• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Balonmán Máis balonmán

As seleccións galegas infantís e cadetes xogarán os cuartos de final do CESA 2023 de balonmán

Acadaron o ascenso as seleccións cadete (masculina e feminina) e a infantil feminina, todas ante Asturias | No aspecto negativo, confirmouse o descenso á Copa da selección xuvenil feminina

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/01/2023
en Balonmán, Máis balonmán
Selección Galega infantil feminina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Selección Galega infantil feminina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

61
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Catro combinados galegos (as categorías infantil e cadete masculina e feminina) xogarán os cuartos de final do CESA 2023 Costa Blanca . Confirmaron o ascenso ao Campionato as seleccións cadetes (masculina e feminina) e a infantil feminina, todas elas fronte a Asturias.

No aspecto negativo, confirmouse o descenso á Copa da Selección  Galega xuvenil feminina, que fixo un gran partido ante Euskadi. Ademais, tal e como informa a Federación Galega de Balonmán, a Selección Galega xuvenil masculina venceu a Aragón, aínda que continuará en Copa.

Galicia vs Euskadi no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Galicia vs Euskadi no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Infantil masculina: Navarra, 20 – 39, Galicia CESA 2023

Terceiro e intranscendente partido para a selección galega infantil masculina, xa que todo estaba decidido (Galicia era primeira de grupo e Navarra estaba descendida). Así que o difícil era estar enchufados no xogo. No inicio, o conxunto galego saíu ben, pero enseguida se desconectou, aínda que sempre co dominio no marcador. Ao descanso, 14-19, pero as sensacións non eran as que quería o corpo técnico.

Así que no vestiario houbo charla e os rapaces saíron a dalo todo, coma sempre. E entón, todo comezou fluír. Dende esa magnífica defensa que lles caracteriza, cambiou a cara do equipo, que deixou a Navarra en so 6 tantos na segunda metade. Desta forma, o equipo de Menduiña se despide da fase de grupos con boas sensacións e xa pensa nos cuartos de final, onde tratará de dalo todo para meterse nas semifinais do CESA 2023.

FICHA TÉCNICA

20) NAVARRA: Xabier Beriain, Daniel Quesada (3), Iker Díaz, Alain Hidalgo (2), Mikel Osete (1), Íñigo Garralda (2), Eneritz Shiyong, Egoi Parrondo, Unai Torregrosa (1), Alain Illescas (2), Eneko Arguibide (1), Yago Maestu (5), Mikel Latasa, Sergio Andueza (2), Iker Baquedano (1).

39) GALICIA: Hugo Carreira, Christian Ferradás (2), José Enrique Portas (2), Xurxo Otero (4), Xoan Canedo (2), Lucas Díaz (5), Martín Vázquez (3), Manuel Souto (5), Xoel Lago (2), Lois Alonso (4), Luis Martínez (2), Matías Gestido, Marcos Carlón, Saul Fuentefría (3), Dimitrije Doder (3), Pablo Pardo (7).

EQUIPO ARBITRAL: Marta Fernández e Maialen Calderón. Excluíron dous minutos a Mikel Soete e Sergio Andueza (Navarra) e aos galegos Martín Vázquez, Lois Alonso, Saúl Fuentefría e Pablo Pardo.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 3-5, 5-8, 8-12, 12-15, 14-19 (descanso), 17-24, 17-27, 18-31, 19-35, 20-39.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á terceira xornada do Campionato de España Infantil Masculina, grupo A (CESA 2023), celebrado no Pabellón Pau Gasol.

Venres 6, Galicia-Asturias (18:00 horas)

Infantil feminina: Asturias, 16 – 19, Galicia

As minigalaicas están nos cuartos de final do CESA 2023! Foi un partido moi duro e competido contra Asturias, que se decidiu nuns últimos e apaixonantes minutos, nos que a figura da meta galega Raquel Blanco foi crucial. O partido comezou ben para Galicia que, como sempre, non escatima nin unha gota de esforzo na intensidade defensiva.

Así, dende o minuto 1, o combinado dirixido por Ana Alonso logrou poñerse por diante, primeiro con distancias curtas e despois, máis amplas, para chegar ao descanso cinco tantos arriba (6-11). Pero as nosas sabían que no segundo tempo, Asturias ía esmagar e non se equivocaron.

As asturianas abriron a súa defensa e comezou o sufrimento de Galicia, que non era quen de chegar en posicións cómodas ao lanzamento. Así, o partido se igualou e chegou ao minuto 45 con empate (16-16).

Os minutos finais foron de infarto, aínda que Asturias nunca logrou poñerse por riba. Con 16-17 a favor de Galicia, Asturias dispuxo dun 7 metros e aquí apareceu a figura da meta galega Raquel Blanco que fixo tres paradas consecutivas en minuto e medio, e Galicia pechou un triunfo merecido por corazón, ganas e confianza nas súas forzas.

