Din que a faciana é o espello da ialma. Se é certo, as rapazas do Ourense Envialia están rebosantes de enerxía e o bo ambiente do vestiario trascende á pista. Desde o club fannos chegar as imaxes do primeiro adestramento das ourensás. Sorrisos e moitas ganas de compartir tempo de adestramento e o que transmiten as instantáneas.
“Había muchas ganas de vernos, de convivir, de estar en una cancha con su amigo el balón”, din desde o club.
Morenín seguirá un ano máis á fronte das laranxas que seguen conservando como gritos de ‘guerra’ frases como #ImosOLio e prometen entregarse “#HastaElÚltimoAliento”.
Ourense volve contar con dous equipos na máxima categoría
Primeiros pasos dunha tempada que dará para moito e na que as futbolistas do Envialia mediranse na Primeira Feminina de Fútbol Sala a outros equipos galegos como o Poio Pescamar, o Pescados Rubén Burela, o recén ascendido Viaxes Amarelle FSF, que recupera a categoría, ou as súas veciñas do Cidade de As Burgas, coas que comparten cidade e cancha: Os Remedios.
Como din as rapazas do Ourense Envialia no seu vídeo presentación da tempada 2020-2021… Xa están aquí.
VÍDEO // #YAESTANAQUI // VOLVEMOS!!
¡Regresamos! 81 días después.Nuevas caras,nuevos retos,misma idea #HastaElUltimoAliento
OIRA // 17:30 // TEST SEROLÓGICOS
OIRA // 18:30 // REUNIÓN CUERPO TÉCNICO PRIMERA PLANTILLA
PACO PAZ // 20:00H QUE EL BALÓN RUEDE POR FIN!#ourensEnvialia pic.twitter.com/jx81eL5wpG— Ourense Envialia FSF (@OUenvialiaFSF) September 15, 2020