• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala

A sub 16 e sub 19 golean a Ceuta na segunda xornada do Campionato de España

Dobre goleada das dúas seleccións ante Ceuta no Municipal de Betanzos. Ambos partidos acabaron 10-0

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
28/12/2019
en Fútbol Sala
selección galega sub16 e sub 19 contra ceuta en Betanzos

FUTGAL

49
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Betanzos séntalle ben ao combinado galego. A segunda xornada da fase previa do Campionato de España de seleccións autonómicas quedou marcada polas goleadas das seleccións sub 16 e sub 19. As nosas dominaron nos dous encontros e ata chegaron a coincidir no mesmo resultado, 10-0 nos dous partidos.

Dominio galego de principio a fin

O encontro comezaba coas galegas tendo o balón nos pés e con as ceutíes basando o seu xogo na media pista, esperando a chegada das nosas. Pero a primeira ocasión non foi galega senon ceutí e chegaba aos seis minutos, cun tiro da ceutí Adriana dende o borde da área que se ía por alto. Este pequeno susto fixo que Galicia subira as súas liñas, conseguíndo poñerse por diante cun gol de Carmen desde o borde do área por raso, colocado ao pau.

Este gol subía a moral das galegas, que empezaban a ter os seus mellores minutos sobre a pista, enviando Carmen un balón ao pao nunha xogada de saque de banda, pero na seguinte chegada Galicia non perdoaba porque, tras un tempo morto solicitado por Chipi, a pizarra saía a perfección cun gol de Carla nunha boa xogada de equipo.

As galegas quería ampliar máis as distancias no electrónico, tendo varias aproximacións a área e tendo unha boa ocasión nos últimos intres do periodo cun centro ao segundo pao de Carla a Alba, pero lograba interpoñerse unha xogadora ceutí xusto a tempo para evitar o remate, polo que con este 2-0 o encontro íase ao descanso.

Non había moitas variacións sobre a pista coa selección galega sub 16 tendo o balón e Ceuta nuevamente xogando en media pista e a primeira ocasión que chegaba aos tres minutos xa era gol, por medio de Fara, nunha gran xogada de saque de banda ao segundo pao, establecendo o 3-0.

Ceuta non baixaba os brazos en ningún momento, querendo recurtar as distancias e tendo unha boa oportunidade nun contragolpe de dous contra unha, onde Miriam L enviaba o balón ao pau. As de Chipi non querían pasar apuros neste encontro e case na seguinte xogada Andrea facía o 4-0 grazas a un tiro raso desde a borde da área. As galegas facían gala de efectividade porque, tan so un minuto despois, Carla anotaba de falta lateral colocada ao pao o 5-0.

Galicia seguía indo a máis co paso dos minutos, realizando un bo xogo sobre a pista e iso quedaba patente uns minutos despois, ao anotar dous goles case seguidos. O sexto tanto das galegas o conseguía Fara ao aproveitar un rechace dentro da área e o séptimo levaba a sinatura de Sol ao rematar un balón raso dende a borde do área.

Nos últimos intres do encontro as galegas seguían amosand a súa gran efectividade, ao anotar Julia dous goles en poucos segundos, sendo o primeiro de tiro sen barreira dende sete metros e o segundo dende a borde do área colocado ao primeiro pao, mentras que na seguinte xogada Andrea tamén anotaba na borde do área ao primeiro pau o definitivo 10-0.

Con este resultado, as de Chipi ocupana o segundo posto de grupo, con 4 puntos. O domingo, ás 10:30 horas xogará ante Castela A Mancha en Betanzos, precisando a victoria e cun ollo no que suceda ao mesmo tempo en Miño no duelo entre Madrid e Ceuta, onde precisan que Madrid (actualmente con 4,25 puntos) perda ou empate para que as galegas poidan acceder a fase final do Campionato de España.

FICHA TÉCNICA

GALICIA: Ingrid, Lucía, Andrea, Carla, Sol – tamén xogaron – Julia, Otero, Carmen, Alba, Fara e Antía.

CEUTA: Marina, Daniela, Adriana, Miriam L, Lucía – tamén xogaron – Aya e Hunaida.

COLEXIADOS: Dacal Deza e Pinilla Boullosa, xunto con Núñez Mariño coma árbitro asistente (Comité galego). Amonestaron a ceutí Adriana.

GOLES: 1-0 Carmen min.8, 2-0 Carla min.11, 3-0 Fara min.23, 4-0 Andrea min.27, 5-0 Carla min.28, 6-0 Fara min.28, 7-0 Sol min.34, 8-0 Julia min.37, 9-0 Julia min.38, 10-0 Andrea min.38.

Pavillón Municipal de Betanzos

Madrid gaña con contundencia a Castela a Mancha

No primeiro encontró desta mañá, Madrid conseguía unha importante victoria ante Castela A Mancha, por 1-6. Os primeiros minutos foron de tanteo, pero a partir do minuto 8 as madrileñas amosaron a súa boa efectividade, con goles case seguidos de Luchi, López e Ainhoa, conseguíndo irse vencendo ao descanso por 0-3.

