• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala

Galicia despídese do Campionato de España con vitoria

As seleccións sub 16 e sub 19 de fútbol sala gañaron os seus respectivos encontros ante Castela a Mancha no pavillón municipal de Betanzos

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
29/12/2019
en Fútbol Sala
selección galega sub 19 campionato españa

FUTGAL

70
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Galicia xogaba en casa esta fin de semana o Campionato de España de Fútbol Sala. Betanzos acollía os dous encontros, primeiro foi o turno das máis xóvenes e posteriormente xogou a sub 19. Ambas contra Castela A Mancha e ambas acadando unha gran vitoria para despedir a fase previa.

A Selección Galega Sub 16 marcha cun sonriso de Betanzos a pesar da eliminación

Maila non poder acadar a clasificación para a fase final, as de Chipi derrotaron a Castela A Mancha por 3-1 e aos cinco minutos as galegas daban o seu primeiro aviso cun tiro de Sol ao pau.

Chegaba o minuto 12 e as galegas non perdoaban. Nunha boa mostra de efectividade, Alba estreaba o electrónico cun gol ao segundo pau para culminar unha gran xogada de equipo e na seguinte xogada Carmen facía o 2-0 cun gol desde dez metros á escadra ao primeiro toque. A pesar da igualdade inicial, as galegas poñían ventaxe no marcador.

Con estes dous Castela A Mancha non encontraba o seu sitio no partido, algo que intentaron aproveitar as galegas para ampliar as diferenzas no marcador pero, malia as aproximacións que tiñan as galegas a área visitante, non chegaban con perigo, polo que con este 2-0 o encontro chegouse ao tempo de lecer.

Na reanudación as cousas non podían empezar mellor para as nosas, porque na primeira xogada sorprendían cun gol de Fara ao segundo pau, conseguido o 3-0. Castela A Mancha tiña que cambiar o plantexamento do seu xogo por completo, obrigadas a subir liñas para intentar recurtar as distanzas, o que facía que, por momentos, o xogo fose de ida e volta, pero novamente case sen ocasións.

Co paso dos minutos, Galicia ía gañando novamente máis posesión do esférico e tendo Carmen unha boa ocasión ao quedarse no man a man diante da gardamallas Elena. As cousas se compricaron porque, tras un erro defensivo, dúas xogadoras de Castela A Mancha se quedaban soas diante de Uxía e Eva non perdoaba ao segundo pau, anotando o 3-1.

As visitantes medraron tras este gol e chegaron mais ocasións do combinado manchego. Jimena saltaba a pista coma porteira-xogadora, algo que revolucionaba o xogo, porque tiña dúas claras ocasións para recurtar diferenzas, cun tiro desde o borde da área que detía Uxía e outro desde a frontal da área ao longueiro. As galegas o pasaban mal atrás, porque Blanca tamén tiña outra oportunidade cun tiro na frontal por raso que despexaba Uxía cunha gran man. As de Chipi souberon sufrir e lograban ter o balón nos instantes finais para acadar chegar ao pitido final coa vitoria por 3-1.

Con este resultado, Galicia finaliza esta fase previa do Campionato de España con 7 puntos, no segundo posto,  por detrás de Madrid. As nosas realizaron unha gran competición durante estes tres días en Betanzos e poden estar orgullosas do traballo feito.

FICHA TÉCNICA

GALICIA: Uxía, Carmen, Andrea, Alba, Fara. Tamén xogaron: Julia, Otero, Lucía, Andrea, Sol, Antía e Carla.

CASTELA A MANCHA: Elena, Clara, Blanca, Rocío, Elena. Tamén xogaron: Jimena, Aime, Eva, Lidia.

COLEXIADOS: Corral Martínez e Darriba Vilamor, xunto con Fidalgo Días coma árbitro asistente (Comité galego). Amonestaron a Eva en Castela A Mancha.

GOLES: 1-0 Alba min.12, 2-0 Carmen min.12, 3-0 Fara min.21, 3-1 Eva min.34

Pavillón Municipal de Betanzos

 

selección galega sub 19 - sub 16 campionato españa
FUTGAL

A Madrid séntalle ben xogar en Miño

Ao mesmo tempo que se xogaba en Betanzos tiña lugar o encontro entre Madrid e Ceuta no Pavillón Municipal de Miño, onde as madrileñas precisaban a vitoria para poder acceder á seguinte rolda. As da capital fixeron os deberes e conseguiron vencer sen grandes complicacións por 7-1 e con iso, conseguir o primeiro posto que da o pasaporte para a fase final do Campionato de España de selección autonómicas sub 16.

