• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Balonmán Máis balonmán

A Selección Galega cadete feminina, subcampioa de España no CESA 2023

O combinado infantil masculino acada tamén o subcampionato

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/01/2023
en Balonmán, Máis balonmán
A Selección Galega, subcampioa de España cadete feminina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

A Selección Galega, subcampioa de España cadete feminina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

46
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Rematou o CESA 2023 Costa Blanca con dúas medallas de prata para as seleccións galegas infantil masculina e cadete feminina.

Nesta última xornada de competición os combinados galegos que desprazou a Federación Galega de Balonmán non puideron vencer nas súas finais pero, a pesar da derrota, o certo é que ambos combinados loitaron dende o minuto 1, sobrepoñéndose aos problemas que ían xurdindo e loitando ata o final por un ouro que acariciaron cos dedos.

A Galicia, subcampioa de España cadete feminina e infantil masculina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
A Galicia, subcampioa de España cadete feminina e infantil masculina no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Galicia, subcampioa de España infantil masculina tras perder 27-29 con Valencia

Os minigalaicos son subcampións de España. Non puideron lograr o título do CESA 2023 ante os anfitrións, a Comunidade Valenciana, pero caeron mantendo a súa esencia e a loita ata o final.

Valencia saíu francamente ben, cunha defensa moi intensa que sorprendeu aos galegos. Así, os locais puideron poñerse por diante no marcador dende o inicio e Galicia tivo que remar contracorrente todo o choque (3-6, min. 6). Pero o equipo de Menduiña nunca baixa os brazos. Desta forma, apoiado na defensa, foi remontando ata empatar (10-10, min. 16), pero novamente Valencia aproveitou un par de erros do conxunto galego para volver a poñerse por diante (10-12).

E así avanzou o choque ata o descanso, con Galicia traballando moito, pero Valencia firme. Ademais, os minigalaicos fallaron dous 7 metros nesta primeira metade. Ao descanso, 13.15.

O reinicio foi clave. Outra vez saíu mellor Valencia e ampliou a distancia, e iso, unido a unha dobre exclusión de Galicia, permitiu ao conxunto local escaparse no marcador (16-22). E o conxunto de Mendu volveu mostrar a súa casta para sortear a dobre exclusión sen demasiados estropicios e comezar a remontada. Foi lenta, complicada, con erros en lanzamentos de 7 metros, pero a falta de 4 minutos logran poñerse a dous tantos (25-27).

Reactivados, loitaron ata o final, cunha presión asfixiante, e puxéronse a un gol (27-28), pero unha nova exclusión de Galicia, sumado a bo facer de Valencia, impediu a remontada galega neste CESA 2023.

FICHA TÉCNICA

27) GALICIA: Hugo Carreira, Christian Ferradás, José Enrique Portas (1), Xurxo Otero, Xoan Canedo (3), Lucas Díaz (2), Martín Vázquez (5), Manuel Souto, Xoel Lago (2), Lois Alonso (3), Luis Martínez (5), Matías Gestido, Marcos Carlón, Saul Fuentefría, Dimitrije Doder (6), Pablo Pardo.

29) COMUNIDAD VALENCIANA: Agustín Soria, Sergio Causaras, Francisco Molina, Saúl Peinado, Abel Sánchez (7), Iker Sogues (1), Héctor Martín (2), Adrián Tortejada, Gerard Mulet, Arnau Lluch, Héctor Gallardo, Alejandro del Puente, Pablo Martín (4), Mohamed Amin Sadouk, Daniel Berna (4), Alfredo Eiroa (11).

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 3-4, 6-8, 9-10, 11-12, 13-15 (descanso), 16-19, 19-23, 21-25, 24-27 e 27-29.

EQUIPO ARBITRAL: David Montes e Armando Abel Pérez. Excluíron dous minutos aos galegos Xurxo Otero, Lucas Díaz, Martín Vázquez, Xoel Lago (2) e Luis Martínez e aos valencianos Iker Sogues, Arnau Lluch, Pablo Martín e Aldredo Eiroa (2).

INCIDENCIAS: Final do Campionato de España Infantil Masculino CESA 2023, celebrado no Pabellón Colegio San Agustín.

Galicia, subcampioa de España cadete feminina tras caer na final do CESA 2023 por 22-20 ante Valencia 

Partidazo da Selección Galega cadete feminina, que acadou unha medalla de prata con moi bo sabor neste CESA 2023. As galegas foron de menos a máis grazas a súa fantástica defensa e tiveron moi preto a medalla de ouro.

O inicio non foi o mellor para as rapazas que adestra o técnico Adrián Pumar, un pouco nerviosas e inseguras. A defensa 5:1 de Valencia, moi aberta e presionante, dificultou o ataque galego, que non atopaba situacións claras de lanzamento.