O obxectivo do ascenso está cumprido e agora toca desfrutar dos cuartos de final do CESA 2023 ante Canarias.

FICHA TÉCNICA

16) ASTURIAS: Lucía Suárez, Teresa Fernández,Candela Menéndez, Elena García (2), Ángela Granados (2), Paula Fernández (4), Elena Peláez (1), Elsa Parajón (2), Marina González, Lucía Calleja (5), Ruth Pozuelo, Olaya Laruelo, Noa Álba, Genesis Camila, Daniela Berdasco.

19) GALICIA: Iria Alonso, Emma Rial (5), Candela Martínez (1), Gabriela Martins (6), Ana Cancelas, Noa Portela, Lorena Ngnipa (1), Iris Santana (2), Sara Limes (2), Raquel Muñiz (2), Alba del Valle, Leira Brun, Irene Rodríguez, Vera Sierra, Leyre Azurmendi, Raquel Blanco.

EQUIPO ARBITRAL: Juan Luis Gómez e Joaquín Gázquez. Excluíron dous minutos a Ángela Granados, Paula Fernández e Lucía Calleja (2), por Asturias e a Candela Martínez, Noa Portela e Sara Limes (Galicia).

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 0-1, 2-3, 4-5, 5-7, 6-11 (descanso), 8-12, 9-14, 13-14, 16-16, 16-19.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á fase intermedia da Copa de España Infantil Feminina, grupo B, celebrado no Pabellón Colegio San Agustín.

Venres 6, Canarias-Galicia (12:00 horas)

Cadete feminina: Galicia, 30 – 21, Asturias

A selección galega cadete feminina acadou o ascenso á Campionato nesta categoría no transcurso deste CESA 2023.

Primeiro obxectivo acadado polas rapazas dirixidas por Adrián Pumar e agora a soñar. Enfrontáronse a Asturias nesta loita polo ascenso e, como en días anteriores, a clave estivo na defensa 6:0. O combinado galego saíu moi intenso, con moitas axudas e sen dar opcións a Asturias, que non sabía como librarse desa presión. Así,no minuto 15 o resultado era 10-3.

Selección Galega cadete feminina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Selección Galega cadete feminina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Pero estas rapazas non baixan a intensidade e seguiron presionantes para chegar ao remate dos primeiros 30 minutos cun definitivo 18-6. O inicio da segunda metade seguiu cos mesmos parámetros e a vantaxe ampliouse ata os 16 goles (23-7, min- 35) e iso permitiu a Pumar dar minutos a todas as xogadoras para así chegar en mellores condicións ao partido de cuartos de final do Campionato de España ante Navarra, segunda clasificada do grupo A.

FICHA TÉCNICA

30) GALICIA: Carmen Magallanes (6), Leire González (2), Isis Moreno (2), Iria López (2), Ainé Roca (1), Naihara Costas (3), Salma Aakcha, Celia Pérez (1), Alba Pérez (2), Paula Diéguez, Uxía Fernández (2), Iria Augusto (1), Alejandra Montenegro (2), Isabel Álvarez (2), Leticia Santos, Iria Benaches (4).

21) ASTURIAS: Carlota Colunga, Vega Fernández (1), María Sosa (1), Laura Fernández, Paola Martínez, Leyre Nieto (3), Inés Quirós (2), Vera Sánchez (1), Leire Vigil (3), Irene Campal, Laura Sánchez (3), Marian Mallou, Cecilia Cuesta (1), Llara Solís (5), Adriana Menéndez (1).

EQUIPO ARBITRAL: Cristina Gil y Rafael Gil. Excluíron dous minutos as galegas Isabel Álvarez e
Leticia Santos e ás asturianas Vega Fernández, Vera Sánchez e Adriana Menéndez.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 5-1, 7-2, 10-3, 12-3, 14-4, 18-6 (descanso), 23-7, 24-9, 26-12, 27-13, 28-17,
29-21

INCIDENCIAS: Partido correspondente á fase intermedia da Copa de España Cadete Feminina, celebrado no Polideportivo Municipal de Sant Joan.

Venres 6 Navarra – Galicia (12:00 horas).

Cadete masculina: Galicia, 31 – 22, Asturias

E continuaron as boas novas co ascenso da selección galega cadete masculina. Foi un partido que foi madurando pouco a pouco. Galicia sabía que por plantilla era superior, mentres que Asturias dispoñía dun sete inicial moi competitivo, pero menos fondo de armario. Así que era cuestión de tempo e de seguir facendo as cousas como ata agora. A fantástica defensa do noso equipo permitíalle recuperar balóns e acadar goles rápidos á contra.

