• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

Sorte dispar para os equipos galegos na oitava xornada da Liga Guerreras Iberdrola

O conxunto guardés impúxose na súa visita ao Lanzaronte Zonzamas por un cómodo 17-25, mentres que o BM Porriño caeu derrotado 36-24 fronte ao Costa del Sol Málaga

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/11/2021
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Atlético Mecalia Guardés fronte ao Lanzarote na Liga Guerreras Iberdrola

Celebración do Mecalia Atlético Guardés tras vencer ao Lanzarote na Liga Guerreras Iberdrola./ A.M Guardés

83
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A oitava data da Liga Guerreras Iberdrola saldouse na tarde do pasado sábado cunha bagaxe ben distinta para os dous conxuntos galegos da categoría. O Mecalia Atlético Guardés retomou a senda do triunfo fronte ao pechacancelas nun encontro que lle serviu para reencontrar sensacións, mentras que o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño prolonga a súa dinámica negativa lonxe da casa cunha nova derrota en Málaga.

Vitoria balsámica do Guardés para comezar o tourmalet de novembro

O Mecalia Atlético Guardés reatopuse coa victoria no campionato doméstico o pasado sábado tras vencer con comodidade ao faroliño vermello da competición. Deste xeito, o conxunto miñoto solventou con éxito a primeira das cinco probas de lume que lle agardan ao longo deste mes, e fíxoo do mellor xeito posible, pois máis alá dos dous puntos acadados, as xogadoras adestradas por José Ignacio Prades volvéronse a atopar ante o Zonzamas coa súa mellor versión tras a frustrante derrota acadada fronte ao Unicaja Banco Gijón na última xornada da Liga Guerreras Iberdrola.

As guardesas presentáronse no pavillón insular co coitelo entre os dentes, e ao pouco de superar os dez primeiros minutos de encontro xa dominaban o marcador cun amplo 2-6 de vantaxe co que puideron manter o control durante practicamente a totalidade do partido.

Pola súa parte, o conxunto do debutante Patro Barambio, tratou de non perderlle a cara ao encontro e seguiu insistindo ata acadar un parcial de 3-0 que fixo que os asistentes ao Municipal de las Palmeras concibiran a posibilidade de que os puntos quedaran na casa, mais as do Baixo Miño encargáronse de desactivar calquera conato de remontada grazas a unha nova exhibición da gardaredes internacional Miriam Sempere.

Miriam Sempere, do At. Guardés / ©SPORCOECO
Miriam Sempere, do At. Guardés / ©SPORCOECO

A solidez defensiva, xunto ao atino en ataque, liderado pola lateral carioca Gabriela Pessoa con cinco tantos, fixeron valer o bo arranque das galegas para traer os dous puntos da illa e cargarse de moral antes de recibir este vindeiro mércores na Sangriña ao Bera Bera, líder invicto da categoría.

+2 e a seguir.
👏🏻 Gran traballo.#OnosoInfernoéonosoceo 🖤💛 pic.twitter.com/0XS0o4RLG4

— Mecalia Atlético Guardés (@Atlguardes_ofic) November 6, 2021

Novo revés para o BM Porriño lonxe do Municipal

O BM Porriño segue a contar por derrotas todos os seus partidos coma visitante nesta tempada da Liga Guerreras Iberdrola logo de caer o pasado sábado por un contundente 36-24 na pista do Costa del Sol Málaga, nun encontro ao que as xogadoras de Ismael Martínez lle perderon a cara moi cedo.

O Rubén Ruzafa acollía un duelo entre dous equipos con dinámicas totalmente opostas. O conxunto local, afianzado na cuarta posición da táboa, chegaba ao encontro cargado de confianza tras vencer nos seus últimos catro partidos, mentras que a escadra porriñesa afrontaba a contenda con moita máis necesidade que o seu rival tras non ser capaz de acadar o triunfo dende o primeiro partido da presente campaña.

Anthia Espiñeira, xogadora do Conversas Orbe Porriño de Liga Guerreras / BALONMANO PORRINO
Anthia Espiñeira, xogadora do Conversas Orbe Porriño de Liga Guerreras / BALONMANO PORRINO

A pobre posta en escena das porriñesas no Rubén Ruzafa puxo demasiado costa arriba o choque para un conxunto incapaz de reaccionar ante o incesante dominio das malagueñas, que se foron ao tempo de descanso cunha ampla vantaxe de sete tantos no marcador.

Á saída de vestiarios, o encontro mantivo a mesma tónica, e malia o primeiro parcial de dez minutos que se resolveu cunha igualada a 5 tantos, as branquinegras mostráronse intratables e remataron a faena nos derradeiros vinte minutos cun contundente 11-6.

Con este resultado, o BM Porriño encadea o seu sétimo partido consecutivo sen sumar os dous puntos tras vencer na xornada inaugural do campionato ao Zuazo Barakaldo, e sitúase na décima posición da táboa clasificatoria a tan só dous puntos dos postos de descenso.

O vindeiro sábado, terá unha nova oportunidade de reencontrase co ansiado triunfo na Liga Guerreras Iberdrola fronte as súas seareiras ante o BM Salud Tenerife, nun duelo que servirá para abrir unha fenda coa zona vermella ou pola contra para asomar un pouco máis de preto ao abismo.

El Conservas Orbe Rubensa no puede con un imparable Costa del Sol Málaga https://t.co/75urv4PERa

— Club Balonmano Porriño (@BmPorrino) November 8, 2021

Etiquetas a sangriñabalonmánBM PorriñoJosé Ignacio PradeslanzaronteLiga Guerreras IberdrolaMecalia Atlético Guardésmiriam sempereZonzamas
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
04/06/2026
0

Segundo informou o Club Balonmán Atlético Guardés Jesús López dimite como presidente do club miñoto. Esta decisión chega, en palabras...

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

por Redacción As Nosas
02/06/2026
0

O pasado 31 de maio fíxose efectiva a saída dá empresa guardesa Mecalia coma patrocinadora principal do Club Balonmán Atlético...

Banco do Guardés na final da EHF European Cup 2025-26 entre o Mecalia Atlético Guardés e o Michalovce / SPORTCOECO

O Guardés fai historia e levanta o seu primeiro título europeo ao vencer na final da EHF European Cup ao Michalovce (44-53 global)

por Redacción As Nosas
24/05/2026
0

O Mecalia Atlético Guardés imponse na Sangriña na volta da final da EHF European Cup que dominou en todo momento....

Parido de ida das semifinais da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán entre o Conservas Orbe Zendal BM Porriño e o Super Amara Bera Bera / BM PORRIÑO

O Bera Bera dá o primeiro golpe nas semifinais da Liga Guerreras ante o BM Porriño (28-32)

por Redacción As Nosas
17/05/2026
0

Nas semifinais do play off polo título da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán o Conservas Orbe Zendal BM Porriño non...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés, dirixindo ao equipo na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés vai a polo primeiro asalto polo título europeo nunha final de ida e volta

por Redacción As Nosas
15/05/2026
0

Ana Seabra, adestradora do Guardés: “Temos moitas ganas de conquistar este derradeiro reto da tempada pero sabemos que ao outro...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

12/06/2026
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.