Así, as locais lograron escaparse no marcador de cinco tantos (9-4, min. 19). Aínda que a defensa 6:0 funcionaba ben, Pumar apostou pola 3:3, tratando de sorprender e a verdade foi que deu moi bo resultado. Nos minutos finais da primeira metade, Galicia logrou remontar para chegar ao descanso so dous tantos abaixo e metida no partido.

Galicia no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
Galicia no CESA 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

A segunda parte de Galicia foi de escándalo: Realizou una defensa marabillosa, igual que na primeira, e proba diso foi que so encaixaron 22 goles en todo o partido e sen recibir nin unha exclusión. Pero é que ademais, melloraron en ataque, utilizando o dobre pivote en varia ocasións e con éxito.

Así faltou moi pouco para darlle a volta ao marcador. A porteira valenciana estivo a un nivel altísimo e as galegas erraron catro 7 metros e un par de accións moi claras de 6 metros, que foron decisivas no marcador final. Iso si, campionato de escándalo o das cadetes, que comezaron a competición en Copa e realizando 6 partido de altísimo nivel.

FICHA TÉCNICA

22) COMUNIDAD VALENCIANA: Sandra Monteagudo (1), Lidia Mañez, Ángela Alpuente (1), Andrea Pérez, Laura Muñoz, Luna Villaescusa, Daniela Aguado (6), Aitana Hernández (2), Ingrid Sofia, Rebeca Secades, Lidia Trinidad (4), Erika Elena (1), Martina Catalá (4), Rosa Ripoll, Andrea Palomero (1), Anastasiya Hvozd (2).

20) GALICIA: Carmen Magallanes (1), Leire González, Isis Moreno, Iria López, Ainé Roca (2), Naihara Costas (3), Salma Aakcha, Celia Pérez, Alba Pérez, Paula Diéguez, Uxía Fernández (3), Iria Augusto (4), Alejandra Montenegro (3), Isabel Álvarez, Leticia Santos, Iria Benaches (4).

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 2-1, 3-2, 6-2, 9-4, 10-5, 10-8 (descanso), 11-11, 15-15, 19-17, 20-18, 21-19 e 22-20

EQUIPO ARBITRAL: Roland Sánchez e Josep Millán. Excluíron dous minutos a Aitana Hernández, Lidia Trinidad e Martina Catalá (C. Valenciana).

INCIDENCIAS: Final do CESA 2023 Cadete Feminino, celebrado no Pabellón Pau Gasol

Galicia infantil feminina, sexta de España 

A Selección Galega infantil feminina non puido poñer o broche que quería ao CESA 2023 e caeu derrotada ante Navarra (26-29), na loita pola quinta posición. Na primeira metade Galicia tivo moitísimos problemas en defensa. Non era capaz de frear o ataque de Navarra e, ao non estar a un bo nivel defensivo, iso significaba que tampouco podían correr á contra. Así, se chegou ao descanso con 12-15 para Navarra.

Na segunda parte, as minigalaicas xogaron cunha defensa individual que funcionou mellor. Así, tiveron dous balóns para poñerse a só un tanto, pero non acertaron e Navarra acadou a vitoria e a quinta posición no campionato.

FICHA TÉCNICA

26) GALICIA: Iria Alonso, Emma Rial (3), Candela Martínez, Gabriela Martins (5), Ana Cancelas, Noa Portela (1), Lorena Ngnipa, Iris Santana (4), Sara Limes (9), Raquel Muñiz (2), Alba del Valle, Leire Brun (2), Irene Rodríguez, Vera Sierra, Leyre Azurmendi, Raquel Blanco.

29) NAVARRA: Sofía Carrera, Kattalin Echegary (2), Alejandra García, Amaia Gorosquieta, Polina, Julia Mendinueta, June Casimiro (1), Irune Arrasate (1), Irene Glaria (15), Sofía Gómez (3), Anne Beloki (4), Leire Romero, Uxuri Anduaga, Uxua Burgui (1), Irune Cilveti, June Iragui (2).

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 3-3, 6-5, 7-8, 9-14, 12-15 (descanso), 14-17, 17-21, 20-24, 23-25 e 26-29.

EQUIPO ARBITRAL: Unai Rudiez e Roberto Ibáñez. Excluíron dous minutos a Candela Martínez, Gabriela Martinz, Lorena Ngnipa e Raquel Muñiz (Galicia) e a June Casimiro e Irune Cilveti, por Navarra.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á segunda fase (postos 5º ao 8º) do CESA 2023 categoría infantil feminina, celebrado no Pabellón Pau Gasol.

