• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Porriño da a sorpresa e imponse ao Rocasa no seu feudo (25-27)

As de Ismael Fernández foron medrando en tarefas defensivas ata acadar o triunfo sobre as de Telde | Os Conservas Orbe Rubensa márchase ao parón ligueiro co sorriso na faciana

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/10/2020
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
O Porriño da a sorpresa ao vencer en Telde / ROCASA GRAN CANARIA

O Porriño da a sorpresa ao vencer en Telde / ROCASA GRAN CANARIA

96
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Fantástica imaxe do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño que deu a sorpresa ao se impór ao Rocasa Gran Canaria (25-27) e conseguiu levarse os dous puntos para Galicia. As grancanarias, unhas das favoritas ao título, non tiñan perdido en todo o que vai de tempada. Foi moi resaltable o papel baixo paus de Estela Carreira.

O partido discorreu case sempre cun marcador axustado e con moita igualdade no xogo. Non foi até a segunda metade do partido cando as galegas do Conservas Orbe Rubensa Porriño foron que de coller unha pequena vantaxe que lles permitiu levarse o triunfo de Canarias.

No arranque do choque o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño compaxinaba unha gran defensa xunto cun ataque dinámico e rápido, que lle permitían manterse preto. Pola súa banda, o Rocasa Gran Canaria tamén mostraba un gran papel dentro do campo.

No minuto 20 do primeiro tempo, o marcador atopábase a favor do equipo local (10-6) conseguindo a máxima renda do partido con catro goles. Con todo, as de Ismael Martínez non se deixaron ir.

Co transcurso dos últimos minutos de xogo da primeira parte, as deportistas porriñesas comezaron a recurtar distancias no marcador electrónico achegándose ás grancanarias. Xunto coa gran defensa que puxeron sobre a pista, así como realizar unha boa selección dos seus lanzamentos, as galegas foron quen de conesguir chegar ao final da primeira parte co marcador ao seu favor cun tanteo de 13-14. Un único gol que as puña por diante e que daba conta do axustado do partido tanto na pista como no marcador.

O Porriño pon distancia co acerto de Santomé e Soares

Durante a segunda parte do partido foi o momento onde o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño empezou a conseguir facer realidade o seu obxectivo de pór terra polo medio no resultado.

Aitana Santomé e Mónica Soares foron as máximas goleadoras do conxunto galego e nesta segunda parte achegaron o seu gran de area no resultado.

Ao longo de todo este tempo, as porriñesas con moita calma e cabeza conseguiron ir subindo no marcador aos poucos traballando dar a sorpresa. As locais, pola súa banda, atopábanse bloqueadas, tanto en ataque como en defensa. O Rocasa Gran Canaria semellaba non saber que facer para solucionar os problemas que tiñan diante.

A pesar do tempo mortos pedidos polo técnico do Rocasa Gran Canaria, Carlos Herrera, o conxunto galego foise afastando. A falta de dez minutos para o final, o marcador atopábase 19-22 a favor das do Porriño que continuaban cunha gran dinámica de xogo.

No ultimo minuto de partido, o Rocasa Gran Canaria púxose a un gol de diferenza (25-26). A pesar diso, o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño soubo xestionar moi ben lste ultimo minuto sen cometer ningún fallo e así conseguir ser as gañadoras dun partido que as enfrontaba a un dos mellores equipos da categoría e dar a sorpresa.

Santana, adestrador do Rocasa: “Faltounos tempo para estudar ao Porriño”

Ao terminar o partido Roberto Santana explicaba que lles faltara tempo para estudiar o xogo das galegas. “So tivemos unha sesión en pista para traballar o seu sistema de ataque e defensa. É moi pouco tempo para traballar un partido”. O técnico apuntaba a ese motivo máis que ao físico o porqué da derrota. “Tiñamos todos os seus argumentos defensivos estudiados, pero non os puidemos traballar. E non é o mesmo velo so en vídeo que logo de velo, traballalo en pista”, argumentaba.

Roberto Santana, técnico do Rocasa Gran Canaria: “So tivemos unha sesiónen pista para preparar o seu sistema de ataque e defensa. Tiñamos todos os seus argumentos defensivos estudiados, pero non os puidemos traballar. E non é o mesmo velo so en vídeo que logo de velo, traballalo”

Para Roberto Santana o Conservas Orbe Rubensa BM Porriño logrou dar a sorpresa debido a que “conseguiu que non tiveramos eficacia nas nosas accións ofensivas e a súa porteira estivo excepcional durante todo o partido”.

Na súa lectura do partido no que a derrota colleunas por sorpresa, Santana explicaba que o Rocasa Gran Canaria buscara “abrir a defensa, que é unha solución de cara ou cruz, xa que en ocasións se recuperan balóns, pero noutras fas auga por todas partes ao ser unha defensa que so temos collida por alfiletes. Non é a que traballamos habitualmente e ten moito risco”, explicaba.

