Tras a autorización da RFEF (Real Federación Española de Fútbol), o Futsal Women’ s European Champions tamén terá o selo UEFA. A cita internacional, que reunirá as campioas das mellores ligas europeas en Lugo a principos de decembro, acaba de recibir o permiso deportivo da UEFA. O Burela, xogará esta competición como campioas da Liga española.
Rusia, Portugal, España, Croacia, Ucraína e Italia estarán representados no Pazo dos Deportes da cidade amurallada entre os días 2 e 5 de decembro.
No Grupo I estarán Pescados Rubén Burela FS, o ruso MFC Normannochka e o croata Osijek. O Grupo 2 estará composto polo portugués Benfica, o ucraíno Tesla e o italiano Pescarqa.

CALENDARIO DA FUTSAL WOMEN’S EUROPEAN CHAMPIONS (*)
XOVES 2/12/21
- 17.30 horas: Benfica SL- WFC Tesla
- 20.00 horas: Pescados Rubén Burela- Osijek
VENRES 3/12/21
- 17.30 horas: WFC Tesla-Pescara Femminile
- 20.00 horas: Osijek- MFC Normanochka
SÁBADO 4/12/21
- 16.15 horas: Pescara Femminile- Benfica SL
- 18.30 horas: MFC Normanochka-Pescados Rubén Burela FS
DOMINGO 5/12/21
- 12.30 horas: Final
(*) Horarios provisionais





