A Selección de Galicia Sub 19 gaña non últimos segundos pero non pode pasar de ronda

Betanzos foi testigo dun gran encontro entre Galicia e Castela A Mancha, onde o combinado galego conseguía unha vitoria nos últimos segundos por 6-4.

As galegas poñíanse por diante moi cedo, e as 25 segundos anotaba o primeiro cun gol de Iraia desde a frontal da área por raso. A pesar de este gol do combiando galego, os primeiros minutos de xogo foron moi igualados sobre a pista, pero sen ocasións en ninguna das dúas porterías.

Sen case tempo para saborear o gol inicial por parte das nosas, o combinado manchego lograba empatar grazas a un misil de Noelia desde o borde da área que impactaba primeiro no pau e entraba dentro da portería.

As de Jorge Basanta tentaron manter a calma e dominar o partido pero as cousas complicábanse cando preto do minuto 13, a visitante Natalia quedábase soa na frontal da área, enviando o balón o pau e tan so uns segundos despois Elena facía o 1-2 cun tiro desde a borda do área por raso.

Isto non facía cambiar o estilo de xogo das galegas, que golpearon de novo grazas a un tanto de Cris nunha falta lateral. Un minuto despois a propia Cris voltaba as tornas e facía o 3-2 cun gol desde quince metros.

As galegas querían dar un novo paso adiante e grazas a unha boa xogada de equipo María Estevez lograba facer o 4-2 cun gol de tiro cruzado por raso desde o borde da área e tan so un minuto despois a propia xogadora facía o 5-2 ao culminar outra gran xogada colectiva ao segundo pau.

Castela A Mancha non baixaba os brazos e volvíase a meter no partido nun contragolpe, logrando quedarse soa Noelia no borde da área e anotando por raso o 5-3. Rebeca anotaba o 5-4 para unha recta final extraordinaria.

O xogo volveuse igualar sobre a pista, cos dous equipos querendo non cometer erros, centrando o seu traballo na defensa, onde Teresa estivo preto de rachar os esquemas de Castela A Mancha cun disparo desde a frontal da área que rozaba o pau. As manchegas tamén querían buscar o empate, polo que Elena saía a pista coma porteira-xogadora, obrigando as galegas a replegarse na súa área, pero conseguía a gardamallas Lucía facerse cun esférico e non o dubidaba tirando directamente a portería desde a súa área e conseguindo o definitivo 6-4.

Con este resultado Galicia finaliza a súa participación nesta fase previa do Campionato de España con 6 puntos no seu casilleiro.

FICHA TÉCNICA

GALICIA: Lucía, Teresa, Cris, Iraia, Ame. Tamén xogaron: María Estévez, Canolich, Nuria

CASTELA A MANCHA: Marta, Irene, Elena, Rebeca, Noelia. Tamén xogaron: Eva, Yanira, Natalia

COLEXIADOS: Cardero Rodríguez e Guntín Garrido, xunto con Barreiros Novelle coma árbitro asistente (Comité galego). Amonestaron a Cris e Canolich en Galicia.

GOLES: 1-0 Iraia min.1, 1-1 Noelia min.7, 1-2 Elena min.12, 2-2 Cris min.15, 3-2 Cris min.16, 4-2 María Estévez min.22, 5-2 María Estévez min.24, 5-3 Noelia min.26, 5-4 Rebeca min.27

Pavillón Municipal de Betanzos

 

Madrid logra o seu pleno de vitorias ante Ceuta no pavillón de Miño

O Concello de Miño recibía as selección de Madrid e Ceuta. O partido era intrascendente a efectos clasificatorios ao ter Madrid asegurado o primeiro posto de grupo e a clasificación para a fase final tras o encontro do sábado, pero isto non facía que as madrileñas se confiasen ou baixasen o pistón, logrando a victoria por un contundente 9-0, facendo pleno de victorias nesta fase previa.

selección galega sub 16 campionato españa
FUTGAL

 

 

Etiquetas castela a manchafútbol salafutsalselección galega
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

por Redacción As Nosas
11/07/2026
0

Galicia participará con dúas seleccións masculinas e outras tantas femininas en Waterford (Irlanda) na competición internacional máis importante do calendario...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.