir no máis alto cun presuposto dez veces inferior ao doutros clubs que competían polos mesmos logros”.

Viaxes Amarelle FSF: “Sempre cumprimos cos seus compromisos adquiridos con xogadoras, técnicos e provedores, facendo viable competir no máis alto cun presuposto dez veces inferior ao doutros clubs que competían polos mesmos logros”.

Estamos ademais diante dunha entidade que se presenta como “clara defensora do deporte de base, apostando polas categorías inferiores, formando xogadoras desde os seus inicios e tendo equipos en categorías benjamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e os seus respectivos filiais senior. E sabendo que o importante é a formación, sempre estivo loitando na zona nobre das súas respectivas competicións, e apostando por adestradores de renome para formar ás futuras promesas do club”.

Viaxes Amarelle FSF: “Somos unha entidade clara defensora do deporte de base, que aposta polas categorías inferiores, formando xogadoras desde os seus inicios”

Aumentan as necesidades nun escenario marcado pola crise provocada pola COVID

O Viaxes Amarelle FSF nunca contou cun gran patrocinador principal que dea soporte a un club destas dimensións. Apoiouse, segundo explican desde o club “en pequenos patrocinios, sobre todo empresas do sector da hostalería, e que debido á pandemia actual, foron un dos sectores máis prexudicados; polo que se dificulta a súa colaboración de fronte a próxima tempada; situación que entendemos á perfección”. Neste sentido, a entidade herculina aproveitar a ocasión para “agradecer o seu esforzo, tempada tras tempada, co deporte feminino”.

Viaxes Amarelle FSF: “Levamos anos tentando chegar a entrar no corazón desas empresas de referencia na nosa cidade (habelas, hainas), para que confiasen en nós para promocionalas, e á vez axudarnos; pero nunca conseguimos entrar con solvencia e sempre recibimos unha resposta negativa”

Comentan desde o club que o Viaxes Amarelle FSF “leva anos tentando chegar a entrar no corazón desas empresas de referencia na nosa cidade (habelas, hainas), e que confiasen en nós para promocionalos, e á vez axudarnos; pero nunca conseguimos entrar con solvencia e sempre recibimos unha resposta negativa; a pesar de saber que temos empresas referencia en moitos sectores económicos”.

Copa da Raíña, Viaxes Amarelle - Pescados Rubén Burela / SABELA MOSCOSO
Copa da Raíña, Viaxes Amarelle – Pescados Rubén Burela / SABELA MOSCOSO

A entidade herculina “necesita atopar un patrocinador principal que apoie un proxecto que levan implantado desde o ano 1997, e no 2005 recolleu a testemuña dun mítico club, o Sal Lence FSF, que empezou coa súa actividade na cidade nos anos 80, e nos inicios dos 2000 víase abocado á desaparición total; se non fose polo altruísmo do presidente do Viaxes Amarelle FSF, levando a súa testemuña no tempo”.

A entidade fomenta o deporte desde as categorías inferiores, deixando aberta a ilusión ás novas promesas de que nun futuro poden competir na súa cidade, co equipo que as viu crecer, no máis alto do fútbol sala feminino.

Ampla traxectoria en competicións estatais 

Ademais desde ao ano 2009, que a entidade accedeu por invitación á recentemente creada Segunda División Nacional Feminina de Fútbol sala, o club sempre estivo en competicións nacionais. E tras unha primeira tempada de adaptación á categoría, mantendo a categoría, nas tempadas seguintes estivo na zona nobre, ata que na tempada 2011/2012 conseguiron o ascenso á Primeira División Nacional Feminina FS, onde o club mantívose tres tempadas consecutivas.

Copa da Raíña, Viaxes Amarelle / SABELA MOSCOSO
Copa da Raíña, Viaxes Amarelle / SABELA MOSCOSO

Na tempada 2015/2016, as coruñesas regresaron á Segunda División Nacional Feminina de Fútbol sala e tras dúas tempadas quedándose ás portas de entrar no play-off de ascenso, á terceira chegou a oportunidade de xogar polo ascenso e as herculinas volverían gañar. Acadaron así regresar á elite na tempada 2018/2019, coa mala fortuna de caer aos últimos postos nas últimas xornadas da competición.

Tras ese mazazo, o club apostou por manter o bloque, e o que finalmente deu froito a que actualmente as herculinas regresen todo o máis alto da competición de fútbol sala feminino.

