Celebrouse en Santiago de Compostela o acto de despedida das seleccións galegas de balonmán, que participarán no Campionato de España de Seleccións Territoriais (CESA) na provincia de Alacante, do 3 ao 8 de xaneiro.
As seleccións galegas estiveron hoxe de presentación no @C_S_H_G
Non te perdas a fantástica gala onde demostramos máis que nunca que somos unha gran familia. https://t.co/aH59AY7OhD📸 Pablo Gándara pic.twitter.com/hEx2PhEaoX
— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) December 27, 2022
Foi unha emotiva gala que xirou en torno ao feito de que formar parte das Seleccións Galegas é algo que te vai marcar de por vida.
No acto estiveron o vicepresidente segundo da Xunta de Galicia, Diego Calvo; o vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña, Xosé Regueira; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; a deputada de Deportes da Coruña Cristina Capelán; o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, e moitos alcaldes e alcaldesas como os de Lalín, Cangas, Bueu, Rodeiro, Portas… E por suposto, todas as Seleccións Galegas e os seus corpos técnicos, así como representantes de clubs galegos e numerosas familias que quixeron acompañar aos seus fillos e fillas.

No devandito acto tamén se mostraron as equipacións das Selección Galega, da marca Hummel, cun desfile no que participaron nenos e nenas dos combinados galegos, que aprenderon que formar parte da selección galega é un feito que vai marcar a súa vida.
Hoxe coñecemos a vestimenta que lucirán as seleccións galegas no @cesabm2023
A nosa clásica que non podía faltar. Coraxe por bandeira, primeira equipación das seleccións galegas. #SomosFamilia
— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) December 27, 2022
Hoxe coñecemos a vestimenta que lucirán as seleccións galegas no @cesabm2023
E si na azul temos o mar, non podían faltar as fragas galegas, nesta segunda equipación que estreamos para este CESA. #SomosFamilia
— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) December 27, 2022
Hoxe coñecemos a vestimenta que lucirán as seleccións galegas no @cesabm2023
Temos o mar, temos as fragas, e Galicia é ainda máis máxica coa sua noite meiga. Como nos gusta estrear, e que guapos/as lucen os nosos/as deportistas! #SomosFamilia
— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) December 27, 2022
Estas son as Seleccións Galegas femininas que acudirán ao CESA 2023