Trala reanudación o control do xogo o tiñan as madrileñas, administrando a súa vantaxe e dosificando físicamente, mentras que Castela A Mancha pelexaba polos balóns, pero non lograban chegar a área. Nos últimos minutos as madrileñas deron una nova mostra da súa efectividade con goles de Ale, Luchi e Elena, mentras que Castela A Mancha lograba facer o seu gol nos últimos instantes, por medio de Jimena.

selección galega sub16 e sub 19 contra ceuta en Betanzos
FUTGAL

A sub 19 golea e recuperra o sorriso

A selección galega sub 19 emulou ás máis pequenas e impúxose por 10-0 ao combinado ceutí na segunda xornada celebrada na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Betanzos.

O encontro comezou con varias ocasións para os dous conxuntos, nun tanteo inicial. As galegas querían empezar forte sobre a pista, e xa nunha das primeiras xogadas Iraia tiña unha boa oportunidade cun tiro desde o borde da área, que se ía fóra por pouco. As de Jorge Basanta non querían perder a cara o partido e gozaron de varias ocasións claras pero Ceuta tamén amosaba as súas armas nestos primeiros minutos. As visitantes basaron o seu xogo no centro da pista e grazas a isto Claudia tiña unha boa ocasión que lograba despexar María baixo paus. Gran intervención da gardamallas da Selección Galega.

O esforzo das nosas acababa dando os seus froitos, porque nunha boa xogada de equipo, Ame estreaba o marcador culminando unha boa xogada colectiva cun tiro dende o borde da área. As ceutís non baixaban os brazos a pesar de este gol pero as galegas non se puxeron nerviosas e Cris estivo a piques de ampliar distancias nunha boa xogada de equipo.

Tras varios intentos, a Selección de Galicia atopaba a súa recompensa cun gol de Nuria desde o borde da área nunha boa xogada de equipo e tan so un minuto despois Inés facía o terceiro cun gol dende o lateral da área e xa nos últimos instantes de periodo Iraia deixaba o marcador ao descanso en 4-0 cun gol nunha boa xogada de equipo.

Tras o tempo de lecer, as de Basanta comezaban coma un ciclón, porque cada chegada a área era gol, ao facer Ame o quinto desde o lateral da área por raso. O sexto da Selección Galega levaba a sinatura de Teresa ao aproveitar un rexeite dentro da área. O séptimo e o oitavo foron obra de Ame e Canolich, respectivamente, con goles ao segundo pao, e o noveno era de Nuria dentro da área.

O encontro estaba sentenciado tras isto, pero Ceuta non lle perdía a cara o xogo, pelexando por todos os balóns e intentando aproximarse a área, buscando o seu gol, pero a efectividade a seguía tendo Galicia, cun novo tanto de Inés ao segundo pau, que facía o 10-0.

O domingo pecharáse esta fase previa onde Galicia recibirá a Castela A Mancha, ás 12:30 horas, en Betanzos; mentres que a esa mesma hora, en Miño, Madrid xogará ante Ceuta.

FICHA TÉCNICA

Galicia: María, María Estévez, Cris, Iraia, Ame – tamén xogaron – Inés, Teresa, Canolich e Nuria.

Ceuta: Malak, Daniela, María, Yasmina, Claudia – tamén xogaron – Lucía, Rania, Marilia e Natalia.

Árbitros: Coello Martínez e Dans Rey (Comité galego).

Goles: 1-0 Ame min.9, 2-0 Nuria min.15, 3-0 Inés min.16, 4-0 Iraia min.19, 5-0 Ame min.20, 6-0 Teresa min.21, 7-0 Ame min.21, 8-0 Canolich min.23, 9-0 Nuria min.29, 10-0 min.30.

Pavillón: Municipal de Betanzos.


Madrid consegue o seu pasaporte para a fase final ante Castela A Mancha

No primeiro partido da tarde Madrid non tiña excesivos problemas para impoñerse a Castela A Mancha por 6-0 e grazas aos resultados obtidos nestas dúas xornadas para asegurarse o primeiro posto do grupo.

As madrileñas levaban a iniciativa desde o primero momento sobre a pista e os goles chegaban a partir do minuto 6 grazas a Nereita, Irene e Albita, que deixaban o encontro moi encarrilado xa no descanso. Tras a reanudación as madrileñas dosificaban as súas forzas, malia que Castela A Mancha tivo varias chegadas, nos últimos minutos Madrid sentenciaba o encontro con goles de Clau López, Tania e Laura Sánchez.

Etiquetas campionato españaceutafútbol salafutsalselección galega
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

por Redacción As Nosas
11/07/2026
0

Galicia participará con dúas seleccións masculinas e outras tantas femininas en Waterford (Irlanda) na competición internacional máis importante do calendario...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.