• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

A un chanzo da final irmandiña de fútbol sala feminino

Pescados Rubén Burela e Viaxes Amarelle protagonizan unha das semifinais da Copa Xunta de Galicia cun 1-10 na ida | O outro partido entre Ourense Envialia e Poio Pescamar tivo que ser suspendido polo protocolo COVID19

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/10/2020
en Fútbol Sala, Máis FutSal
Imaxe de arquivo Viaxes Amarelle - Pescados Rubén Burela / SABELA MOSCOSO semifinal

Copa da Raíña, Viaxes Amarelle - Pescados Rubén Burela / SABELA MOSCOSO

43
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Os dous partidos de semifinal da Copa Xunta de Galicia de Fútbol Sala Feminino ían disputarse esta fin de semana. O positivo dun contacto directo dunha xogadora do Ourense Envialia adía o cruce destas co Poio Pescamar que se ía disputar no Paco Paz. Pero segue en pé e os bicos das botas dispostos a rematar a gol o Burela Pescados Rubén vs Viaxes Amarelle FSF. 

O partido entre lucenses e coruñesas, correspondente á volta da semifinal da XIV Copa Galicia Feminina FS terá lugar hoxe, sábado 10 de outubro ás 19:00 h no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela (con emisión en directo de TVG2). No partido de ida as da Mariña obtiveron unha enorme vantaxe: 1-10, pero hai meses e unha pandemia de por medio desde aquelo.

O corpo técnico do Pescados Rubén Burela, Julio Delgado e Lucas, terán á súa disposición a todo o vestiario a excepción, de Peque e Cely, por lesión, e de Ale de Paz, pola concentración da Selección Española de Fútbol Sala.

Jenny, Burela: “Amarelle ten bos reforzos, somos bloques diferentes ao partido de ida”

Tal e como adiantaba Jenny, do Pescados Rubén Burela, as coruñesas do Viaxes Amarelle teñen “algunhas fichaxes de Primeira, bos reforzos. Somos dous bloques diferentes ao partido de ida. Nós témolo ben encamiñado pero debemos cumprir na pista”.

Jenny, futbolista do Pescados Rubén / BURELA
Jenny, futbolista do Pescados Rubén / BURELA

Ao final do partido a futbolista fará as maletas para acudir a un novo chamamento coa Selección de Portugal. “Estou encantada, con moitas ganas de volver vestir esta camisola despois de 8 ou 9 meses e desexando medirme a Ale de Paz, defendendo a España”, confesaba a 9 laranxa, cos amigables de seleccións marcados para o martes 13 (16.00 horas) e mércores 14 (12.00 horas) na localidade lusa de Quinta dos Lombos.

Imaxe de arquivo, Copa da Raíña, Viaxes Amarelle - Pescados Rubén Burela / SABELA MOSCOSO
Copa da Raíña, Viaxes Amarelle – Pescados Rubén Burela / SABELA MOSCOSO

Para o cadro herculino do Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, este encontro de semifinal afróntase como un complicado último test da pretemporada, sobre todo pensando en ter que lle dar a volta ao marcador do partido de ida (1-10). Desde A Coruña admiten que será moi complicado facelo, pero as herculinas pensan en dar a sorpresa, ante un rival que vai a por todas na presente tempada, e vén de gañar a competición de liga a pasada tempada.

Á marxe do marcador da ida, non hai que olvidar que estamos, se pensamos na Liga, ante as campioas de do pasado ano e unhas recén ascendidas á elite estatal. Sobre o papel, son bloques con aspiracións diferentes neste curso 2020-2021. O Burela Pescados Rubén, un dos claros aspirantes ao título de Liga. O leva sendo nos últimos anos.

As de Burela levan unha pretemporada con varios encontros e onde o seu tropezo máis grande foi un empate en casa de Poio Pescamar FSF; pero nos duelos que lle enfrontaron a Rodiles FSF, Ourense Envialia FSF e FSF Castro impuxéronse con solvencia no marcador, demostrando o alto nivel ao que está o conxunto da mariña lucense.

Viaxes Amarelle FSF vs Burela Pescados Rubén FSF, Copa de Galicia / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle FSF vs Burela Pescados Rubén FSF, Copa de Galicia / VIAXES AMARELLE

O equipo herculino, dirixido por Jorge Basanta, terá polo tanto a oportunidade de medirse nesta semifinal contra un dos rivais máis fortes da competición e ter unha real e dura proba de nivel xusto antes do inicio da Liga.

Para este novo encontro de pretemporada, o técnico do club laranxa ha convocado ás porteiras Leti Rojo, Sandra e Tami Gándara; ademais das xogadoras de pista, Candela, Cris, Sofía, Patri Corral, Yaiza, Martita, María Gómez e Lau Doce. Completarán a convocatoria as futbolistas do filial Carla Martínez e Marta Hermo.

Copa da Raíña, Viaxes Amarelle - Pescados Rubén Burela / SABELA MOSCOSO
Copa da Raíña, Viaxes Amarelle – Pescados Rubén Burela / SABELA MOSCOSO

Segundo comunican desde o equipo herculino, afrontan “o partido con ganas, pero con varias xogadoras que non estiveron ao 100% durante a semana por algunhas pequenas molestias, e por iso o partido será un test para probar o estado de forma das xogadoras na semana previa ao comezo da competición de Primeira División Nacional Feminina FS”.

Acceso das seareiras a Vista Alegre

Segundo informa o Burela “o acceso será gratuíto para Abonados Mixtos e Abonados Femininos, que terán parsar por taquilla para recoller o número de asento. Vista Alegre habilitará a venda de entradas (con asignación de asento) dende as 18.00 horas en taquilla, por rigorosa orde de chegada. O prezo de socias/os 2020-21 será de 10 euros e para as persoas non socias, de 15 euros”.

