• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Sementando igualdade por terras da Mariña

Visitamos o CEIP Cervo, na provincia de Lugo, para falar de xornalismo deportivo con visión de xénero á rapazada do cole, non tedes idea do clarísimo que tiñan conceptos que as persoas adultas ás veces esquecemos

Silvia Carregal por Silvia Carregal
21/03/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Iago Cerezuela e Silvia Carregal acudiron ao CEIP de Cervo en representación da redacción de As Nosas

Iago Cerezuela e Silvia Carregal acudiron ao CEIP de Cervo en representación da redacción de As Nosas

220
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Hai uns días o equipo das Nosas recibiu un convite moi especial. Unha profe do CEIP Cervo, na Mariña lucense, que coñecía o noso proxecto informativo, preguntounos se nos animabamos a participar nas actividades da súa Semana da Prensa e do 8M.

Falarlles a rapazada tan noviña de muller e deporte, de xornalismo con visión de xénero, en definitiva do que facemos en As Nosas, parecíanos tan complicado como esencial. Así que aceptamos o reto e, sobre todo, a responsabilidade de intentar sumar na tarefa de sementar valores de igualdade aló por onde imos, que é o que lle da sentido a este medio de comunicación.

Logo de compartir unha mañá co alumnado de 1º, 2º e 3º nunha quenda inicial e 4º, 5º e 6º de Primaria na segunda quenda, cremos que podemos asegurar que esa semente xa estaba enraizada e agromando con forza nesas terras da Mariña. Non fixo falta sementar, así que, finalmente, so acudimos a regar unha terra fecunda en valores.

O primeiro reto era conseguir comunicar no seu mesmo idioma. Prohibido empregar palabras complicadas ou conceptos que para alumnado de Primaria fose complicado de interiorizar. Adeus a dicir “androcentrismo” e tamén a empregar frases como “xornalismo con visión de xénero”.

Optamos por explicarlles quen eramos e qué faciamos do xeito máis sinxelo que soubemos. Buscamos xerar dinámicas de xogo e sobre todo animar a nenas e nenos a que preguntasen e participasen sempre que quiseran. E funcionou! (ou iso pensamos…)

A esa cita co CEIP Cervo acudimos Iago Cerezuela e servidora, Silvia Carregal, que como veredes asino esta crónica dun ‘partido’ que foi moi especial para nós.

Cando lles pedimos que se animasen a darnos nomes de mulleres do deporte en Galicia empezouse a recitar a alineación das Guerreiras Laranxas do Burela FS posto por posto. Seguro que sabedes que Cervo está moi preto de Burela, así que moitas das alumnas e alumnos seguían ao mellor equipo do mundo, acudiran a Vista Alegre e eran fans de Peque, de Irene, de Caridad, de Emilly, de Antía, de Jozi… Poderíamos seguir con todo o bloque de xogadoras laranxas, por que damos fe de que as tiñan a todas fichadísimas.

Sorprendeunos a cantidade de deportistas galegas que coñecían e, sobre todo, que aínda que no arranque das conversas o fútbol era o deporte que máis soaba nas respostas, co paso dos minutos apareceron moitas outras disciplinas e escoitamos como citaban nomes como: Teresa Portela, Ana Peleteiro, Belén Toimil ou Julia Benedetti.

Persoalmente quedei enorme e gratamente sorprendida de cantísimo sabían!

Por exemplo, cando preguntamos se coñecían canto lanzaba Belén Toimil, cal era o récord de España que ela posúe, francamente so agardabamos que, no mellor dos casos, alguén dixera “máis de 18 metros”. Como vos quedades se vos contamos que unha rapaza levantou a man e dixo “18,80 mts”. Falou absolutamente segura e tranquila como se fose o máis normal do mundo saber algo que teño para min que non saben nin sequera moitos colegas xornalistas deportivos (eu mesma non sei de memoria todas as mellores marcas). Así que: Ben por vós xentiña de Cervo. E ben por ela, brava!

Ao longo da conversa falamos de como a igual esforzo as recompensas de homes e mulleres, no deporte, non eran parellas. Non houbo dúbidas de que iso era algo inxusto.