Roberto Santana, técnico do Rocasa Gran Canaria: “O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño conseguiu que non tiveramos eficacia nas nosas accións ofensivas e a súa porteira estivo excepcional durante todo o partido”

Sobre a última xogada do partido contaba Roberto Santana que “ao final saía cara ata a última acción na que, se recuperabaos a pelota podiamos empatar o partido, pero o Porriño nun bo dous contra dous acadou facer o gol que lles daba o triunfo final”.

O seguinte rival, o ADESAL Córdoba en novembro

As galegas do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño ocupan agora, logo de dar a sorpresa, o quinto lugar a táboa clasificatoria e as teldenses o segundo. O Porriño leva dous partidos gañados, un empatado e dous perdidos.

O próximo das xogadoras galegas na Liga Guerreras Iberdrola rival será o ADESAL Córdoba, colista. As andaluzas aínda non coñecen o triunfo. Levan disputados cinco partidos e colleitadas cinco derrotas. As galegas visitarán en Córdoba o IDM Fuensanta o vindeiro sábado día 7 de novembro ás 18:00 horas. Será logo do parón competitivo na máxima categoría do balonmán feminino español.

FICHA TÉCNICA

25 .- ROCASA GRAN CANARIA: Silvia Navarro (P); Sayna Mbengue (6), Melania Falcón (2), María González (1), Tiddara Trojaola (1), María Gomes (2) e Haridian Rodríguez (2). Tamén xogaron: Iara Grosso, Arinegua Pérez (2), Paula Valdivia (2), Lisandra Lussón (4), Alba Spugnini (3) e Ana Palomino (P).

27.- CONSERVAS ORBE RUBENSA BM PORRIÑO: Estela Carrera (P); Ana Cerqueira (2), Alicia Campo (1), Inés Hernández (2), Soraia Vieira, Aitana Santomé (6) e Mónica Oliveira (6). Tamén xogaron: Erica Correia (5), Arima López (2), Sarai Samartín (1), Sandra Fernández (2) e Fátima Ayelen (P).

PARCIAIS CADA 5 MINUTOS: 2-2, 4-3, 6-6, 10-6, 12-10, 13-14, 15-16, 17-20, 18-21. 19-22, 21-24, 25-27.

ÁRBITROS: Alejandro Núñez Camacho e Jorge Rodríguez Pacheco. Por parte do Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño excluíron a: Ana Cerqueira, Alicia Campo, Inés Hernández, Aitana Santomé, Arima López, Sarai Samartín e Mónica Soares. Doutra banda, polo Rocasa Gran Canaria: Iara Grosso e María González.

INCIDENCIAS:  Encuentro correspondente á 5ª xornada da Liga Guerreras Iberdrola, celebrado no Pavillón Insular Antonio Moreno. Presenciaron o partido un total de 87 espectadores, debido á limitación de aforo nos recintos deportivos impuesta polas autoridades sanitarias a causa da pandemia de COVID – 19.

Estatísticas

Etiquetas balonmánBM PorriñoCarlos HerreraConservas Orbe Rubensa PorriñoGran CanariaIsmael MartínezRocasa Gran CanariaTelde
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Replasa Beti-Onak vs Mecalia Atlético Guardés / BELFONT.PHOTO

O Guardés tropeza no primeiro partido ligueiro fronte ao Beti-Onak (18-13)

por Redacción As Nosas
04/09/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés estivo desacertado e sen fortuna para portería no primeiro partido da tempada na Liga Guerreras...

Rocasa Gran Canaria vs Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / BM REMUDAS

Estrea con triunfo a domicilio do Conservas Orbe Rubensa BM Porriño (21-31)

por Redacción As Nosas
04/09/2023
0

  O Conservas Orbe Rubensa BM Porriño empezou a competición regular na Liga Guerreras Iberdrola do mellor xeito posible: vencendo...

Cristina Cabeza adestra ao Mecalia Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

Cristina Cabeza: “As sensacións da pretemporada son boas, a pesar de tantos cambios no bloque”

por Redacción As Nosas
02/09/2023
0

  O Mecalia Atlético Guardés que adestra Cristina Cabeza mídese ao conxunto navarro do Replasa Beti-Onak no primeiro partido do...

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño 2023-24 / BM PORRIÑO

Ismael Martínez quere que este curso o BM Porriño “xogue cousas importantes” e así “enchelo pavillón”

por Redacción As Nosas
02/09/2023
0

  A liga Guerreras Iberdrola volve tras tres meses de descanso. Durante este tempo, os 12 equipos que conforman a...

O Mecalia Atlético Guardés vence a Supercopa de Galicia 23 ao gañar ao Conservas Orbe Rubensa BM Porriño / ATLÉTICO GUARDÉS

O Guardés leva a Supercopa de Galicia ao gañar ao BM Porriño con claridade (31-23)

por Redacción As Nosas
27/08/2023
0

  Ao Mecalia Atlético Guardés non lle freou o cansazo que arrastraba da Summer BAG e conquistou a Supercopa de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Susana Rodríguez e a súa guía, Sara Loehr, no Mundial Pontevedra de paratriatlon / FETRI

Prata con sabor amargo para Susana Rodríguez no Mundial de Triatlón Paralímpico de Pontevedra

25/09/2023
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.