• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de Galicia
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

A Selección de Galicia estréase no Campionato de España de Pump Track con dous ouros e dúas pratas

A júnior Alba Fernández e a infantil Ainoa Posada conquistaron os títulos | Subcampionatos para Sergio Veiga nos elite-sub23 e Xoel Pereira nos juniors | Eva Castro dirixou ao equipo galego e amosouse "orgullosa" dos resultados

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/10/2023
en Máis Deporte, Ciclismo, Sobre rodas
Alba Fernández, ouro junior no campionato de España de Pump Track / RFEC

Alba Fernández, ouro junior no campionato de España de Pump Track / RFEC

128
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O traballo dos clubs galegos para poñer en marcha esta temporada un calendario autonómico e federado de Pump Track recolleu os seus froitos este domingo na localidade oscense de Fraga. Galicia foi a revelación do Campionato de España na súa estrea como Selección. O combinado dirixido por Eva Castro conseguiu dúas medallas de ouro, por medio da júnior Alba Fernández e da infantil Ainoa Posada, e dúas de prata, cos subcampionatos de Sergio Veiga nos elite-sub23 e de Xoel Pereira nos juniors.

A magnifica, e ao mesmo tempo sorprendente, colleita de podios galegos completouse con catro metais acadados por riders que defenderon as cores dos seus clubs. Toda a representación da nosa comunidade, formara ou non parte da expedición da Selección Galega, conviviu no paddock montado pola Federación Ciclismo Galego (FCG), onde se respirou un sensacional ambiente durante os dous días do evento e o mecánico do combinado autonómico Pablo Alfaya atendeu a todas as corredoras e corredores de Galicia que llo solicitaron.

Ouros para Alba Fernández e Ainoa Posada

Os dous títulos da Selección Galega conquistáronos riders femininas que pertencen a equipos de Ponteareas. Ambas dominaron as tres quendas nas súas categorías nun circuíto técnico, grande e esixente. A júnior Alba Fernández, do Pontebike, asinou un mellor rexistro de 18 segundos e 36 centésimas, batendo por máis de 1 segundo e 61 centésimas a Alba Fabiola Contamina (BMX School Zaragoza). O terceiro chanzo do podio ocupouno Inés Chinchilla (Andalucía).

Outro pleno de mellores tempos protagonizouno Ainoa Posada nas infantís. A corredora do Lynalfa Ponteareas superouse a si mesma en cada aparición na pista e na terceira e última manga detivo o reloxo en 19.22. Con esa marca impúxose a Valeria Banzo (Aragón) por 40 centésimas e a Yurena Aguilar (Andalucía) por más de 2″.

Ainoa Posada, ouro infantil no campionato de España de Pump Track / RFEC
Ainoa Posada, ouro infantil no campionato de España de Pump Track / RFEC

O duelo estelar na segunda edición do Campionato de España de España deuse na categoría raíña masculina. O sub23 Sergio Veiga levou ao límite ao gran referente estatal do BMX durante moitos anos e actual seleccionador español de Pump Track, ao elite Jesús Alcojor.

O rider da Selección de Galicia baixou da barreira dos 15″ na terceira e definitiva quenda. O ‘crono’ de 14.92 dáballe o título, pero o manchego aceptou o desafío e cun rexistro de 14.79 deixou co mel nos beizos ao piloto do CiclosQuintena, mellor sub23 desta cita. Xunto a eles subiu ao caixón Esteban Abad (Aragón) e entre os dez primeiros meteuse Iván García (Pontebike), oitavo clasificado.

A un paso de vestirse coa camisola ‘rojigualda’ tamén se quedou o júnior Xoel Pereira coas cores do combinado galego. Dende a primeira serie o corredor do Bici Verde apropiouse da segunda posición e na última manga rubricou a súa mellor actuación: 16.14.

A competición xuvenil manexouna con autoridade o talaverano Ángel Heras (Los Pinos), gañando por 1.33 de diferenza. Co bronce fíxose Diego Vázquez (Olímpico de Madrid) apuntándose un vibrante duelo a tres no que Raúl Gándara, da Selección de Galicia, acabou empatado no cuarto posto con Aitor Lozano (BMX Alicante) e a unicamente 3 centésimas de terceira posición.

Baixo a dirección de Eva Castro competiron un total de oito riders. Xabi Rial, o representante de Galicia nos cadetes, terminou sétimo e na categoría infantil Arón Gómez e Mario Barreiro anotáronse a duodécima e a décimo cuarta praza, respectivamente. “O balance é fenomenal”, sinala a seleccionadora, que máis alá dos resultados destaca a experiencia que supuxo este campionato para corredoras e corredores que están en idades de formación.