Debuxando co alumnado do CEIP de Cervo

Debuxo realizado por unha alumna do CEIP Cervo durante a visita das Nosas
Debuxo realizado por unha alumna do CEIP Cervo durante a visita das Nosas

Debuxamos deportistas de moitas disciplinas, rugby, fútbol, tenis, baloncesto, natación, baile, si, si, baile… lembrade que o break dance vai ser deporte olímpico en París! No CEIP de Cervo tiñan claro que o baile era deporte, é tal.

Con eses debuxos queríamos comprobar se había paridade debuxos mulleres e homes deportistas. Houbo moitísimos nomes de muller nos debuxos. Atreveríame a dicir que maioría, pero como non fixemos un reconto exhaustivo, e prometimos que iamos ser veraces nas nosas informacións, non imos ser uns falabarato. Faremos xornalismo con rigor e non afirmaremos algo así sen ter os datos contabilizados.

Hai futuro, hai canteira!

Soubemos que nesas aulas de primeiro a sexto de Primaria do CEIP de Cervo hai patinadoras, atletas, futbolistas, ximnastas, e… quen sabe se algún ou algunha xornalista de información deportiva que no futuro poida dar conta do que pasa nunha realidade mediática na que non importe o xénero, senon unicamente os méritos de quen practica o deporte que sexa.

Deixámosvos aquí a peza que subiron ás redes do cole para dar conta da nosa visita. Poderedes ver o ben que o pasamos, o participativas que foron as charlas (grazas mil por tanta pregunta e achega) e tamén, por suposto, o ben que canta Ses 😉 Temazo o escollido como base musical para este reel pola persoa xestora de redes!

Agradecemos que pensárades en nós para unha actividade tan importante. Pasamos unha mañá enriquecedora e ilusionante.

Prezado alumnado de Primaria de Cervo, sodes o futuro da nosa sociedade e coñecervos encheunos o peito de esperanza. Ben por vós! Hai canteira!

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de CEIP DE CERVO (@ceip_de_cervo)

Etiquetas As NosasCEIP CervocharlaIgualdade
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Hugo Hernández, redacción As Nosas

As putas amas

por Hugo Hernández
09/11/2024
0

  O rexeitamento social, o menosprezo, a humillación e mesmo a clandestinidade son algunhas das afrontas que combateron e que,...

VII Seminario de Intercambio de Experiencias no deporte organizado polo Eixo Atlántico / SABELA MOSCOSO

O Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do deporte do Eixo Atlántico alcanza a súa 7.ª edición

por Redacción As Nosas
29/10/2024
0

  O VII Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do deporte celebrado no Centro Cultural de Alfena en Valongo...

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, e outros membros da xunta directiva para estudar posibles vías de colaboración en materia de promoción da igualdade e de loita contra a violencia de xénero / FEGABA

A FEGABA presenta á consellería de Política Social e Igualdade o seu proxecto ‘Social Basket’

por Redacción As Nosas
23/10/2024
0

  A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co presidente da Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), Julio...

Silvia Carregal, xornalista e directora de As Nosas

Ese único latexo do Dépor ABANCA hoxe sentímolo no corazón

por Silvia Carregal
19/04/2024
0

  No mundo do fútbol adoita decirse que estamos ante un deporte que é un sentimento. E avísase co "non...

A campioa olímpica Ángela Pumariega, participou na acción 'Mulleres dos mares' / AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA

A campioa olímpica Ángela Pumariega participou na acción ‘Mulleres dos mares’ na Coruña dirixida ao alumnado galego

por Redacción As Nosas
27/03/2024
0

  Educación Azul e Inspiring Girls achegan as figuras das “Mulleres dos mares” ao alumnado galego. 63 nenos e nenas...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

15/06/2025
A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff / XUNTA DE GALICIA

A Xunta entrega á Federación Galega de Remo unha embarcación skiff para a preparación dos deportistas do CGTD para Los Ángeles 2028

13/06/2025
Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabiel Alén, inaugurou o Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Hóckey / XUNTA DE GALICIA

As subvencións a clubs deportivos para a súa actividade acadan o máximo número de beneficiarios con máis de 1.400

13/06/2025
Presentación da 'Xira Galega de Balonmán Praia’ / XUNTA DE GALICIA

O balonmán praia despunta en Galicia coa xira de verán que terá lugar na praia Banda do Río de Bueu

12/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.