Galicia, oitavo clasificado no CESA 2023 cadete masculino

Estraño partido o da selección galega cadete masculina, Galicia foi moi superior na primeira metade a Madrid, e desapareceu na segunda para rematar na oitava posición do CESA 2023 tras perder 35-28 o seu último encontro.

O grupo dirixido por César Armán quedou moi golpeado polo sucedido nos dous últimos partidos: A derrota en cuartos contra Catalunya e a de onte ante Aragón, que tamén foi moi similar a de hoxe.

Ante Madrid, Galicia fixo unha moi boa primeira metade, tanto en ataque como en defensa, e logrou alcanzar o descanso con cinco tantos de vantaxe. O complicado de explicar é o que pasou na segunda metade. O conxunto se deixou ir de forma inexplicable e, neste período encaixou máis de 20 goles.

Así, o combinado cadete cumpriu o obxectivo, que era acadar o ascenso de categoría neste CESA 2023, pero non soubo competir no campionato.

FICHA TÉCNICA

35) MADRID: Alejandro Rodríguez, Alejandro Solanilla (3), Álvaro Ortiz (3), Luis Pablo Diez (5), David Vázquez (3), Alejandro Colón, Darío Aguado (9), Asier Rosado (1), Leonardo Gaitelli (1), Diego Hernández, Fabio Corrales, David Torrehón (4), Oliver  Marcos (1), Santiago Méndez, Diego Ruipérez (2), Yago Abad (3).

28) GALICIA: Alonso Martínez, Atalo Bello (3), Marcos Suárez, Nicolás Cancela, Yago López, Iván Sánchez, Manuel Hernández (5), Marcos Varela (4), Daniel Periscal (1), Roque Estévez (1), Pablo Pazos (1), Jaime Serrano, Samuel Seijas (6), Henrique Traba (6), Diego Mourelle (1), Adrián Chapela.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 3-2, 5-3, 8-9, 9-13, 9-14, 13-18 (descanso), 18-21, 22-22, 26-24, 29-25, 33-27 e 35-28

EQUIPO ARBITRAL: David Deniz e Diego Pastoriza. Excluíron dous minutos ao madrileño Yago Abad e aos galegos Marcos Suárez, Marcos Varela (2) e Henrique Traba.

INCIDENCIAS: Partido correspondente segunda fase (loita polos postos do 3º ao 8º) do Campionato de España Cadete Masculina CESA 2023, celebrado no Pabellón Colegio San Agustín.

Galicia, subcampioa de Copa xuvenil feminina logo de cae 27-35 ante Murcia

A selección galega xuvenil feminina despediuse do CESA 2023 cun frouxo partido, polo que non puido conseguir a medalla de ouro na Copa de España.

O inicio foi malo para Galicia, que non se atopaba cómoda sobre a cancha, nin en ataque nin en defensa e proba diso foi o contundente resultado ao descanso (9-17).

Na segunda metade, o conxunto dirixido por Manu López mellorou moito e foi remontando ata poñerse a tres tantos e con varias opcións de situarse a dous goles, pero erraron varias accións claras. No tramo final, Galicia arriscou e Murcia aproveitouno para sentenciar.

FICHA TÉCNICA

27) GALICIA: Irene Ríos, Lucía Méndez (6), Ángela Vilaboa, Aroa Fernández (1), Lucía Villamarín (1), Nayara Pereira (2), Yaiza Gil (2), Inés Bernárdez (2), Nerez Patiño (7), Lucía Álvarez (2), Mencía Lorenzo (3), Carla Vidal, Nerea Arias, Lucía Lema, Sara Pereira (1), Iria Sierra.

35) MURCIA: Paula Pérez, Mariola Sanches, Natalia Vidal (1), Alicia Martínez (3), Nerea San Martín (13), Alison Domínguez (1), Sara Marín, Claudia Moreno (6), Gisela Torres (5), María Gil, Gina Gallegos, Arancha Martínez, Ana Mondejas (2), Nerea Soto (4).

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 2-4, 3-8, 4-10, 7-12, 8-15, 9-17 (descanso), 12-20, 18-23, 19-25, 20-28, 24-33 e 27-35.

EQUIPO ARBITRAL: Nuria Giró e Ona Comino. Excluíron dous minutos Ángela Vilaboa, Aroa Fernández e Mencía Lorenzo (Galicia) e a Alicia Martínez (Murcia).

INCIDENCIAS: Final da Copa de España, disputado no Pabellón Maisa Lloret.

