- O Pavillón da Gándara, en Narón, foi o escenario do sorteo que determinou os enfrontamentos da penúltima rolda da Copa Galicia, que terá lugar o venres 19.
- O sábado 20 disputarase a final na citada localidade coruñesa a partir das 20:00 horas.
O Concello de Narón e a Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) colaboran na organización desta XXXVIII edición da Copa Galicia para garantir o éxito dunha competición que representa o máximo expoñente do baloncesto feminino galego.
A emoción da XXXVIII Copa Galicia Feminina está servida. O sorteo celebrado esta mañá no Pavillón da Gándara, en Narón, decidiu os cruces das semifinais, que medirán o vindeiro venres, día 19, a Durán Maquinaria Ensino contra Maristas Coruña (18:30 h) e Baxi Ferrol contra Celta Femxa Zorka Baloncesto (21:00 h).
Ver esta publicación en Instagram
As deportistas gañadoras xogarán a final o sábado 20 ás 20:00 horas no mesmo escenario naronés.
O acto contou coa presenza da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; o presidente da Federación Galega, Julio Bernárdez; e a vicepresidenta FEGABA, Susana García quen subliñou que “esta Copa é o escaparate perfecto para visibilizar o talento do noso baloncesto feminino”. “A presenza da Copa en Narón é tamén unha homenaxe á última gran temporada que Baxi Ferrol nos regalou a todos”, salientou a vicepresidenta da FEGABA.
Susana García, vicepresidenta da FEGABA: “A presenza da Copa en Narón é tamén unha homenaxe á última gran temporada que Baxi Ferrol nos regalou a todos”
Pola súa parte, a delegada Territorial da Xunta en Galicia, Martina Aneiros; remarcou a calidade dunha “máis que consolidada Copa Galicia, da que 38 edicións faltan por por si soas”. “É un orgullo se celebre en Narón e nun momento tan extraordinario para o Baloncesto Galego e, en especial en el baloncesto femenino” concluiu.
Martina Aneiros, delegada da Territorial da Xunta: “Máis que consolidada Copa Galicia, da que 38 edicións faltan por por si soas”
Finalmente, a alcaldesa de Narón pechou a presentación louvando a celebración dunha edición de Copa Galicia que “permitirá que as nosas deportistas desfruten sobre a pista de auténticos referentes”. Nesta liña, amosou una vez más “o apoio indubidable do Concello ao deporte femenino”.
Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón salientou o “apoio indubidable do Concello ao deporte feminino”.
Ver esta publicación en Instagram
Venda de entradas para a Copa Galicia
As entradas individuais e abonos para as semifinais e final da Copa de Galicia de baloncesto feminino continúan á venda a través de Ataquilla.com.
A Federación Galega de Baloncesto informou de ter activabada a venda de entradas e abonos para a XXXVIII Copa Galicia Feminina o pasado 11 de setembro. A Fase Final da competición copeira, que nesta edición conta co Concello de Narón como sede, disputarase no Pavillón Polideportivo de A Gándara os vindeiros 19 e 20 de setembro, con horarios xa confirmados e a venda de entradas e abonos.
O acceso á compra de abonos para os tres partidos programados, e ás entradas de día pode realizarse a través da plataforma Ataquilla.com con prezos desde o 11.60 euros. As dúas semifinais celebraranse o venres ás 18:30 horas e 21:00 horas, e a final o sábado 20 ás 20:00 h.
- Venda de ENTRADAS DE DÍA – Ataquilla.com
- Venres 19 (18:30 h) Semifinal 1: Durán Maquinaria Ensino contra Maristas Coruña.
- Venres 19 (21:00 h) Semifinal 2: Baxi Ferrol contra Celta Femxa Zorka Baloncesto.
- Sábado 20 (20:00 horas): Final entre os conxuntos vencedores das dúas seminais.
- Venda de ABONOS – Ataquilla.com
Segundo informa a FEGABA “os menores de seis anos poderán acceder sen entrada”.
Ver esta publicación en Instagram





















