Hai case un ano, en marzo de 2020, as deportistas con opcións de participar nos Xogos Olímpicos de Tokio atopáronse nunha situación que ningunha delas, por moita imaxinación que tivesen, podería considerar. En plena preparación para os Xogos e só 5 meses antes da súa inauguración, todo o país estaba inmerso na pandemia da que todos falamos hoxe. O resultado, tamén coñecido: varias semanas de confinamento total.
Ao principio, e pensando que sería cuestión dun par de semanas, as deportistas con opcións de prepararse para os Xogos Olímpicos comezaron a adestrar na casa, dando renda solta á súa imaxinación. Os primeiros días, incluso intentaron atopar o lado optimista pensando que era un bo momento para descansar tanto física como mentalmente das longas e duras horas de adestramento.
Pero a medida que avanzaban os días, ese optimismo converteuse en ansiedade sabendo que xa non poderían prepararse con a dedicación que require a competición mais importante das súas vidas e que non todas se preparaban nas mesmas condicións. Polo tanto, o seu adiamento para 2021 foi na maioría dos casos un alivio e unha oportunidade para adestrarse polo menos con máis calma.
O adiamento a 2021 dos Xogos Olímpicos foi na maioría dos casos un alivio e unha oportunidade para adestrarse con máis calma.
Un ano despois, a situación parece a mesma. A sombra dun novo aprazamento está presente a pesar de que o COI rexeitou esa opción. A diferenza é que en 2021, as nosas deportistas, aínda que con protocolos moi estritos, están a adestrar nos seus lugares habituais. Entón, atópanse preparándose física e mentalmente para o evento que para moitas será o máis importante da súa carreira e para outras a súa última oportunidade de participar nuns Xogos Olímpicos. Afecta esta situación á preparación mental das nosas deportistas? Esta é unha pregunta que con moita frecuencia fannos ás psicólogas. É evidente que si.
Un ano despois, a situación parece a mesma. A sombra dun novo aprazamento está presente a pesar de que o COI rexeitou esa opción. A diferenza é que en 2021, as nosas deportistas, aínda que con protocolos moi estritos, están a adestrar nos seus lugares habituais
Algunhas o verán como un novo reto e outras como outro obstáculo que superar xa que terán que volver enfrontarse a unha nova clasificación ou logro de marcas que xa tiñan da tempada anterior e outras terán que acurtar os tempos na recuperación das súas lesións.
En calquera caso, como psicóloga deportiva o meu consello sería sempre planificar novos obxectivos ca meta final de participar neses xogos tan especiais. Para iso, os obxectivos deben ser difíciles pero realistas, é dicir, de pouco servirá se non temos opcións de estar en Tokio considerar esa posibilidade.
Os obxectivos deben ser difíciles pero realistas, é dicir, de pouco servirá se non temos opcións de estar nos Xogos Olímpicos de Tokio 2021 considerar esa posibilidade
Tamén é esencial buscar aquelas estratexias que as leven a ese obxectivo tanto física como psicoloxicamente sen descoidar outros aspectos como a alimentación e o descanso. E por último, pero non menos importante, evitar o ruído mediático que rodea estes xogos.
É hora de centrarse nos adestramentos e competicións previas que lles permitan obter esa clasificación, marcas mínimas e alcanzar ese estado dun xeito óptimo sen distraccións innecesarias.
A axuda das profesionais da psicoloxía permitirá que ese adestramento sexa completo. Sen a parte do adestramento mental o obxectivo verase mais afastado.
______________________________________________________________________
Madó González Fernández
Doutora en Psicoloxía. Psicóloga experta en Deporte. Coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte do Colexio Oficial de Psicoloxía. Secretaría da División de Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte do Consejo General de Psicología.