• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Sen medo a nada e aspirando a todo

O ENCE Marín Futsal deixa claro que, acadada a permanencia, as súas aspiracións non se rematan esta liga 21-22 e golea a un dos equipos en postos de play-off o FSF Móstoles que constitúe a sua quinta 'vítima' consecutiva | O equipo que adestra Raúl Jiménez está a catro puntos dos postos nobres

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
17/04/2022
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
ENCE Marín Futsal / MARÍN FUTSAL FB

ENCE Marín Futsal / MARÍN FUTSAL FB

139
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Toda vez que o ENCE Marín Futsal ten acadado a súa permanencia matemática na elite por un ano máis, sacudiuse de todo os complexos e permitiuse ata golear a un dos catro mellores equipos da Primeira División do FSF da RFEF. As galegas remataron o seu choque co FSF Móstoles cun 7-3 campeando no electrónico da Raña. Se temos presente que o rival das mariñenses son actualmente un dos catro equipos que ocupan postos de disputa do play-off polo título, o resultado cobra aínda maior relevancia.

A por todas e sen complexos. Así parece que vai ser o resto da competición para o ENCE Marín Futsal. Se alguén pensaba que, conseguido o obxectivo da permanencia, o equipo que adestra Raúl Jiménez ía baixar os brazos e a intensidade, trabucouse. As galegas están dispostas a dar guerra ata o final. Para mostra a goleada que lle meteron a un aspirante ao título, o FSF Móstoles. 

Arrincou o partido coas visitantes buscando mandar no 40×20 da Raña. Avisou Pau por partida dobre, e anotou Benete rematando un saque dende o curruncho que botaran Patri Chamorro. Todo iso antes de que se chegase ao minuto cinco de xogo (0-1).

Non foi abondo para frear ás galegas.  O Marín tardaba outros catro minutos en empatar. Foi cun gol en propia porta, pero froito dun rexeite dun bo tiro de Ceci (1-1). A propia Ceci dáballe a volta ao marcador anotando o 2-1 cun disparo cruzado rematando un córner.

Foron os saques desde o curruncho e as xogadas de estratexia a balón parado as que deron máis efectividade ao ENCE Marín Futsal. O 3-1 sería tamén cunha estratexia deste tipo. Desta volta anotou Gaby. Con ese resultado chegouse ao descanso.

Á volta de vestiarios o conxunto visitante buscou a reacción optando por unha presión alta, algo que aproveitou o ENCE Marín Futsal para tirar de contragolpes. Así chegaría o 4-1 no minuto 24, tamén de Gaby a pase de María León.

Tirou o FSF Móstoles do xogo de cinco con Rafinha na cancha. Un pase longo da porteira Silvia Aguete cara Jessy facía posible o 5-1.

Chegou así o segundo das visitantes (5-2) a través de Rafinha, pero non mudou o guión do partido que seguía a ter como protagonista principal e indiscubible ao ENCE Marín Futsal. A media ducia xurdiu no mesmo minuto que anotaron as de Móstoles, por se non tiñan claro que non era a súa tarde. Un disparo da porteira Silvia Aguete desde a súa propia cancha. Esta xornada Jozi Oliveira, do Burela fixo xustamente o mesmo. O xogo de cinco permite estas opcións as gardamallas.

O sétimo tanto asinouno María León a dous minutos do final, e a un da bucina, anotaría Celia o 7-3 definitivo aproveitando un erro na saída do balón  por parte do ENCE Marín Futsal. Non quedaba tempo para máis.

A vindeira xornada, ocasión para que o ENCE Marín Futsal suba postos

Este resultado non supón ningún movemento na táboa para o ENCE Marín Futsal pero, xunto co resto de resultados da xornada, coloca ás galegas a so catro puntos dos postos de play-off. Pasar de loitar por salvarse, a verse quen de aspirar a entrar na fase final da loita polo título é unha realidade no caso do equipo que adestra Raúl Jiménez. 