Galicia, bronce na Copa de España xuvenil masculina

A Selección Galega xuvenil masculina acadou a medalla de bronce na Copa de España, tras superar a Murcia en un partido moi axustado que se decidiu dende os 7 metros (34-33)

Non foi o mellor partido dos galaicos, nin moito menos. Foi o típico choque de fin de campionato, ao que chegas sen moitos obxectivos e coas forzas moi xustas. Así, foi un encontro pouco intenso por ambas partes e que
estivo bastante axustado na primeira parte.

Na segunda, as sensacións melloraron e Galicia logrou escaparse no marcador de ata cinco goles. Pero novamente unha mixta de Madrid e varios erros de Galicia igualaron o choque, que se foi á prórroga e despois aos lanzamentos de 7 metros. Ao final, venceu Galicia con gol de Brais no último lanzamento deste partido co que concluíron a súa participación no CESA 2023.

FICHA TÉCNICA

34) GALICIA: Mateo Pallas, Eduardo Alonso (6),  Brais Martínez (4), Iago Rivas (3), Pablo Fernández, Alexandre Gallego (2), Denis Iglesias, Senén Garea (3), Xoan Fernández, Carlos Menduiña (6), David Failde, Nuno Loxo (6), Carlos Morales, Juan Rodríguez (3), Manuel Soliño (1).

33) MURCIA: José Ramón Jiménez, José Luis Rodríguez, Antonio Torres (15), Ismail Meddich, Iván Jimeno (7), Román Santos, Pablo Armán, Santiago García (1), José García, Germán Montoya, Alberto Martínez (5), Juan Manuel Escudero (3), Antonio Jesús Higueras, Kilian Navarrete (2).

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 3-2, 5-5, 7-7, 10-9, 12-11, 14-13 (descanso), 19-16, 21-18, 23-20, 23-22, 25-
25 e 26-26

EQUIPO ARBITRAL: Adrián Simo e Álvaro Padilla. Excluíron dous minutos aos galegos Eduardo Alonso, Alexandre Gallego, Denís Iglesias e Nuno Loxo e Román Santos e Germán Montoya, por Murcia.

INCIDENCIAS: Partido polo terceiro posto da Copa de España Xuvenil Masculina, celebrado no Palau D´Esports Vila D´Altea.

Etiquetas balonmáncadeteCESA 2023Federación Galega de BalonmánGaliciainfantilselección galegaxuvenil
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Zuazo, sétimo rival do Mecalia Atlético Guardés en tres semanas

por Redacción As Nosas
01/04/2023
0

  Hoxe, sábado, ás 19.00 horas, o Mecalia Atlético Guardés pechará o seu maratón de abril co sétimo partido en...

Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BALONMANO PORRIÑO

Gañar ao pechacancelas para asentarse no cuarto posto, o obxectivo do BM Porriño

por Redacción As Nosas
01/04/2023
0

  Hoxe, sábado, 1 de abril, ás 19:00 horas no Palacio dos Deportes de La Rioja enfrontaranse o Grafometal La...

A ciclista galega de categoría elite, Alba Arias, foi segunda na proba da Copa de España celebrada en La Adrada / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

A Selección Galega de Enduro acada dous segundos postos na Copa de España de La Adrada

por Redacción As Nosas
27/03/2023
0

  Eva Castro estreouse oficialmente como adestradora da Selección Galega este domingo con dous segundos postos, obtidos pola ciclista elite...

AtticGo Elche vs Mecalia Atlético Guardés, na European Cup / CBM ELCHE

O Guardés dá un paso cara á final impoñéndose ao AtticGo Elche (22-23)

por Redacción As Nosas
20/03/2023
0

O Mecalia Atlético Guardés callou unha firme actuación colectiva, chea de compromiso e entrega ante o AtticGo Elche. Patrícia Lima,...

Deportistas galegos de alto nivel co presidente, Alfonso Rueda, e o secretario xeral para o deporte, Lete Lasa / XUNTA DE GALICIA

Galicia volve rachar o seu teito histórico en deportistas recoñecidos superando os 800

por Redacción As Nosas
17/03/2023
0

  Entre os novos 75 nomeamentos como deportistas galegos de alto nivel (DGAN) destacan Helena García de taekwondo, Eva Feijoo...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA empata un partido que perdía co Granada CF (2-2)

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA empata un partido que perdía co Granada CF (2-2)

01/04/2023
Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Zuazo, sétimo rival do Mecalia Atlético Guardés en tres semanas

01/04/2023
Conservas Orbe Rubensa BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BALONMANO PORRIÑO

Gañar ao pechacancelas para asentarse no cuarto posto, o obxectivo do BM Porriño

01/04/2023
Vitoria do Dépor ABANCA con triplete de Millene / RCD

Nova final para o Dépor ABANCA coa visita a Abegondo do Granada CF, outro aspirante ao ascenso

01/04/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.