Catro medallas máis para Galicia neste campionato de Pump Track

Para a nosa comunidade viñéronse outras catro medallas que recibiron no podio de Fraga pilotos que competiron cos seus clubs. Carlos Díaz (CiclosQuintena) colgouse a de ouro nos Máster-30B; Álvaro Costas (Cromoly), a de prata na categoría Promesa 5-6; e na Principiante houbo dobre presenza galega no caixón, con Delia Campelo (Gacela) no segundo chanzo e Vera Rodríguez (Avanza-O Porriño) no terceiro.

Eva Castro, selecccionadora galega: “Estou orgullosa e sorprendida porque nós somos novatos”

“Estou moi orgullosa e incluso sorprendida porque nós somos absolutamente novatos, a diferenza doutros puntos de España nos que levan correndo dende pequenos en BMX. Malia ese hándicap e ter que adaptarse ás características do circuíto, todo saíu moi ben”, afirma Eva Castro, que felicitaba aos responsables do evento por unha “moi boa organización” e ás e aos riders de Galicia polo nivel amosado na competición: “Arriscaron moito e a xente quedou impresionada con actuacións como a de Sergio Veiga”.

Riders campións e campioas de España de Pump Track por categorías:

  • Promesas 5-6 Masc: Aleix Martínez
  • Promesas 7-8 Fem: Laia Quattrone
  • Promesas 7-8 Masc: Sasha Álvarez
  • Principiante Masc: Marcos Barranco
  • Principiante Fem: Mia Ayats
  • Alevín Masc: Erik González
  • Alevín Fem: Rosa María Fernández
  • Infantil Masc: David Mendoza
  • Infantil Fem: Ainoa Posada
  • Cadete Masc: Roger Farre
  • Cadete Fem: Ruth Abad
  • Junior Masc: Ángel Heras
  • Junior Fem: Alba Fernández
  • Máster 30A Masc: Javier Remírez
  • Máster 40A Fem: Montserrat López
  • Máster 40A Masc: Víctor Sáenz
  • Máster 40B Masc: Roberto Leal
  • Máster 50B Masc: Josep Escayolas

Máis información e clasificacións do Campionato de España de Pump Track

Etiquetas ciclismoEva CastroPump Trackselección galega
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Selección Galega feminina de fútbol gaélico na III Celtic Cup celebrada en Compostela en 2025 / AGFG

Galicia, subcampioa feminina e masculina na III Celtic Cup de Fútbol Gaélico

por Redacción As Nosas
10/03/2025
0

As seleccións galegas masculina e feminina chegaron ás súas respectivas finais nesta III Celtic Cup e caeron pola mínima. Alexandre...

Torneo Intercentros de fútbol gaélico disputado en Vigo / AGFG

Máis de 300 futbolistas de 11 centros educativos de Vigo tomaron parte no I primeiro Torneo Intercentros de Fútbol Gaélico

por Redacción As Nosas
17/02/2025
0

O Torneo Intercentros é a competición galega deste perfil con máis equipos participantes e foi levado a cabo grazas á...

Seleccións Galegas fútbol Gaélico no Torneo de Madrid / AGFG

As Seleccións Galegas de fútbol gaélico regresan do Torneo do Madrid Harps amosando o seu gran momento deportivo

por Redacción As Nosas
20/11/2024
0

  A AGFG levou catro equipos a esta competición, dous masculinos e dous femininos. A final feminina foi entre as...

Presentación do Campionato de Europa de Ciclocrós en Pontevedra / CX PONTEVEDRA

O Campionato de Europa de Ciclocrós 2024 convertirá a Pontevedra en epicentro continental desta modalidade

por Redacción As Nosas
18/09/2024
0

  Galicia será epicentro do ciclocros continental a primeiros de novembro. O Campionato de Europa de Ciclocrós vaise disputar do...

Camisetas da Selección Galega fútbol gaélico / AGFG

A Selección Galega de Fútbol Gaélico estrea camisolas da marca Acontravento

por Redacción As Nosas
23/07/2024
0

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico Gaélico e a marca de roupa galega Acontravento presentan as novas camisolas da Selección...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Alba Raso e Facundo Medard vencen a 16ª Baixada Popular de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

Alba Raso e Facundo Medard, mellores tempos da 16.ª Baixada Popular de San Pedro de Visma

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Alba Raso e Facundo Medard vencen a 16ª Baixada Popular de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

Alba Raso e Facundo Medard, mellores tempos da 16.ª Baixada Popular de San Pedro de Visma

11/05/2025
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

O Dépor ABANCA continuará na elite do fútbol feminino nacional

11/05/2025
Hockey Club Coruña Feminio (HCCF) vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O HCCF suma a súa quinta derrota consecutiva ao perder 0-2 co CP Vila-Sana

10/05/2025
A padexeira Tania Álvarez / XUNTA DE GALICIA

Daniela Suárez e Tania Álvarez, Premio Carreira Dual do CSD

09/05/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.