Coa mirada posta de esguello na Liga

Se o Viaxes Amarelle FSF pensa nesta cita como unha proba de lume antes do inicio da competición ligueira, non é diferente para o Burela Pescados Rubén.

Con esta cita, as Guerreiras Laranxas pecharán o calendario de pretempada, co inicio ligueiro previsto para o sábado 17 en Alcorcón (18.00 horas), tras o cambio de formato publicado pola RFEF.  Hai que lembrar que a competición contará este curso 2020-2021 con unha organización baseada en de dous subgrupos de nove equipos.

Regresan as da Mariña a Vista Alegre, tras a vitoria colleitada o pasado mércores ante o Castro FSF, de Segunda, no cuarto amigable de preparación, un retorno a casa moi reconfortante.

Jenny, do Burela, nun partido contra o Viaxes Amarelle como o desta semifinal / BURELA
Jenny, do Burela, nun partido contra o Viaxes Amarelle / BURELA

Sobre o partido contra das de Castro de Rey, a lusa Jenny explicaba: “O inicio non foi bo, pero na segunda parte melloramos moito e tivemos infinidade de ocasións. Atopámonos moi ben”, reflexionaba a xogadora sobre o comezo da semana, agardando que o traballo e a evolucións dos dous meses de traballo de pretempada se poida reflectir unha vez máis sobre a pista.

Hoxe, sábado, terán ocasión ante un rival que regresa esta tempada á elite con toda a ilusión do mundo e a intención clara de non volver perder a categoría, sumándose así ao resto de escuadras galegas da máxima categoría do fútbol sala estatal onde militan esta tempada: Cidade de As Burgas, Ourense Envialia, Poio Pescamar, Burela Pescados Rubén e as retornadas do Viaxes Amarelle.

A Primera Feminina da RFEF, con cinco equipos galegos, xa ten calendario

Un positivo adía a outra semifinal : Ourense Envialia vs Poio Pescamar

Tal e como informábamos desde As Nosas, encontro entre Ourense Envialia e Poio Pescamar, protagonistas da outra semifinal, que estaba prevista para o mesmo día e á mesma hora, tivo que verse suspendido por mor dun caso positivo nun contacto directo dunha xogadora ourensá. Esta circunstancia activa o protocolo COVID-19 e obriga ás persoas implicadas ao illamento social preventido ata contar con PCR negativa.

Suspendido o Ourense Envialia – Poio Pescamar da Copa Xunta 

Etiquetas Copa GaliciaCopa XuntaCopa Xunta de Galiciafútbol salafutsalourense envialiaPescados Rubén Burelapoio pescamarsemifinaissemifinalviaxes amarelle
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Ourense Envialia vs Pescados Rubén Burela na Copa da Raíña FSF 2022 / RFEF

Sete futbolistas que non seguirán no Pescados Rubén Burela

por Redacción As Nosas
04/07/2022
0

  Ata sete xogadoras din adeus esta tempada á disciplina do Pescados Rubén Burela. Ale de Paz, Lara Balseiro, Bea...

A Selección Española de fútbol sala, campioa de Europa con Silvia Aguete como protagonista nos penalties / RFEF

A galega Silvia Aguete, heroína na vitoria nos penaltis de España no Europeo

por Redacción As Nosas
04/07/2022
0

  A Selección Española Feminina de Fútbol sala comezou sufrindo, pero terminou reconquistando Europa. A porteira galega Silvia Aguete foi...

Selección de España de fútbol sala no Europeo de Gondomar (Portugal) / RFEF

España gaña a Ucrania no Europeo nun partido con protagonismo galego

por Redacción As Nosas
02/07/2022
0

  A Selección de España que adestra Clàudia Pons colleitou unha cómoda vitoria que serve para meterse na final do...

Selección Española feminina de Fútbol Sala adestrada por Clàudia Pons / RFEF

A Selección Española de futsalfem está lista para repetir éxito en Gondomar

por Redacción As Nosas
01/07/2022
0

  As galegas Luci (Poio Pescamar), Silvia Aguete (porteira do ENCE Marín Futsal), e Ale de Paz (Pescados Rubén Burela) están na...

Raúl Jiménez dando instrucións no banco do ENCE Marín FutSal / SABELA MOSCOSO

Raúl Jiménez non seguirá á fronte do banco do ENCE Marín Futsal

por Redacción As Nosas
26/06/2022
0

  O ENCE Marín Futsal anunciou que o técnico Raúl Jiménez, non seguirá adestrando ao primeiro equipo da entidade galega...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Carlota Suárez ficha polo Dépor ABANCA / RCD

A galega Carlota Suárez, nova xogadora do Dépor ABANCA para a tempada 2022-23

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Carlota Suárez ficha polo Dépor ABANCA / RCD

A galega Carlota Suárez, nova xogadora do Dépor ABANCA para a tempada 2022-23

05/07/2022
Patri López, Dépor ABANCA / RCD

Patri López continúa no Dépor ABANCA no curso 2022-23

05/07/2022
Ourense Envialia vs Pescados Rubén Burela na Copa da Raíña FSF 2022 / RFEF

Sete futbolistas que non seguirán no Pescados Rubén Burela

04/07/2022
Selección Galega Atletismo na que está Belén Toimil / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Belén Toimil e Yulenmis Aguilar vencen nas súas modalidades no Campionato de España de Seleccións

04/07/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.