Un total de 17 atletas femininas forman parte da Selección Galega Sub16 que esta fin de semana tomará parte no Campionato de España do CSD de Seleccións Autonómicas que se desenvolverá na cidade manchega de Cuenca e que regresa logo do parón do ano pasado.
O campionato terá lugar en xornada de sábado e domingo e poderá ser seguido por retransmisión en directo a partir das 16.15 horas do sábado.
No que atinxe a selección galega, ca incorporación nos últimos días de Elías Kelin, Marina Pérez, Alejandro Villaverde e os/as relevistas dos 4×100 e 4×300, péchase unha importante selección na que destaca a presenza das campioas de España Sub16 do pasado mes de xullo en Lleida, Xela Martínez da Atlética Lucense quen tomará parte na proba dos 3.000 m. e Antía Pernas do Lucus Caixa Rural Galega quen o fará sobre a proba de velocidade dos 100 m. De igual modo tamén están seleccionadas as medallistas no citado campionato Gema Dacosta do Vila de Cangas en Peso; Alicia Barreiro do Ría Ferrol nos 600 m. e de Lisa Vosberg do AVA no concurso de Pértega.
Listado de atletas da Selección Galega sub16
- Antía Pernas – 100m
- Valeria González – 300m
- Alicia Barreiro – 600m
- Amparo Corredoira – 1.000m
- Sara Guedes – 1.500 obstáculos
- Xela Martínez – 3.000m
- Oleksandra Kostenko – 3.000 marcha
- Adriana Rial – 100 valos
- Araula Al Bachere – 300 valos
- Nayr Cortegoso – Lonxitude
- María Pérez – Triplo
- Manuela González – Altura
- Lisa Vosberg – Pértega
- Gema Dacosta – Peso
- Erika Fernández – Disco
- Lara Iglesias – Xavelina
- Enma Quintás – Martelo
A Silva, Narón, Marineda e Millaraio, ao Nacional de clubs Sub14
Tamén nesta fin de semana, os equipos de Atlética A Silva e Atletismo Narón na categoría feminina e o Marineda Atlético e A. Millaraio na masculina, clasificáronse para tomar parte no Campionato de España Sub14 por clubs que se desenvolverá o vindeiro día 16 e 17 na cidade asturiana de Gijón e que xuntará a un total de 59 formacións clasificadas por estadillo e achegadas de todas as Comunidades Autónomas