• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

As Seleccións Galegas de fútbol gaélico regresan do Torneo do Madrid Harps amosando o seu gran momento deportivo

A final feminina foi entre as dúas Seleccións Galegas, mentres que a Selección Galega masculina caía derrotada final por un tanto diante do Armagh Harps

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
20/11/2024
en Fútbol, Máis fútbol
Seleccións Galegas fútbol Gaélico no Torneo de Madrid / AGFG

Seleccións Galegas fútbol Gaélico no Torneo de Madrid / AGFG

148
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • A AGFG levou catro equipos a esta competición, dous masculinos e dous femininos.
  • A final feminina foi entre as dúas Seleccións Galegas, mentres que a Selección Galega masculina caía derrotada final por un tanto diante do Armagh Harps.
  • ‘Jano’ Sanmartín, responsable das Seleccións Galegas: “O bo estado de saúde do fútbol gaélico galego, a nivel de seleccións e de clubs estase a ver reflectido nestes dous últimos anos nos que se está competindo ante equipos europeos, alcanzando finais e gañándoas”.

Madrid foi escenario esta fin de semana dunha nova edición do Torneo de fútbol Gaélico que cada ano organiza o club Madrid Harps. A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) acudía con catro equipos que defendían as cores da Selección Galega. O gran momento desta disciplina en Galicia quedou patente ao protagonizar os dous equipos femininos a final da súa categoría e quedar o masculino segundo.

Alexandre Sanmartín ‘Jano’, responsable das Seleccións Galegas de fútbol gaélico e coordinador xeral das ‘Gaélico Escolas PuntoGal’ salientaba o “bo estado de saúde que presenta o gaélico galego non só a nivel de seleccións se non tamén a nivel de clubs”.

Jano Sanmartín, responsable das Seleccións Galegas: “Estamos ante o mellor momento competitivo do gaélico galego. Nestes dous últimos anos valoramos moi positivamente que tanto no masculino como no feminino chegamos sempre ás ultimas roldas e competimos con equipos junior irlandeses”

Tal e como explicaba Alexandre Sanmartín ‘Jano’ isto “estase a ver reflectido nestes dous últimos anos tanto nos torneos nos que están participando as Seleccións Galegas, competicións do circuíto europeo como pode ser este torneo de Madrid como o da  Haia, como tamén nos torneos de clubs como puido ser este ano o Panaeuropeo de Lyon. Nestes torneos vemos como tanto as seleccións como os clubs non só están competindo contra equipos europeos se non que ademais están alcanzando as finais e gañándoas. Por iso, nestes dous últimos anos valoramos moi positivamente que tanto no masculino como no feminino chegamos sempre ás ultimas roldas e competimos con equipos junior irlandeses”.

Considera o responsable das Seleccións Galegas de fútbol gaélico que se evidencia “que estamos ante o mellor momento competitivo do gaélico galego”.

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) acudía a esta cita con dous equipos por categoría coa fin de ir preparando ás seguintes xeracións. Así viaxaron a Madrid unha Selección Galega máis competitiva que participou co nome ‘Galicia LGFA’ na categoría feminina e ‘Galicia GAA’ na masculina, e outra enfocada á rodaxe dos novos valores do fútbol gaélico galego co nome ‘Galicia LGFA’ 2 na categoría feminina e ‘Galicia GAA 2’ na masculina. Estes últimos constitúen unha aposta de futuro e son equipos de desenvolvemento.

Neste torneo participaron na competición feminina os equipos:

  1. Galicia LGFA
  2. Galicia LGFA 2
  3. Madrid LGFA
  4. Clan na Gael

Na categoría masculina participaron os seguintes equipos:

  1. Galicia GAA
  2. Galicia GAA 2
  3. Madrid Harps Black
  4. Madrid Harps Red
  5. Armagh Harps
  6. East Belfast
  7. Glenfin GAA

A Selección Galega Masculina de fútbol gaélico caía derrotada por un punto na final diante do Armagh Harps por 0-4 vs 0-5.

Superioridade galega no feminino que copou a final con 2 equipos

Selección Galega feminina de fútbol Gaélico no Torneo de Madrid / AGFG
Integrantes das seleccións galegas femininas de fútbol Gaélico no transcurso do Torneo de Madrid 2024 / AGFG

As seleccións galegas femininas deixaron patente a súa superioridade no terreo de xogo ao chegar ambas as dúas á gran final do Torneo de Madrid. Deste xeito o fútbol gaélico feminino galego deixaba claro o seu peso no transcurso deste Torneo do Madrid Harps.

Ambas as dúas seleccións chegaba ao encontro definitivo co triunfo do conxunto Galicia LGFA. Para a AGFG o resultado é o de menos, o relevante e o nivel amosado polos dous equipos. Pódese dicir que ao fin e ao cabo quen gañou foi Galicia e as súas seleccións galegas femininas que chegaron da man ao partido decisivo dando conta gran momento competitivo do fútbol gaélico galego.