Tras cinco triunfos consecutivos das de Marín, e o recital de fútbol e goles desta xornada, todo é posible.

O seguinte rival será o Arriva AD Alcorcón FSF ao que visitará a vindeira semana. Trátase, xustamente, do seu inmediato predecesor na táboa. Fantástica ocasión para que as galegas suban postos na clasificación, non si?

FICHA TÉCNICA

7) ENCE MARÍN FUTSAL: Antía, Adriana, Ceci, Jessy e Pau García – quinteto inicial -. Tamén xogaron: María León, Gaby, Dani Fleitas, Mara Fernández, Inés Mayán, Lucía, Marta Gago y Silvia Aguete (segunda portera).

3) FSF MÓSTOLES: Ari; Patri Chamorro, Inma, Celia e Benete – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Sara Santos, Rainfha, Myrielen e Clara Chaves.

GOLES: 0-1, min. 4 Benete. 1-1, min. 8 Celia (gol en propia porta). 2-1, min. 9 Ceci. 3-1, min. 11 Gaby. 4-1, min. 24 Gaby. 5-1, min. 32 Jessy. 5-2, min. 33 Rafinha. 6-2, min. 33 Silvia Aguete. 7-2, min. 38 María León. 7-3, min. 39 Celia.

EQUIPO ARBITRAL:  Javier Menéndez Nistal e Héctor Vilas López. Recibiron cartón amarelo Benete, Myrielen, no Móstoles e Jessy no Marín.

INCIDENCIAS:  Partido da Primeira División do FSF da RFEF disputado no pavillón da Raña no Concello de Marín.

Etiquetas ENCE Marín FutsalFSF MÓSTOLESfútbol salafutsalMaría LeónRaúl JiménezSilvia Aguete
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Selección Española de fútbol sala feminino / RFEF

A Selección Española vence con autoridade a Eslovenia (0-9) con varias galegas nas súas filas

por Redacción As Nosas
11/10/2026
0

A Selección Española de fútbol sala feminino puxo o broche á súa clasificación para o Europeo cunha contundente vitoria ante...

O Burela FS, campión por sétima vez da Copa da Raíña / RFEF

O pavillón da Raña, sede da fase final da Copa da Raíña de fútbol sala

por Redacción As Nosas
09/10/2026
0

A localidade pontevedresa de Marín será a sede da Fase Final da Copa da Raíña de fútbol sala 2027. Tras...

Poio Pescamar / POIO PESCAMAR IG

Poio acollerá a final a catro da Supercopa de España feminina de fútbol sala

por Redacción As Nosas
08/10/2026
0

A Supercopa de España feminina de fútbol sala xogarase no Pavillón Municipal da Seca (Poio) os días 30 e 31...

Presentación da "I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala" organizada pola RFGF e AGAXEDE / FUTGAL

Presentada a «I Xornada de Xestión de Fútbol e Fútbol Sala»

por Redacción As Nosas
02/10/2026
0

A sede da  Federación Galega de Fútbol (RFGF) na Coruña albergou este venres a presentación oficial da "I Xornada de...

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Falas Dépor / RCD

‘Falas Dépor’, unha serie de conversas arredor dun RC Deportivo que é moito máis que fútbol

13/11/2026
Podio da proba do Superprestixio Ciclocross no Porriño / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Rebeca Fontela e Néstor Frías asaltan o Superprestixio na dobre xornada vivida esta fin de semana no Rosal e no Porriño

10/11/2026
Minuto de silencio en memoria de María del Carmen Díaz, socia nº 49 do RCD, e Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife, antes da disputa do partido Dépor ABANCA vs Valencia CF Femenino, Liga F, partido disputado no Estadio ABANCA - Riazor / S.M.

Infortunio para o Dépor ABANCA que non atina co gol e acaba derrotado en Riazor ante un Valencia que colle folgos (0-2)

10/11/2026
A Carreira Popular San Martiño celebrase en Ourense / FGA

Máis de 11.000 participantes na Carreira Popular do San Martiño en Ourense

09/11/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.