O preparador físico cántabro Sergio Jaurena únese ao corpo técnico do BAXI Ferrol para a próxima tempada na que fará tamén as funcións de readaptador. Desta forma, traballará con Lino López e Sandra Prieto no equipo ferrolán.
Sergio procede do Estela, da LEB Prata masculina, e antes estivo de asistente de preparador físico nos equipos de Obradoiro e Breogán, así como nos Agustinos de León, da EBA.
O currículo de Jaurena
Ademais de Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, Sergio Jaurena posúe un doutoramento, así como dous másters ende Alto Rendemento en Deportes Colectivos e de Adestramento e Rendemento Deportivo.
O cántabro destaca sobre a súa incorporación ao club ferrolán que “Álex de la Vega comentoume a posibilidade que había e falei con Lino López e chegamos a un acordo?”
Sergio Jaurena, preparador físico do Baxi Ferrol: “Espero que todas as xogadoras cheguen preparadas para adestrar a bo ritmo desde o primeiro día”.
O novo preparador físico tamén engade que lles ten mandado “ás xogadoras un plan de traballo para as últimas semanas e algunhas estiveron a traballar con preparadores físicos e outras non. Fíxenos un pouco tendo en conta o que me contou cada xogadora?”
O Baxi Ferrol arranca a preparación o 1 de setembro
Sergio Jaurena espera “que todas as xogadoras cheguen preparadas para adestrar a bo ritmo desde o primeiro día”.
O novo preparador físico do BAXI Ferrol xa programou un plan de traballo, co corpo técnico, para o inicio da pretempada, que está marcado para o vindeiro martes 1 de setembro, no pavillón da Malata.