As Seleccións Galegas estiveron conformadas polos seguintes deportistas:

GALICIA GAA (masculina)

  • Alexandre ‘Jano’ Sanmartín Costa (adestrador)    
  • Bruno López Ferro (Fillos de Breogán)
  • Daniel Conde Prieto (Estrela Vermelha)
  • Iago Couso Pazo  (Estrela Vermelha)
  • David de la Torre Domínguez  (Estrela Vermelha)
  • Daniel Vaamonde Espasandín (Fillos de Breogán)
  • Samuel Lagoa  (Estrela Vermelha)
  • Daniel Bechler Fernández (Fillos de Breogán)
  • Ismael Pereira Martínez (Keltoi)
  • David Dios Ferro (Keltoi)
  • Sintayehu García Otero (Auriense)
  • Mateo Fernández López  (Estrela Vermelha)
  • Borja González García (Keltoi)
  • Alexandre Louzao Carreira  (Estrela Vermelha)
  • Gabor Pazos Oltai (Estrela Vermelha)
  • Tomás Lagoa (Estrela Vermelha)
  • Marcos Chaves Rodríguez (Lorchos)
  • David Chaves Rodríguez (Lorchos)
  • Gabriel Martínez Argibay (Lume de Beltane)
  • Antonio Lago Pena (Keltoi)
  • Iker Nine Villanueva  (Lume de Beltane)
  • Noé Asensio Fábregas (Turonia GFG)
  • Ismael Méndez Martínez  (Turonia GFG)

GALICIA LGFA  (feminina)

  • Pablo da Silva rocha (adestrador)      
  • Silvia Álvarez Álvarez (Turonia GFG)
  • Antonella Larrascq Álvarez (Turonia GFG)
  • Ánxela María Estévez Salguero (Estrela Vermelha)
  • María Lourdes Rey Cascallar  (Estrela Vermelha)
  • Emma Rojas Amosa  (Estrela Vermelha)
  • Eva Lago Neira (Fillas de Breogán)
  • Iria Labandeira (Auriense)
  • Alba Rodríguez Fernández (Auriense)
  • Sara López Pita (Fillas de Breogán)
  • Leticia Zapata Medina (Fillas de Breogán)
  • María Victoria Benavides Rodríguez (Auriense)
  • Cayetana Rey Dourado (Estrela Vermelha)
  • Uxía Otero Fernández  (Estrela Vermelha)
  • Antía Iglesias Iglesias (Lavandeiras de San Simón)
  • Olalla Alonso Gómez (Lavandeiras de San Simón)
  • Antía Botana Vázquez (Auriense)
  • Aldara Montero Pardavila (Fillas de Breogán)
  • Alexandra Figueroa Vázquez (Turonia GFG)
  • María Arias Vázquez (Auriense)
  • Sara Sánchez (Turonia GFG)

A AGFG

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) é o organismo regulador oficial do fútbol gaélico en Galicia, dende a súa aprobación oficial na convención Europea dos deportes gaélicos en decembro de 2013, o cal lle garante de carácter oficial internacional recoñecido polo máximo órgano, a Gaelic Athletic Asociation (GAA).

Boa parte das actividades da AGFG intégranse dentro da RFGF (Real Federación Galega de Fútbol).

PuntoGal é un dos patrocinadores da AGFG que ademais emprega na súa web o dominio www.gaelicogalego.gal.

Etiquetas AGFGAsociación Galega de Fútbol GaélicoFútbol Gaélicoselección galega
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Seleccións Galegas de fútbol gaélico nos World Games 2026 desfile / AGFG

Galicia regresa dos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con tres trofeos

por Redacción As Nosas
17/07/2026
0

Tres dos catro equipos que presentaba Galicia aos World Games 2026 de fútbol gaélico conseguiron cadansúa final. Pablo da Silva,...

Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

por Redacción As Nosas
11/07/2026
0

Galicia participará con dúas seleccións masculinas e outras tantas femininas en Waterford (Irlanda) na competición internacional máis importante do calendario...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Galicia, fútbol sala / FUTGAL

A Galicia cae ante Cataluña no amigable entre seleccións absolutas de futsal disputado en Lugo (1-3)

por Redacción As Nosas
04/07/2026
0

Non puido ser. A Selección de Galicia absoluta feminina de fútbol sala despediuse de Lugo cunha derrota ante Cataluña no choque...

Foto de arquivo da copa galega 2026 feminina / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

O municipio de Xove acolle á I Celtic Cup U17 de Fútbol Gaélico

por Redacción As Nosas
03/07/2026
0

Trátase da primeira competición desta categoría de base do fútbol gaélico en territorio galego. Unha alerta vermella por altas temperaturas...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.