Son un dos cinco equipos coruñeses en máxima categoría do seu deporte

Actualmente na cidade da Coruña conta con outros catro equipos que están no máis alto dos seus deportes; como son o Depor ABANCA na Liga Iberdrola de fútbol feminino, o Hóckey Club Liceo na OkLiga masculina, o HC Borbolla na OKLiga feminina e o CRAT Residencia Rialta na Liga Iberdrola de rugby feminino.

Viaxes Amarelle FSF: “Ter un proxecto estable e garantista, non é suficiente para que algunha empresa se interese e se implique co deporte feminino da cidade? Solicitamos encarecidamente colaboración dos estamentos públicos, e a implicación do tecido empresarial da nosa cidade. Imos percorrer toda a xeografía española coa súa marca e coa cidade por bandeira”.

Con ese escenario, o equipo galego pregúntase se “ser un constante, estar na zona nobre, cun proxecto estable e garantista, non é suficiente para que algunha empresa se interese e se implique co deporte feminino da cidade. Solicitamos encarecidamente colaboración por unha banda dos estamentos públicos, e por outra banda a implicación do tecido empresarial da nosa cidade. Hai que ter en conta que imos percorrer toda a xeografía española coa súa marca e coa cidade por bandeira”.

A sombra da renuncia da praza planea sobre o Viaxes Amarelle FSF

As palabras que se trasladan desde o equipo coruñés son rotundas: “Se non se consegue pechar ningún apoio máis aos que conta actualmente, principalmente de organismos públicos; a entidade verase encamiñada a ter que renunciar a unha inscrición na Primeira División Nacional Feminina de Fútbol Sala, e non poder participar nunha competición e unha praza que se gañaron con moito esforzo e por méritos deportivos sobre a cancha”.

Viaxes Amarelle FSF: “Se non se consegue pechar ningún apoio máis aos que conta actualmente, principalmente de organismos públicos; a entidade verase encamiñada a ter que renunciar a unha inscrición na Primeira División Nacional Feminina de Fútbol Sala, unha praza gañada con moito esforzo e por méritos deportivos na cancha”.

O club herculino sostén que está interesado “en dar continuidade ao proxecto, pero tamén en seguir cumprindo cos compromisos adquiridos con persoal técnico, deportivo e colaboradores externos; algo que sen sumar apoios, sería inviable economicamente, á vez que moi inxusto coas xogadoras e corpo técnico que tanto esforzo demostraron estes últimos meses; e como non, sería unha decepción para a nosa afección, que sempre foi fiel ás nosas cores”.

Atopará o equipo coruñés resposta positiva no tecido empresarial da Coruña?

Etiquetas AmarelleascensoComunicado OficialFSFfútbol salaPrimeira División Fútbol Salaviaxes amarelle
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

por Silvia Carregal
16/07/2025
0

  Afeitas a falar con Bea Seijas de fútbol sala, desta volta conversamos con ela sobre outra das súas facetas:...

Novo escudo do Ourense Ontime FSF / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO

O Ourense Ontime FSF redeseña o seu escudo e incorpora unha flor de toxo con moito significado

por Redacción As Nosas
16/07/2025
0

  Na nova imaxe do Ourense OnTime FSF faise un redeseño do escudo da entidade no que se incorpora unha...

Poio Pescamar, campión da Copa Galicia futsalfem 2024 / RFGF

Así toma corpo o Poio Pescamar FS 2025-26

por Redacción As Nosas
13/07/2025
0

  O Poio Pescamar FS leva tempo dándolle forma e corpo ao grupo de xogadoras que na tempada 2025-26 estarán...

Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

por Redacción As Nosas
11/07/2025
0

  A nova adestradora do Burela FS, Belén Feal, afronta o reto de adestrar ás Guerreiras Laranxas con ilusión: “Para...

CD Burela FS recibirá apoio da Xunta de Galicia a través dun patrocinio de Turismo de Galicia / CD BURELA FS

Turismo de Galicia apoia ao Burela FS cun contrato de patrocinio de 30.000 €

por Redacción As Nosas
08/07/2025
0

    "Esta colaboración, a través de Turismo de Galicia, contribúe á estabilidade económica do club e enmárcase na aposta...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

16/07/2025
Novo escudo do Ourense Ontime FSF / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO

O Ourense Ontime FSF redeseña o seu escudo e incorpora unha flor de toxo con moito significado

16/07/2025
Selección de Galicia feminina de fútbol gaélico / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GÁELICO

As seleccións de Galicia fan o seu ‘Camiño Celta’ en Irlanda con tres días preparando os World Games”

15/07/2025
Selección Galega / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Galicia remata en sexta posición o Campionato de España de Atletismo de federacións autonómicas

14/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.