Así, dende o inicio, o dominio foi de Galicia. Ao descanso, 14-11, para os nosos. Tralo paso por vestiarios, César Armán deu entrada a xogadores frescos, que non xogaran na primeira parte, e romperon o partido, como sempre dende a defensa. A distancia foi medrando: 5, 6 goles, para chegar ao 31-22 final.

Agora coa tranquilidade de acadar o primeiro obxectivo, toca soñar con facer algo importante no Campionato. Traballo, ganas e ilusión non faltan.

FICHA TÉCNICA

31) GALICIA: Alonso Martínez, Atalo Bello (4), Marcos Suárez (2), Nicolás Cancela, Yago López (3), Iván Sánchez, Manuel Hernández (7), Marcos Varela, Daniel Periscal (3), Roque Estévez (2), Pablo Pazos (2), Jaime Serrano (1), Samuel Seijas (3), Henrique Traba (3), Diego Mourelle (1), Adrián Chapela.

22) ASTURIAS: Illán Álvarez, Diego Ruiz (5), Jorge Martínez (2), Matias de la Puente, Carlos Medina (4), Marcos González (2), Diego Fernández (2), Diego Hevia (2), Edgar Fernández, Pablo González (1), Julio Belver, Yuma Álvarez (1), Víctor Ruiz, Igor Fernández, Jaime Marín (3).

EQUIPO ARBITRAL: David Targarona e Marc Jiménez Excluíron dous minutos a Nicolás Cancela, Yago López, Jaime Serrano e Henrique Traba, por Galicia e aos asturianos Diego Ruiz e Diego Hevia (2).

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 5-3, 6-5, 7-5, 9-6, 12-8, 14-11 (descanso), 18-12, 19-13, 22-15, 24-16, 27-18,
31-22.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á fase intermedia da Copa de España Cadete Masculina, grupo A CESA 2023, celebrado no Polideportivo Municipal de Sant Joan.

Venres 6, Catalunya-Galicia (16:00 horas)

Xuvenil feminina: Euskadi, 28 – 25, Galicia.

Non puido ser. A Selección Galega xuvenil feminina necesitaba vencer por nove tantos a Euskadi para poder seguir en campionato e a pesar de facer o mellor partido do torneo, non puideron vencer.

Esta vez si, as galaicas saíron enchufadas dende o inicio e nos primeiros minutos puxéronse por diante no marcador, con distancias curtas. Así foi ata case mediada a primeira parte, cando Euskadi logrou adiantar a Galicia e acadar un pequena vantaxe. Ao descanso, 13-10.

Na segunda parte, Galicia seguiu intentándoo, pero enfronte estaba un gran rival, que non quería sorpresas, polo que seguiron traballando moi serias para pechar unha axustada vitoria, que deixa ao noso equipo na Copa de España, onde se enfrontará a Asturias.

FICHA TÉCNICA

28) EUSKADI: Uxue Alonso, Haizea García (1), Eider Elorza (6), June Amilibia (3), Irati San Martín, Izaro Saiz (7), June Dorronsoro, Maialen Olabarria, Iohane Narvaiza, June Zubiaurre, Maialen Orbañanos (9), Eider Tapia (2), Libe Arruabarrena, June Urbitarte, Eider Polo.

25) GALICIA: Irene Ríos, Lucía Méndez (3), Ángela Vilaboa (2), Aroa Fernández (1), Lucía Villamarín (1), Nayara Pereira, Yaiza Gil (1), Inés Bernárdez, Nerez Patiño (4), Lucía Álvarez (4), Mencía Lorenzo, Carla Vidal, Nerea Arias (4), Lucía Lema, Sara Pereira (5), Iria Sierra.

EQUIPO ARBITRAL: Cristina Martín y Libertad Martínez. Excluíron dous minutos a June Dorronsoro, June Zubiaurre e Eider Tapia, por Euskadi e á galega Aroa Fernández (3, descualificada no minuto 51:59).

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 2-4, 5-6, 7-6, 9-7, 11-8, 13-10 (descanso), 18-11, 19-15, 21-16, 21-18, 25-22,
28-25

INCIDENCIAS: Partido correspondente a terceira xornada da fase de grupos do Campionato de España CESA 2023. Palau D´Esports Vila D´Altea.

Venres 6, Galicia-Asturias (11:00 horas), cuartos de final da Copa de España.

Xuvenil masculina: Galicia, 28 – 26, Aragón

O combinado galego xuvenil masculino sobrepúxose ao golpe recibido onte, ao quedarse sen opcións de ascenso na segunda xornada, para facer un gran partido e vencer a Aragón a base de solidariedade, compromiso e unión.

Nas dúas últimas semanas, a selección recibiu moi malas novas en forma de lesións. Perderon a tres homes moi importantes na semana previa ao CESA 2023 e o equipo reaccionou facéndose forte como grupo para enfrontar as adversidades. E precisamente iso foi o que pasou.

