• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

A semifinal galega empeza na Seca cun novo ‘Derbi das Costas’ entre Poio e Burela

Poio Pescamar e Pescados Rubén Burela xogan o posto na final polo título do futsalfem ao mellor de tres partidos

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
03/06/2023
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Duelo no futsal galego entre Burela Pescados Rubén vs Poio Pescamar / PRBFS

Burela Pescados Ruben vs Poio Pescamar / PRBFS

309
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Hoxe, sábado 3 de xuño a partir das 18:30 horas, o pavillón da Seca acolle o primeiro partido da semifinal galega dos play-offs polo título de liga da Primera División do Fútbol Sala Femenino da RFEF. Poio e Burela protagoniza a cita co que será un novo Derbi das Costas. O partido emítese ao vivo en Live Vuvuzela.

O futsalfem busca campioas e dúas escuadras galegas aspiran a levantar o título. O primeiro paso neste último treito do camiño polo título 2022-23 que é o do play-off, enfronta as conserveiras do Poio Pescamar e as Guerreiras Laranxas do Pescados Rubén Burela. As primeiras queren saber que se sinte como campioas de liga. As segundas aspiran ao seu cuarto título e a seguir sumando nunha tempada na que xa colleitaron o a Supercopa, a Copa da Raíña e a Copa Galicia.

O Poio Pescamar rematou segundo a liga regular

Nesta primeira eliminatoria o Pescados Rubén Burela FS, que quedou terceiro na clasificación da liga regular, xogará contra o Poio Pescamar FS, segundo na táboa, o seu primeiro partido da semifinal é hoxe sábado día 3 ás 18.30 horas na Seca. Importante encontro no que ambos os dous equipos se xogan ese primeiro punto, clave para comezar con vantaxe a competición.

Despois dunha tempada moi complicada debido ao alto nivel que mostraron durante todo o ano os equipos que ocupan os primeiros postos da táboa, o Pescados Rubén Burela FS, do mesmo xeito que o Poio Pescamar, gañou 23 dos 30 partidos disputados, 3 empates e 4 derrotas. O Poio Pescamar, pola súa banda, empatou 6 e perdeu 1, contra o Futsi Atlético Navalcarnero en Madrid, que rematou líder a liga regular.

Aínda que as Guerreiras Laranxas están facendo unha tempada impecable, con 3 de 3 títulos gañados (Supercopa, Copa da Raíña e Copa Galicia), o Poio Pescamar fixo uns números na competición ligueira de quitarse o sombreiro. Van ser dous ou tres partidos moi intensos, con moita competición e emoción, ademais de polo alto nivel competitivo, por ser xa o clásico derbi galego, o Derbi das Costas.

Dani Sousa: “Estamos orgullosas do feito, pero aínda podemos máis”

Na previa do partido, a futbolista do Poio Pescamar, Dani Sousa, facía unha valoración positiva “da tempada”, advertindo que “aínda non rematou. Temos que valorar o proceso e os pequenos logros que nos serviron para chegar ata aquí. Estamos contentas e fachedosas, pero con gañas de máis”.

Explicaba Dani Sousa que no conxunto conserveiro teñen “unha capacidade de adaptación a todas as situacións. Xestionamos os problemas. Somos un equipo líquido, non sólido. Un equipo sólido non ten esa capacidade de adaptación”.

Dani Sousa, futbolista do Poio Pescamar, advirte que a Liga aínda non rematou e apunta: “Temos que valorar o proceso e os pequenos logros que nos serviron para chegar ata aquí. Estamos contentas e fachedosas, pero con gañas de máis”

A futbolista admitía que para ela “significa moito ser parte desta historia. En tempadas pasadas quedou a espiña de case si, pero non poidemos. É unha gran satisfacción. Temos que estar orgullosas e contentas, pero con ganas de máis, por que podemos máis”.

Ao respecto do rival, Dani Sousa declaraba: “O Burela é un equipo multicampión. Coñecémonos ambos os dous. Temos que controlar as súas fortalezas e atacar as súas debilidade. Temos posibilidades de lograr pasar para a cidade e para o Poio”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Poio Pescamar F.S. (@poiopescamar)

Dany Domingos: “O Poio está demostrando esta tempada que está facendo un bo traballo”

Desde as filas do conxunto da Mariña, Dany Domingos fálanos da súa valoración sobre o traballo do equipo durante esta tempada “Primeiro hai que dar o parabén ao corpo técnico polo gran traballo que vén facendo desde o principio ata o momento e nós, aínda que somos un persoal curto, temos o sangue competitivo”. Afírmanos que todos os logros alcanzados este ano foron debido ao equipo, non aos talentos individuais e esa foi a clave.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Pescados Rubén Burela FS (@burelafutsal)

Sobre o equipo rival, o Poio Pescamar FS, “O Poio está demostrando esta tempada que está facendo un bo traballo, nós temos que facer a nosa parte, ser máis contundentes en portería, estar unidas e facer que o resultado estea ao noso favor”.

Dani Domingos, futbolista do Pescados Rubén Burela: “Os alcanzados este ano foron debido ao equipo, non aos talentos individuais e esa foi a clave”

O Burela vai “a polo cuarto título”, di Delgado

O adestrador do Pescados Rubén Burela, Julio Delgado valora o traballo do equipo nesta Liga “se hai que darlle unha nota sería notable ou sobresaínte. Cunha plantilla tan curta como encaramos esta tempada, xogando tres títulos e gañando os tres, non teñen outra nota que non sexa esa. Non traballamos todo o que quixésemos, pero o comportamento e a profesionalidade das xogadoras fíxonos chegar a todas as finais, gañalas e agora estamos nos play-off e imos a por este cuarto título”.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Pescados Rubén Burela FS (@burelafutsal)

Sobre o que debe mellorar o equipo da Mariña “é unha fase de play-off , creo que vai ser bastante diferente este partido ao resto porque agora si que xa non xogas con rede, se perdes ao mellor de tres, poucas opcións tes de cometer erros”, apunta Julio Delgado.

Na opinión do adestrador do Pescados Rubén Burela: “Estamos con máis experiencia neste tipo de partidos e quizais mellorar un pouco a concentración. Está claro que o que hai que facer é traballar e mellorar na finalización, xa que, aínda que foi un bo partido, custounos moito o sábado pasado”.

Julio Delgado, adestrador do Pescados Rubén Burela: “O comportamento e a profesionalidade das xogadoras fíxonos chegar a todas as finais, gañalas e agora estamos nos play-off e imos a por este cuarto título”

Sobre o factor cancha para o equipo rival Julio Delgado apunta: “Sempre é bo xogar na casa, sobre todo coa nosa afección, pero ao final temos que ir a Poio, este encontro e se hai un terceiro tamén, pero ímonos centrar neste primeiro partido que é moi moi importante e se sacamos en positivo ese resultado logo teríamos a volta aquí en Vista Alegre”.

Etiquetas Dani SousaDany Domingosderbi das costasfútbol salafutsalfutsalfemJulio DelgadoPescados Rubén Burelaplay-offpoio pescamarRFEF
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.