• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

A Selección Galega de Enduro acada dous segundos postos na Copa de España de La Adrada

A elite Alba Arias e o Sub-23 David Fernández asinaron os mellores resultados do combinado autonómico | Outros cinco 'riders' galegos pisaron o caixón e Marco Veiga sitúase líder da xeral elite

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/03/2023
en Máis Deporte, Ciclismo, Sobre rodas
A ciclista galega de categoría elite, Alba Arias, foi segunda na proba da Copa de España celebrada en La Adrada / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

A ciclista galega de categoría elite, Alba Arias, foi segunda na proba da Copa de España celebrada en La Adrada / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

187
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Eva Castro estreouse oficialmente como adestradora da Selección Galega este domingo con dous segundos postos, obtidos pola ciclista elite Alba Arias e o rider Sub-23 David Fernández, na localidade abulense de La Adrada.

O ensaio xeral da Selección Galega de Enduro de cara ao Campionato de España do vindeiro mes de abril “deixou bos resultados e sensacións”, tal e como apuntan desde a Federación Ciclismo Galego.

Ademais deses dous segundos lugares, obtidos por Alba Arias e David Fernández, o balance autonómico galego nesta segunda cita da Copa de España 2023 completouse con outros cinco podios de corredores que defenderon as cores dos seus clubs, entre eles a segunda praza de Marco Veiga (Ciclos Quintena), novo líder da xeral elite.

Selección Galega de Enduro / YAIZA FERNÁNDEZ PÉREZ
Selección Galega de Enduro / YAIZA FERNÁNDEZ PÉREZ

O evento, organizado polo Bike Madrid, ofreceu un percorrido de 33 quilómetros e 1.650 metros de desnivel positivo acumulado no que se disputaron catro treitos cronometrados. A Selección Galega acudiu ata a provincia de Ávila con nove riders para preparar o Campionato de España do 22 de abril en Puntallana (Tenerife). O grupo dirixido por Eva Castro e o seu axudante Luis Manovel conviviu durante tres días nos que o obxectivo principal era a formación das promesas galegas do Enduro e a experiencia rematou pisando o caixón por partida dobre.

Alba Arias, aínda lesionada, remata segunda

Malia sufrir no terceiro treito unha caída que lle provocou unha lesión na man, Alba Arias conseguiu defender ata o final o segundo posto na clasificación elite e acadou a terceira praza na táboa absoluta feminina.

A corredora de Arteixo, cun tempo total de 20 minutos e 46 segundos, só foi superada na súa categoría pola gran favorita, a vixente campioa estatal Sara Yusto (Lácteas Cobreros), que se impuxo cun rexistro de 18’45”.

 

Máis preto da vitoria estivo David Fernández, a menos dun segundo e medio, despois dunha actuación moi estratéxica por parte do Sub-23 tudense. Moi concentrado de principio a fin, soubo manexar as referencias que lle chegaban dos seus principais rivais ata xogarse o triunfo nun man a man con David Bosch (Fornells de la Selva). O catalán venceu cunha marca de 14:47.427 e o galego fixo 14:48.688, o que lle serviu para ocupar a décima posición na táboa scratch masculina.

Ás portas do top-10 no grupo de idade Sub-23 quedaron catro riders da nosa comunidade: o undécimo posto correspondeu a Ismael Romero (Pontebike), o duodécimo a Manuel Loureiro (Selección de Galicia), o décimo cuarto a Marcos Estévez (Selección de Galicia) e o décimo sexto a Xoán Fernández (DH Galicia).

A parte alta da clasificación júnior masculina tamén contou cunha numerosa presenza galega. Raúl Romero (A Forna) logrou a terceira posición e entre os dez primeiros concluíron Hugo Rosendo (Selección de Galicia) na quinta praza, Uxío Atrio (Selección de Galicia) na sétima, Héctor Quinteiro (Selección de Galicia) na novena e Rubén Almeida (A Forna) na décima.

Pola súa banda, André Martínez (Selección Galega) chegaba a La Adrada na segunda posición da xeral, pero nesta proba non o acompañou a sorte. Sufriu unha avaría no freo no segundo parcial e unha rotura da cadea no terceiro. Logo destes contratempos mecánicos só puido aspirar a rematar a competición e fíxoo no décimo quinto posto. A aposta polos novos valores realizada polo combinado da Federación Ciclismo Galego incluíu ao cadete Yerai Peláez, quinto nun grupo de idade no que Rubén Temprano (Komanche) finalizou noveno.

Máis éxitos galegos 

Á marxe das categorías nas que competiu o conxunto autonómico, o Enduro galego sumou outros catro podios e regresou de terras abulenses encabezando dúas clasificacións xerais. O naronés Marco Veiga, segundo na táboa scratch e na elite a 18″ do andorrano Alex Iscla, asaltou o primeiro posto do ranking elite.

Do mesmo xeito, a camisola da Copa de España vaina vestir o 30 de abril no Endurrazo de Moaña o máster-30 porriñés Santos Lemos (Grupeta Pan de Zarko), que rubricou o seu segundo triunfo nesta edición do certame estatal.

Como líder máster-40 en La Adrada partía José Manuel López Vaqueiro (Cerdedo-Cotobade) e agora está igualado a puntos con Juan Ignacio García (Monpedal Castellón) no primeiro posto da xeral do seu grupo de idade. O valenciano apuntouse o triunfo por diante de tres galegos. Bateu por case 4″ a Pedro Dapena (CiclosQuintena), por 7″ a López Vaqueiro e por menos de 8″ a Eduardo Cundíns (3AG).

Á colleita de resultados galegos hai que engadir outras sete prazas de top-10: Mauro González (Salvaterra), sexto elite e sétimo absoluto; Francisco Vilaboa (Singletrack), sétimo elite e oitavo scratch; Hugo Fernández (THC), sétimo máster-40; Jose Ernesto Camesella (Monteboi), sexto nos máster-50; e Santiago Alonso (Monteboi), décimo nos máster-50.

A seguinte cita da Selección Galega, en Moaña

A Copa de España regresará no Endurrazo de Moaña, terceira das cinco xornadas puntuables, e na fin de semana anterior á cita moañesa será a quenda do Campionato de España en terras tinerfeñas. Alí estará a Selección Galega.

  • Máis información
  • Páxina da Copa de España
  • Clasificacións do VI Enduro La Adrada – Proba da Copa de España 
Etiquetas Alba AriasciclismoCopa de EspañaenduroEva Castroselección galega
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A Selección Galega, formada por máis de 100 taekwondistas, participará no Campionato de España de Poomsae, Freestyle e Parapomsae á...

Campionato de Galicia BTT Resistencia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos galegos co de BTT Resistencia

por Redacción As Nosas
16/02/2026
0

Lara Lois foi a única muller que sumou nove voltas. A ciclista do Xesteiras ten gañado os campionatos de Galicia...

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Selección Galega de fútbol / RFGF

As Seleccións Galegas Sub-14 e Sub-16 femininas de fútbol adestrarán no Novo Campo do Doce, na Escravitude

por Redacción As Nosas
24/10/2025
0

  As Seleccións Galegas Sub-14 e Sub-16 femininas de fútbol voltan ao traballo, segundo informa a RFGF. Os combinados que...

Selección de Galicia / FUTGAL

As seleccións de Galicia Sub-14 e Sub-16 xogarán na Primeira División do CESA

por Redacción As Nosas
14/10/2025
0

  As Nosas das seleccións de Galicia Sub-14 e Sub-16 competirán na Primeira División dos CESA Volven os Campionatos de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.