Fronte a un gran rival como Aragón, con bos xogadores e moitos centímetros de máis, Galicia fixo un fantástico traballo, cunha grande intensidade defensiva e solidariedade no traballo, mentres que en ataque soubo facer un xogo dinámico, con velocidade de pelota e con pausa, cando era necesario.

Así, lograron poñerse por diante no marcador e incluso alcanzar os seis tantos de vantaxe. No tramo final tocou sufrir, con Aragón atosigando, pero Galicia xogou con cabeza fría e mostrou que aprendeu dos erros, para saír airoso nun final agónico.

Vitoria galega por 28-26 e a pensar e gozar do resto da competición.

FICHA TÉCNICA

28) GALICIA: Mateo Pallas, Eduardo Alonso (6), Brais Martínez (3), Iago Rivas (2), Pablo Fernández (1), Alexandre Gallego, Denis Iglesias (2), Senén Garea, Xoan Fernández, Carlos Menduiña (1), David Failde, Nuno Loxo (4), Carlos Morales (4), Juan Rodríguez (4), Manuel Soliño (1).

26) ARAGÓN: Juan García (1), Álvaro Acosta (3), Pelayo Gil (1), Joel Romero (3), Guillermo García (1), Marcos Montañés (1), Marcos Rodríguez, Fernando Baquero, Rafael Val (5), Santiago Carroquino (7), Javier Salafranca (3), Antonio Cánovas (1), Valentín Ruiz, Ángel Calvo, Lorenzo Nasarre, Carlos Sánchez.

EQUIPO ARBITRAL: Manuel Juan Dato e Ioana Mihaela. Excluíron dous minutos aos galegosBrais Martínez e Alex Gallego e a Pelayo Gil, Javier Salafranca, Valentín Ruiz e Ángel Calvo, por Aragón.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 3-2, 3-5, 7-9, 9-11, 11-12, 15-14 (descanso), 18-15, 20-18, 22-19, 26-20, 26-
23, 28-26

INDICENCIAS: Partido correspondente á terceira xornada da Copa de España Xuvenil Masculina, grupo B, celebrado no Pabellón Els Oms-Mutxamel.

Venres 6, Galicia-Castela a Mancha (18:00 horas), cuartos Copa.

Etiquetas balonmáncadeteCESACESA 2023Galiciainfantilselección galegaxuvenil
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Zuazo, sétimo rival do Mecalia Atlético Guardés en tres semanas

por Redacción As Nosas
01/04/2023
0

  Hoxe, sábado, ás 19.00 horas, o Mecalia Atlético Guardés pechará o seu maratón de abril co sétimo partido en...

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BALONMANO PORRIÑO

Gañar ao pechacancelas para asentarse no cuarto posto, o obxectivo do BM Porriño

por Redacción As Nosas
01/04/2023
0

  Hoxe, sábado, 1 de abril, ás 19:00 horas no Palacio dos Deportes de La Rioja enfrontaranse o Grafometal La...

A ciclista galega de categoría elite, Alba Arias, foi segunda na proba da Copa de España celebrada en La Adrada / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

A Selección Galega de Enduro acada dous segundos postos na Copa de España de La Adrada

por Redacción As Nosas
27/03/2023
0

  Eva Castro estreouse oficialmente como adestradora da Selección Galega este domingo con dous segundos postos, obtidos pola ciclista elite...

AtticGo Elche vs Mecalia Atlético Guardés, na European Cup / CBM ELCHE

O Guardés dá un paso cara á final impoñéndose ao AtticGo Elche (22-23)

por Redacción As Nosas
20/03/2023
0

O Mecalia Atlético Guardés callou unha firme actuación colectiva, chea de compromiso e entrega ante o AtticGo Elche. Patrícia Lima,...

Deportistas galegos de alto nivel co presidente, Alfonso Rueda, e o secretario xeral para o deporte, Lete Lasa / XUNTA DE GALICIA

Galicia volve rachar o seu teito histórico en deportistas recoñecidos superando os 800

por Redacción As Nosas
17/03/2023
0

  Entre os novos 75 nomeamentos como deportistas galegos de alto nivel (DGAN) destacan Helena García de taekwondo, Eva Feijoo...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA empata un partido que perdía co Granada CF (2-2)

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA empata un partido que perdía co Granada CF (2-2)

01/04/2023
Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Zuazo, sétimo rival do Mecalia Atlético Guardés en tres semanas

01/04/2023
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BALONMANO PORRIÑO

Gañar ao pechacancelas para asentarse no cuarto posto, o obxectivo do BM Porriño

01/04/2023
Vitoria do Dépor ABANCA con triplete de Millene / RCD

Nova final para o Dépor ABANCA coa visita a Abegondo do Granada CF, outro aspirante ao ascenso

01/04/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.